A estratexia do entourage de Rajoy após o debate a 2 foi clara: vitimizar o presidente, apelar á fibra sensíbel do público, agardar que se puxeran acarón do golpeado (dialecticamente). A mesma estratexia aplicouna a direita mediática após a lamentábel puñada da que Rajoy foi obxecto nas rúas de Pontevedra.

A estratexia do entourage de Rajoy após o debate a 2 foi clara: vitimizar o presidente, apelar á fibra do público, agardar que o persoal se puxera acarón do golpeado (dialecticamente). A mesma estratexia aplicouna a direita mediática após a lamentábel puñada da que Rajoy foi obxecto nas rúas de Pontevedra.

Rajoy ten pouca fasquía de heroe, mais mesmo así a estratexia de o vitimizar face as forzas do mal é evidente na imprensa que lle dá suporte. As forzas do mal son naturalmente o nacionalismo e a esquerda, por esa orde. Non por acaso certos sectores do xornalismo (?) madrileño -digamos La Razón, ABC, ElConfidencial- apresáronse a relacionar o agresor de Rajoy co nacionalismo, con fotos en que se ve unha faixa de Galiza Nova (ElConfidencial) ou situando o rapaz nas filas de Galiza Ceive (???).

Unha candidata do PP por Segovia -son mortalmente aburridos por previsíbeis- vinculou o incidente co ataque verbal inflixido a Rajoy por Sánchez no debate a 2, coma quen o agresor actuou inducido pola pretensa violencia dialéctica do secretario xeral do PSOE. Unha lóxica esta que coñecemos ben, utilizada ad nauseam por parte española no conflito basco e que retrata á perfección as tácticas de axitación propias do fascismo contemporáneo no Estado.

"Aínda vai gañar votos con isto", ouvín esta mañá mentres almorzaba nunha cafetaría. Ese é o obxectivo do entourage de Rajoy ao vitimizar o líder conservador após o debate con Sánchez.