A prensa española celebrou a fin do desbloqueo a Cuba como un empate e unha victoria táctica de Obama

A prensa española celebrou a fin do desbloqueo a Cuba como un empate e unha victoria táctica de Obama. Segundo esta prensa de asisados e entendidos analistas, o restabelecemento de relacións diplomáticas puña o goberno venezuelano contra as cordas.

Pero a realidade e a historia sempre se impoñen. As últimas declaracións de Fidel en Granma pedindo indemnizacións polos anos de bloqueo non están divorciadas das gabanzas que fixera Raúl, na reunión da OEA, da afouteza de Obama. Pero nin Cuba vai deixar de ser socialista nin o goberno revolucionario de Venezuela vai entregar o poder por falta de café ou papel hixiénico.

"Nin Cuba vai deixar de ser socialista nin o goberno revolucionario de Venezuela vai entregar o poder por falta de café ou papel hixiénico"

Esta é unha loita continua na historia que non remata con catro detalles. Relacións con Estados Unidos e a Unión Europea teñen, sen nengún tipo de altibaixo, Paraguai ou Uruguai e non por iso nadan en océanos nin de abundancia nin de consumismo.

O resabelecemento das relacións só pode ser lido dun xeito, e a foto de Maduro e Morales no aniversario de Fidel sería un bo indicio para os «especialistas» da xeopolítica latinoamericana da prensa española.