Trala derrota do fascismo, a Unión Soviética reforza a súa autoridade internacional, e a súa influencia a nível mundial. A maiores, creáronse condicións favorabeis para o avance da democracia popular en moitos Estados, así como dos Movimento de Liberación Nacional que remataría co sistema colonial.

Nese momento histórico, o imperialismo ianqui troca as formas e métodos para restablecer o dominio nestas áreas. Era preciso mellorar o servizo de espionaxe a gran escala para cooperar no plano ideolóxico coa industria militar (con sede oficial no Pentágono) e os monopolios. En 1947 crease a CIA, converténdose nun aparato importante para avivar a chamada “guerra fría”, empregada asemade contra os movementos democráticos e populares: Irán (1953), Guatemala (1954), Cuba (1961), Vietnam (1965), Chile (1973), Angola (1975), a República Popular de Polonia (dende finais dos 70), o apoio á invasión dos altos do Golán no Líbano (1982), Granada (1983), ...

No Irán foi onde se estrearía a CIA a gran escala. En 1953, orquestrou o complot militar que derrocou o Presidente elexido Mosadegh ante o temor de que se creara unha compañía nacional do crú que tomara a dirección  dos xacementos petrolíferos e das refinerías, por entonces nas mans de compañías anglo-americanas.

No Irán foi precisamente onde se estrearía a CIA a gran escala. En 1953, orquestrou o complot militar que derrocou o Presidente elexido Mosadegh ante o temor de que se creara unha compañía nacional do crú que tomara a dirección  dos xacementos petrolíferos e das refinerías, por entonces nas mans de compañías anglo-americanas.

A operación foi madurada por Kim Roosevelt, xefe do Centro da CIA para Oriente Medio, coa colaboración da embaixada americana en Teherán. Despois de tres anos de presión diplomática, sancións económicas e aillamento comercial, ao Irán incluso se lle ofreceu entrar na OTAN. Ao non dar resultado, a CIA desplegou o seu plan para derrocar a Mosadegh, apoiandose na élite reaccionaria das castas e unidades militares fieles ao derrocado shah. A CIA recoñeceu  gastar 19 millóns de dólares só en sobornos a oficiais do exército e en propaganda contra Mosadegh. Mais o Presidente Mosadegh  representaba os intereses da pequena burguesía e dos grandes terratenientes. Esta postura de Mosadegh afastaríao dun povo que exixía o fin inmediato do saqueo do seu petróleo.

O xornalista soviético Fiódro Serguéev recollía este feito: “Ante a falla dun frente único popular iraní, o 19 de agosto de 1953 os axentes da CIA organizaron unha marcha polo centro de Teherán, facéndose pasar por artistas ambulantes. A marcha transcorría lentamente polas rúas, mezquitas e bazares , intentando incorporar moitos curiosos, algúns deles previamente contratados para a ocasión. A procesión ante unha sinal convenida, converteuse nunha turba desenfrenada que exixía o derrocamento do goberno. As unidades do exército que apoiaban ao shah, entraron na capital en camións e tanques norteamericanos”. Con esta pantomima de revolta popular, acabaron co gobernó lexítimo. Durante a dictadura, ilegalizouse o principal partido opositor. As cárceres enchéronse de prisioneiros acusados de opositores ao réxime, dos cuais 360.000 civís foron executados ou torturados nas cárceres ata morrer.

Os monopolios petroleiros americanos son a outra faciana desta moeda. A “Standard Oil of New Jersey”, “Standard Oil California”, “Texas Oil Company”, “Soconny vaccuum Oil Company” e a “Golf Oil Corporation” chegaron a representar o 58% do peso da extracción do crú iraní, moi por riba da “Britihs Petroleum Company” que rebaixaría o seu peso ao 27%. Ademáis, diseñaron non só a política de Irán aos intereses destes xigantes petroleiros, senon fixeron aumentar a dependencia económica iraní da “axuda” dos EE.UU..

40 anos despois, só a Federación Rusa semella sair á palestra internacional para sinalar a fanfarronada ianqui ao povo iraní. Ú-la ideoloxía en Europa? Ú-los nosos referentes políticos?