A ecuación a tal hora está xa sobre a mesa: PSOE+Cs+Abstención. A incógnita que hai que despexar é quen se vai abster. Hai dúas posibilidades: ou PP ou Podemos. Se non se abstén ningún dos dous, Schez fracasará na súa primeira tentativa e o reloxo dos dous meses comezará a facer tic tac. Dous meses en que aínda podería pasar de todo, lembrade que en Catalunya se safou a apenas dúas horas de que un domingo se consumise o prazo para convocar outra volta as urnas.

O establishment comeza a presionar seriamente Rajoy para que o deixe e, coa súa retirada, viabilice a operación. Esta é presumibelmente a vía con máis opcións de suceso. As investigacións policiais e xudiciais van na mesma dirección. A policía ten escrito negro sobre branco que o PP en Valéncia é unha organización criminal, unha banda organizada para delinquir. A isto Rivera, que é o único parceiro posíbel do PP, tenlle posto adxectivo: mafioso. El Mundo publica esta segunda feira un inquérito feito ad hoc e titula que o 50% dos eleitores do PP non queren a Rajoy nunha hipotética segunda volta das eleccións.

A policía ten escrito negro sobre branco que o PP en Valéncia é unha organización criminal, unha banda organizada para delinquir

Sería un milagre que Rajoy sobrevivise a todo isto.

A outra opción, a da abstención de Podemos caso de que Rajoy se bunquerice, é máis improbábel, mais tampouco inteiramente desbotábel. Iglesias ten agora razóns para temer un novo combate eleitoral. Sería complexo explicar o seu aliñamento co NON do PP. Nunha nova convocatoria, Podemos xa non podería facer o discurso do novo contra o vello, estaría arrombado na posición esquerda do taboleiro. Aliás, nunha posición sen parceiro posíbel. Un pouco como o reflexo espectral do PP na outra banda. Os dous que non poden pactar con ninguén. Podemos confinado alí onde Errejón non o quería ver nunca.

O máis probábel é un goberno com Schez como presidente e Rivera vicepresidente. Veremos quen se abstén para viabilizalo.