Opinión

Carlos Alberto Sánchez

O Dépor electrocútase só, e perde voltios polo camiño

Non resulta moi comprensible que un equipo que está feito para buscar O obxectivo do ascenso se bote a durmir na súa propia casa con todo un tempo por disputarse. E, por iso, pasou o que pasou. Un empate que dá noxo, non polo Numancia, que estivo máis cerca de conseguir incluso o terceiro gol, senón pola inexplicable segunda parte do Deportivo recuado no seu campo, como se dun equipo vistante...

Xoán Antón Pérez Lema

Mais Galicia fronte a Vox

Un 11% do 58% de andaluces que votou este día fíxoo pola radicalidade extremodereitista de Vox. Case un 6,4% do censo. Moitísima xente.   A epifanía de Vox veu dada pola propaganda que lle fixeron todos os partidos unionistas. Dende un PSOE que quixo garantir o Goberno andaluz dividindo o voto da dereita ou que lle vén mercando o modelo territorial españolista e uninacional á...

Miguel Anxo Fernán Vello

Notas ao vivo: Posfascismo (30)

Lendo a Enzo Traverso un entende que o concepto de “posfascismo” permite distinguir unha realidade nova do fascismo respecto do fascismo histórico, e lembra o historiador a un Pier Paolo Pasolini, sempre visionario, que xa en 1974 observaba a aparición dun “novo fascismo” fundado no modelo antropolóxico consumista do capitalismo neoliberal, pois para o poeta e cineasta boloñés xa o réxime...

Cibrán Arxibai

Fixo moi ben a SXPL

Fixo moi ben a Secretaría Xeral de Política Lingüística (SXPL) cando, mirando de esguello, deixou pasar o 30 aniversario da Lei de Normalización Lingüística . Non interesaba abrir un debate público sobre a situación do galego. Moito mellor lanzar desde a aparataxe institucional mensaxes adormecedores, pílulas homeopáticas que mantivesen o devalo do galego. As cadeiras de San Caetano xa...

Bieito Lorenzo

Aprendendo das eleccións andaluzas

  Realmente a primeira conclusión que se pode sacar das eleccións andaluzas é que non pasou nada especialmente sorprendente.   Trump , Bolsonaro , Salvini. .. O avance da extrema dereita ou, directamente, do feixismo, en Europa e no mundo, non é algo exclusivo de Andalucía. Nin do Reino de España. De feito, e sen ánimo de quitarlle ferro, nin sequera gañou de vez,...

Luís Bará

Morrer por riba das nosas posibilidades

O deterioro do sistema sanitario público galego é unha realidade que cada día sofren tanto as profesionais que traballan no SERGAS como as persoas usuarias que están á agarda dunha cita médica, dunha intervención cirúrxica, dunha consulta en atención primaria ou pediátrica, etc.  Malia a dedicación e profesionalidade do persoal médico e de enfermaría, a saúde pública está aberta en...

Miguel García

Democracia, distopia e protecção de dados

Há uma anedota —popularizada pela jornalista Marta Peirano neste monólogo imprescindível—que se está a converter num clássico para ilustrar os perigos da recompilação de dados sensíveis de carácter pessoal, com independência de que as intenções originais fossem boas ou más. Quando, em Maio de 1940, os nazis ocuparam a Holanda, encontraram uma ajuda imprevista para a identificação e...

Mariña Pérez Rei

Fatalidade de turismo

Será que vivimos no século máis exhibicionista ou que o viaxeiro pasou do elitismo de Stendhal ao simple voyeur de clase media que mide a vida en megapíxeles. Non é un fenómeno galego senón universal. Xunto á xentrificación residencial das grandes urbes vemos en Venecia os turistas pasando polo torno coma poldros. Neste esgotamento de modelo, cómpre buscar novos horizontes. O turista...

Xosé Lois García

O silencio da voz, entregándose a Vox

Os silencios son caprichosos cando non deixan de selo para os que se refuxian neles e ceden a palabra a sincréticos autoritarismos. Por tanto, autosilenciarse colectivamente ten as súas consecuencias. Se nos silenciamos e non poñemos voz de disidencia aos problemas colectivos que nos afectan estaremos colaborando cos que relativizan problemas claves que nos afectan ou renunciamos a debater e...

Denís Poupariña

Nin gol, nin 'golo', nin 'goal'

Para explicar a singularidade das linguas en ocasións alúdese á multiplicidade de termos que teñen para expresar un determinado concepto. Aí está o galego e as mil formas que ten para a chuvia e ós seus fenómenos. Algo semellante ocorre co finés e a neve. E no polo oposto está o Lugo e a súa incapacidade para pronunciar a palabra gol en calquera idioma. A amnesia da dianteira albivermella vai...

Nemésio Barxa

Que ocorre na pintureira monarquia borbónica espanhola?

Acumúlansenos  as noticias negativas de tal jeito que já não sabemos a que atender nem sobre que opinar. O desprestigio da Justiça espanhola no sentir popular adquire dimensões que exigem  tomar medidas urgentes de cara a todos os processos mais ou menos mediáticos em curso, mas também em todo o âmbito da Administração de justiça pois resulta polo menos ridículo assistir ás greves,...

Iolanda Teixeiro Rey

Vox Populi

Vox populi é unha expresión latina que significa coñecido por todos, eis, do dominio público . E coñecido por todos son os auxes dos fascismos na Europa. En tempos de crises inducidas polo proprio sistema capitalista botar man dos fascismos é o xogo nas democracias de moedeiro nas que nos movemos. Á subida dos fascismos dos tempos dos nazis temos que lle engadir hoxe, a falla dun modelo...

Manuel Mera

Voto exterior, dereitos e deberes

Nun programa encol de Cuba, feito pola televisión pública do Estado español, no marco da visita do presidente Pedro Sánchez a este país, aparecían centos de persoas fronte ao consulado na illa procurando a cidadanía. Seica este ano chegarían a cen mil os que terían este dereito. Unha imaxe que pretendía de xeito subliminal dar unha visión negativa da situación na illa. Agora ben, asemade...

María Sabarís

Puro Celta

A pesar dos asubíos inxustos, maleducados e egoístas, o Celta volveu contra o Huesca ao camiño de ser o Celta. Volve ao seu ADN, á súa historia, ao balón, ao gol, á canteira. Volveu á vitoria a pesar do ambiente hostil de parte da grada. Esa parte da grada á que non lle vale a idea de Cardoso como antes non lle valía a de Mohamed . Esa parte da grada paternalista que vive no...

Miguel Anxo Fernán Vello

Notas ao vivo: Sobre a Galiza invadida (29)

Exprésao perfectamente Castelao no Sempre en Galiza: “Sucedeu que Galiza foi vencida e asoballada polos Reis Católicos. (...) Sucedeu que a nosa Terra foi invadida por elementos civís, eclesiásticos e militares da Corte, alleos ao país”. Por outra banda, conta o historiador Emilio González López na súa memorábel obra La insumisión gallega. Mártires y rebeldes  (1963) como o...

Carlos Alberto Sánchez

Dani Giménez suma para ascender

Como partido, foi atractivo para o espectador. Pero desde o punto de vista práctico, o punto sumado en Cerro del Espino sabe a pouco porque a media inglesa da que todo o mundo fala nalgún sitio ten que dar un punto de inflexión. Xa se verá se resulta tan positivo como algúns vaticinan. Tamén é certo que dá a impresión que en Cerro del Espino algún dos grandes da categoría de prata han...

Xosé Mexuto

Se todo se move á dereita, entón emerxe Vox

A inclinación de todo o taboleiro andaluz era cara á dereita e ese escorregamento colocou Vox no Parlamento autonómico con 12 asentos e após totalizar case 11 por cento do voto. Un comeza a gañar cando impón o temario e cando gaña o status de principal albo dos argumentos do resto dos actores. A pesar de ser unha forza extraparlamentar que en 2015 non chegou a 1 por cento do voto, Vox...

Xoán Antón Pérez Lema

Presos políticos en folga de fame

Os deputados cataláns de Junts per Catalunya Jordi Sànchez (antigo presidente da Assemblea Nacional de Catalunya-ANC) e Jordi Turull (conseller de Presidencia con Puigemont) veñen de decidir unha folga de fame para denunciar, ao xeito da tradición da non violencia do Mahatma Gandhi e do alcalde de Cork, Terence Mc Swiney , a parálise dos seus recursos de amparo fronte ás interlocutorias...

Manuel Veiga Taboada

O referendo do 78 contado ás novas xeracións

Hai poucos días, unha xornalista fíxome varias preguntas sobre o referendo da Constitución e sobre o ambiente daquela época. Conteille algunhas anécdotas. Por exemplo, como ao final da festa dalgunha parroquia rematabamos todos cantando o himno galego, moitos incluso co puño erguido, e sen que viñese moi a conto. Lembreille a cara que puñan moitas mulleres, criadas nun ambiente relixioso,...

Luís Bará

Nunca Máis e a Dignidade Galega

O 1 de decembro é xa para sempre o Día da Dignidade Galega . Naquel domingo chuvioso de 2002, máis de 200.000 persoas asolagaban con paraugas e berros de carraxe a praza do Obradoiro de Compostela. Era a contundente resposta dun pobo que se erguía en pé de loita fronte ao desastre ambiental do Prestige e fronte á incompetencia dos gobernos da Xunta e de Madrid.   Nunca Máis ,...

Xesús Veiga

O uso dos recursos públicos

Hai poucos días certificaronse oficialmente, por parte do Banco de España, os resultados numéricos do resgate financeiro practicado polas autoridades gobernamentais seguindo as esixencias da Comisón europea e doutras instancias internacionais: dos algo mais de 54.000 millóns de euros destinados ao salvamento de 14 entidades financeiras estímase que serán recuperados uns 14.000 millóns. Ou...

Duarte Correa

Gañarmos o futuro

O vindeiro martes 4 de decembro o profesorado do ensino público galego vai a eleccións, ese día elixiremos a nosa representación sindical entre sete candidaturas que se presentan.   Nas últimas semanas os taboleiros sindicais e as mesas das salas de profesorado enchéronse de propaganda das distintas opcións sindicais, e nesta ocasión algunhas desas opcións están a empregar...

Xosé Mexuto

Borrell tense que ir xa

Borrell non ten máis saída digna que deixar o sempre apetitoso Ministerio de Asuntos Exteriores e rumar cara á súa casiña, cara ao seu lar. Non é soportábel que no consello de ministros sente unha persoa que utilizou información confidencial para vender un pacote de accións e minimizar as súas perdas. E se el non o ve así, Sánchez teno que cesar e teno que facer xa. E se Sánchez non o fai,...

Denís Poupariña

Que non escampe a chuvia en Lugo 

"Nunca choveu que non escampara é un dito tópico". A resignada asunción sobre que cando as nubes descargan nada vai ser posible. Só queda agardar a que a natureza deixe de estourar para volver á rutina. As malas xeiras mudan na calma e a tempestade sempre vai marcar os tempos da acción. É unha expresión compatible co "mexan por nós e temos que dicir que chove". Proverbios contrarios á...

Manuel Monge

Que facer na Coruña coas distincións a alcaldes da ditadura?

Estamos ante un problema que era difícil de resolver antes da aprobación da Lei da Memoria Histórica de 2007. Hoxe é bastante máis fácil porque nos últimos anos numerosos concellos, con alcaldías de diversa significación política  aprobaron a retirada de rúas e distincións honoríficas a alcaldes e alcaldesas da ditadura franquista, como resultado dunha demanda social, do traballo de...

Manuel Mera

Arxentina, os retos da esquerda

O triunfo de Bolsonaro vese por algúns como un suicidio das clases populares, que seica tiñan que votar á socialdemocracia para se salvar, e por outros como a consecuencia lóxica dunha esquerda inconsecuente, que desfixo en boa medida as organizacións de masas e esnaquizou a súa mensaxe de cambio. Ao que cómpre engadir, como un aspecto importante, o crecente poder dos medios de comunicación...

Carlos Alberto Sánchez

O Dépor “lidera” a proba de wáter-polo

O partido en Riazor co Osasuna foi o encontro máis feo que xogou o Dépor na casa esta temporada. O peor partido. Pero gañou. E foi o máis feo porque Riazor foi unha auténtica piscina. Mais que xogar ao fútbol alí xogouse ao wáter-polo. Hai anos que non se ve un encontro así en Riazor, un dos mellores campos de España para a práctica do fútbol polas súas extraordinarias condicións para...

Xoán Antón Pérez Lema

España non mira polo noso

Vaia balbordo o do Brexit! Porque outravolta o PSOE de Sánchez mercoulle á dereita española o seu concepto de España como realidade uninacional plurisecular para centrar a súa oposición ao acordo UE-Reino Unido (UK) sobre o Brexit no estatuto de Xibraltar. Oposición seica xa retirada arestora por mor dun acordo político, por certo non vinculante xuridicamente.   A Galicia e á...

Miguel Anxo Fernán Vello

Notas ao vivo: Venres negro (28)

Teña a súa orixe no venres 24 de setembro de 1869 cando dous investidores de Wall Street subiron o prezo do ouro para obteren beneficios, provocando unha caída do 50% no valor das colleitas do trigo e do maínzo; teña relación cos feitos acontecidos na cidade de Filadelfia nos anos 60 asociados ao comercio e ao turismo masivo despois do Día de Acción de Grazas cunha policía con problemas para...

Fernando Groba

Orgullo de ser ponteareán II

Hai uns meses falaba do substancial cambio cultural que dera o Concello de Ponteareas desde os meus anos de estudante en Santiago de Compostela. Onte e hoxe ficoume máis ca confirmado.   Un pequeno problema de saúde tívome un día e medio a estar ingresado no Hospital Meixoeiro de Vigo. Nese tempo, compartín cuarto con dúas persoas, unha de Balaídos e outra de Mos. O mozo de Vigo...

Marga do Val

Seguras e libres

O día que a ía matar, Maca, saira o suficientemente segura da súa nova casa, un apartamento que alugara había uns quince días en Tui. Pasara a noite coa seguridade de que todo ía ir mellor, prometérase a si mesma intentar ser feliz, quería vivir, sen soños, había tempo que esa palabra non lle pertencía, tiña os pés chantados na realidade. Segura, debeu entrar pola porta daquela casa, onde...

Luís Bará

A Tentación da Liberdade

  Queremos soñar grandezas para Galiza e facer realidade os soños Luís Seoane   Nos pasados días asistimos a unha campaña infame de acoso e intimidación mediática e institucional contra o Centro Galego de Bruxelas por alugar o espazo cultural La Tentation para a celebración o próximo 8 de decembro do festival 12 horas per la Llibertat , en solidariedade...

Álvaro Rodríguez Núñez

Sobre a liberdade na democracia capitalista

“Debemos insistir no carácter libre da acción política porque, a pesar do gran Aristóteles , non sempre foi tido en conta. A política non existiría sen a  impredecibilidade, a indeterminación e a falta de  certidumbre. (…) A conexión entre política e a liberdade é dupla: a primeira, porque é unha actividade que fai homes libres, non escravos, servos nin súbditos, e que necesita...

Iria Carreira

30 anos de Galiza Nova: pasado, presente e futuro

Este sábado terá lugar a XV Asemblea Nacional de Galiza Nova no Centro Xove da Almáciga de Compostela, a terceira para min, na que se analizarán os retos de futuro da organización. Chegamos a ela con multitude de debates enriba da mesa, como cal debe de ser a nosa aposta para a normativización da lingua, ou a vixencia do pensamento de Castelao na nosa práctica diaria. Mais temos tamén o...

Xoán Carlos Domínguez Alberte

Iridium

A última entrega narrativa de Francisco Castro achégase a un ámbito problemático dende unha múltiple vertente. O xa de seu complicado mundo da adolescencia vese comprometido por mor dunha minusvalía adquirida, na figura da protagonista, a causa dun accidente automobilístico.   Mais o nobelo da historia entretécese aínda máis cunha dupla dimensión. Nela ao plano do real...

Xosé Lois García

Alfonso Blanco Torrado: velaquí o home!

Coido que non hai un cualificativo que poida dimensionar a persoa e a obra de Alfonso Blanco Torrado . O seu dinamismo poliédrico ofrece un dos escenarios mais activos para percorrer ese longo e tortuoso camiño iniciático e ser imitadores del no concurso da lealdade ao Nazareno e a Galiza. Convén contextualizalo nestes dous elementos que compendian a súa fe e o seu patriotismo, nada dispersos...

Xosé Mexuto

Vox marca a axenda a PP e Ciudadanos

En política gañas cando ti marcas o programa aos actores que disputan contigo o control do taboleiro. Iso é o que incribelmente está a conseguir no estado español unha forza política extraparlamentar, Vox.  Non é algo inteiramente novidoso. En Brasil Jair Bolsonaro non pasaba de ser un friki que, como non tiña marca propia, acabou por comprar un partido político. Porén, desde as...

Denís Poupariña

O Lugo somos nós

Podería facer un artigo doado logo da última derrota contra o Albacete. A enésima nunha tempada escura para o CD Lugo. Podería falar con distancia de todos os erros cometidos, da falla de gol, de certos xogadores sen alma… Podería eu e calquera afeccionado albivermello, pero só conseguiriamos fervernos o sangue. Coma un cliente que quere ter a razón. Alguén que entende que no seu abono hai un...

Xurxo Souto

Cántigas de traballo das mulleres do mar

É moi habitual atopar nos cancioneiros un capítulo dedicado ás músicas de traballo: Cantos de seitura, vendima, espadeladas, esfolladas, fiadas…   Así como os labores agrícolas, en xeral, están ben representados, case non existen referencias aos labores do mar. Nomeadamente se estes traballos —dupla invisibilidade— foron desenvolvidos por mulleres.   ...

Carlos Alberto Sánchez

Como o día e a noite

O partido de Almería é o exemplo do que non ten que facer o Deportivo, o que non ten que repetir. Salvou o partido polos pelos, porque puntuou, pero deixou unha imaxe pobre en cómputo xeral. Un equipo que aspira a ser líder, que quere colocarse en postos de ascenso directo non pode parecer o día nun partido e a noite no seguinte.    A vantaxe de Segunda é que son moitos os...

Pedro Alonso Iglesias

Lost in Paradise. Galifornia está aí…(I)

Oxalá estivese a evocar os acordes e a voz de Amy Lee no coñecido tema da súa banda Evanescence . Ou as imaxes do duro film vietnamita. Non. Hoxe, a noticia é que no medio do caos institucional e social, unha cidade de 27.000 habitantes do estado de California chamada Paradise foi literalmente devorada polo lume e, cando isto se escreve, as institucións públicas do estado máis...

Manuel Mera

O sistema funciona... para quen?

Segundo dados da Inspección de Traballo comprobouse na Galiza, no ano 2017, que 3.446 persoas non estaban dadas de alta (deles 153 estranxeiros irregulares), así como 4.859 eventuais en situación de fraude, xa que realizaban labores indefinidos. Ademais, atopáronse 658 contratados a tempo parcial que en realidade facían xornadas a tempo completo. Con estes dados calquera pensaría que o sistema...

Miguel Anxo Fernán Vello

Notas ao vivo: Desprezo cultural (27)

Chegou aos meus ouvidos que nos últimos días se produciu en certos ámbitos un rebento ou renovo da utilización da palabra “poeta” como insulto ou ofensa, e tal suceso fíxome lembrar aqueles versos de Alfonso Pexegueiro que din: “Para que queredes un poeta vivo/ se non sabedes que facer con el,/ matádeo e celebraille as pompas”. E tamén lembrei de inmediato aquel verso contundente de Luis...

Xoán Antón Pérez Lema

Cen anos de nacionalismo galego

p.p1 {margin: 0.0px 0.0px 10.0px 0.0px; text-align: justify; font: 9.0px 'Trebuchet MS'; color: #232323; -webkit-text-stroke: #232323} p.p2 {margin: 0.0px 0.0px 10.0px 0.0px; font: 9.5px 'Times New Roman'; color: #232323; -webkit-text-stroke: #232323} p.p3 {margin: 0.0px 0.0px 10.0px 0.0px; text-align: justify; font: 12.0px 'Times New Roman'; color: #232323; -webkit-text-stroke:...

Cheikh Faye

Contra a prostitución, educación

Esta semana asistín a un debate na Asociación Veciñal da Agra do Orzán , na Coruña, no meu barrio. Antes do debate, que ía sobre prostitución, proxectouse un breve documental que falaba do turismo sexual en Saly , unha zona de praias ao sur de Dakar . A área turística de maior luxo do país e moi visitada polos europeos. Algúns, na procura de mozas e mozos senegaleses.   O...

Xoán Costa

A utopía pode deixar de ser. Un diario en galego

Neste 18 de novembro fai cen anos o manifesto aprobado na Asembleia Nazonalista de Lugo. A posición que nese documento se mantén con respecto ao idioma é a de cooficialidade, nuns ámbitos, e de exclusividade noutros: "A publicación das leises farase no idioma galego".   Se consideramos que a publicación de textos lexislativos era unha acción diaria que correspondía ao goberno,...

Teresa Barro

Esquerda, xustiza e liberdade

Os problemas da esquerda veñen de interpretar a realidade deixándose levar por ideoloxías e crenzas fervorosas  e dar máis importancia a impor esas crenzas que a procurar xustiza. Acábase sacrificando o que máis habería que defender para gañar, dominar, demostrar e quedar ben, e perdendo o partido por non centrarse no ben común.   Os da Revolución Francesa, como tal, en...

Tiago Alvite

Por um modelo alternativo de serviço público audiovisual

No passado dia 31 de novembro, em comparecência a pedido próprio, o Diretor Geral da CRTVG, Alfonso Sánchez Izquierdo , formalizou em sede parlamentar a mudança de modelo do serviço público audiovisual, já adiantado há seis meses quando a direção da Rádio Galega comunicou a decisão de suprimir o ‘Diário Cultural’ e as desconexões territoriais para a emissão da informação local, amparando-se...

Luís Bará

Centenario do nacionalismo galego

Nós nomeámonos, de hoxe para sempre, nacionalistas galegos, xa que a verba "rexionalismo" non recolle todas as aspiracións nin encerra toda a intensidade dos nosos problemas. Con este limiar escribiuse o 17 e 18 de novembro de 1918, en Lugo, a acta fundacional do nacionalismo galego, nucleado arredor das Irmandades da Fala .   Galiza incorporábase así aos movementos de...
x