Opinión

Marta Dacosta

Bagaxe de regreso

Camiño rúas descoñecidas no afán de alargar o mapa emocional co que buscar a paz. Consulto os itinerarios recomendados, mais procuro nas fendas: detéñome baixo os niños das andoriñas para retratar as osgas indiscretas ou paro o coche no medio da estrada para coñecer a andoriña dáurica ou contemplar o vo do abelleiro tan escaso entre nós. Por iso as imaxes que vou gardar non teñen monumentos...

Manuel Mera

A reforma electoral

Malia que os partidos sistémicos gabaron durante décadas o modelo electoral, agora xa non lles vale. Así o expresaba o PP cando pedía que governase o partido máis votado (sen ter en consideración que pode ter unha maioría en contra), e agora o PSOE cando esixe o mesmo respecto da investidura da presidencia do Estado. Obviando que a situación é consecuencia dunha fragmentación do voto por mor...

Miguel Anxo Fernán Vello

Notas ao vivo: Rubores de España (60)

Corría o ano 1913 e Antonio Machado escribía “ Esa España inferior que ora y bosteza, / vieja tahúr, zaragatera y triste; / esa España inferior que ora y embiste / cuando se digna usar de la cabeza ”. Nada que ver Machado con Unamuno ou con Azorín ou con Baroja, ou con aquel Ganivet cuxa cegueira intelectual o levaba a proclamar que “no interior de España habita la verdad”. Manda...

Míriam Ferradáns

Lapislázuli

Xa hai tempo coñecín a unha señora que me dixo que vendendo peixe pasara máis frío que de puta no Ensanche. Era catalá e lembrou a xelidez e a humidade ao ver unha foto de mulleres descalzas traballando nas conserveiras do Morrazo alá polos anos 20. A comparación, lonxe de ser odiosa, pareceume sarcástica e cruel, como a vida. Tivera, co tempo, unha cadea de peixarías que logo pasaron a mans...

Xoán Antón Pérez Lema

O pazo é noso

A demanda xudicial reivindicando a propiedade pública do Pazo de Meirás que ven de presentar nos Xulgados d’A Coruña a Avogacía do Estado abre o camiño cara a devolución do Pazo á cidadanía galega, descendente daqueles nosos bisavós e avoas que o pagaron, quer co obrigatorio desconto dun día de soldo, quer coa doazón “voluntaria”, obrigada polas ameazas e presións propias daqueles tempos de...

Iolanda Teixeiro Rei

Ferrolaneando

Ferrolaneando pola Avenida de Compostela a mocidade, chegada de todos os recunchos da Terra, vaga agardando polos escasos comboios e autobuses. Nin na semana do Festival do Mundo Celta de Ortigueira son quen de ofertar un transporte público axeitado. Os camiños de ferro, enferruxados no deleixo, esmorecen desde os recuados tempos da raíña Isabel II. O Cristo dos tempos modernos foi sustituído...

Xosé Mª Dios Diz

É a solución o Consello Técnico de Atención Primaria?

O pasado 13 de xuño, tivemos a 3ª xuntanza do Consello Técnico (CT) de Atención Primaria de Galicia. A valoración que facemos da mesma é que tivo luces e sombras. Cousas positivas foron que as comisións previstas, constituiranse en 10 días e estarán en funcionamento na primeira quincena de xullo, onde teremos a 4ª xuntanza do Plenario do CT e presentaranse as Comisións e comenzarán a...

Mercedes Queixas

A volta ao mundo en 40 km

Poden pensar (e hai quen pensa) que cada curso escolar remata cando o alumnado pon fin ao deslocamento diario ao seu centro de ensino. Poden pensar (e hai quen pensa) que o curso escolar pecha canda as sesións de avaliación e a xornada de entrega dos boletíns de cualificacións. Tamén hai quen non só pensa, senón que o lembra con insistencia diaria estival, que o curso é elástico até a...

Bernardo Máiz, X.M Dobarro, X.M Pazo e V. Santalha

Reivindicarmos Carvalho Calero

Desde 1980, ano de xubilación de Ricardo Carvalho Calero, houbo xente interesada en situar a súa figura nun exilio interior ou ostracismo, situación que se agravaría a raíz do seu falecemento en 1990. Son coñecidas as contradicións e presións que, até hoxe, impediron á RAG declaralo protagonista do Día das Letras Galegas. Non é, pois, brincadeira afirmar que o primeiro docente de lingua e...

Ramón Varela Puñal

Anova, rara avis

Anova é uma rara avis, um caso singular, no panorama nacionalista periférico espanhol e quiçá também a nível internacional. Em Marea, na que estava integrada ANOVA, atualmente em fase de clarificação, apresenta-se dividida em duas obediências, a villarista, na que desembocaram a maior parte das hostes da formação e que parece que se dotaram duma coesão interna e um programa coerente de...

María Pilar García Negro

Saudades

A Natasha San Vicente, en recordación daqueles tempos do “Eusebio da Guarda”. O conto é como segue. Unha moi querida ex-alumna miña (a dedicataria deste artigo) do Instituto “Eusebio da Guarda” da Coruña atopa sorprendentemente entre os seus papeis un caderno que daba por perdido, após varias mudanzas. Trátase dunha libreta escolar, de 55 páxinas, que contén os apontamentos da materia de...

María Xosé Abuín

O Consello Técnico de Atención Primaria

En cumprimento do acordado entre o comité de folga de primaria e a Dirección Xeral de Recursos Humanos do SERGAS, o pasado día 13 de xuño, o Consello Técnico de Primaria acordou a constitución de 14 comisións de traballo, para abordar de xeito individual, por colectivos, e de xeito conxunto as necesidades profesionais e asistenciais da atención primaria en Galiza. Como a atención primaria é...

Ramón Varela Díaz

Comercio de emisións: as empresas prefiren pagar por contaminar que reducir as emisións

A Unión Europea puxo en marcha no ano 2005 o mercado de emisión de gases de efecto invernadoiro (GEI), coñecido como comercio de dereitos de emisión, pretendía ser un instrumento de mercado creando un incentivo/desincentivo económico para reducir principalmente a contaminación de Dióxido de Carbono (CO2) e asi cumprir acordos Internacionais e beneficiar ao medio ambiente.  Este comercio...

Editorial

#EditorialSermos354: Unha Galiza viva

Recuperar o espírito comunitario das romarías tradicionais. Con este obxectivo nacía o Convivio da Cultura Galega, que este ano suma a súa sexta edición na xornada do sábado, día 13, ao redor da figura de Manuel María, un dos principais dinamizadores do movemento cultural galego. Trátase dunha ocasión para afortalar o tan necesario asociacionismo de base, que traballa por construír unha...

Manuel Veiga Taboada

Devolverlle a lingua obxectiva ao problema catalán

En todos os conflitos políticos se produce unha guerra lingüística, semántica. No caso catalán isto aínda se agudiza porque o choque está a producirse, non nas beiras do Ebro, senón, sobre todo, na esfera legal e mediática, dous espazos nos que o máis importante é o discurso. Nesta situación faise máis necesario devolverlle ás palabras o seu sentido habitual e propio. En primeiro lugar hai...

Belém Tajes

Joao Gilberto e o teletransporte

Subíamos ao Pao de Açúcar moi cedo no bondinho. Ao elevarse despois duns minutos quedamos varados aí no aire, moi estáticos entre unha corda e outra. Alá abaixo quedaba a Praia Vermelha chea de formiguiñas. Os poucos que estábamos alí calamos, á espera. Pasaban os minutos. O bondinho mexíase suavemente. Ao lonxe, toda a maravilla de Río de Janeiro, pero por dentro, un intenso remexer...

Manuel Mera

Recuar demográfico, opresión e explotación na Galiza

Mais unha vez, como todos os anos cando se coñecen os datos sobre povoación do INE, a Xunta de Galiza volve a tomar medidas para “fomentar” a natalidade, adicándolle algúns millóns de euros. Pura demagoxia, porque de pouco vale unha pinga de auga, cando o país ten buratos estruturais por todos lados. Un dos aspectos fundamentais nesta problemática é a dependencia política, que como é lóxico...

Miguel Anxo Fernán Vello

Notas ao vivo: Unión Europea e democracia amputada (59)

Afirmaba no seu día o escritor José Saramago —e referíase, sobre todo, ao ámbito europeo— que non se adoita reparar que vivimos nunha democracia “secuestrada, condicionada e amputada”. E engadía o premio Nobel portugués que o poder dos cidadáns, o poder de cada un de nós, limítase, na esfera política, a colocar un Goberno e cambialo logo, se cadra, pois as grandes decisións políticas e...

Marga do Val

Benquerido Soufian

E para quen vai a carta hoxe, profe? Moitas veces me fixeches esta pregunta, Soufi, con ese sorriso pícaro. Eu contestábache e despois de atenderes outra mesa, volvías para que che contase a epístola do mes, convertíaste no seu primeiro receptor. Cando a lías no papel, observabas as diferenzas entre o dito e o escrito: “Hai ideas novas, profe! Supoño que sempre aparecen cousas novas até que se...

Xoán Antón Pérez Lema

Un proxecto de País, un proxecto social

Falta no galeguismo político un proxecto de país que, ao tempo, constitúa un proxecto para as maiorías sociais, como si existía no Partido Galeguista no 1932-1936 e no BNG nos 1997-2009. Ou, na actualidade, no PNV, no escocés SNP ou no galés Plaid Cymru. PNV, SNP e Plaid Cymru propoñen arestora proxectos claramente nacionais e soberanistas, mais fondamente inclusivos (migrantes de calquera...

Teresa Barro

A ilexitimidade do réxime de Franco

A mellor proba de que o réxime de Franco segue vivo é o poder que ten a familia do ditador.  Se o réxime estivese finalizado e tivese sido declarado ilexítimo, como era lóxico e imprescindível para entrar nunha democracia, esa familia non podería ter influencia nengunha. O franquismo apresentouse como se fora un fenómeno isolado que nada tiña que ver có pasado nen có futuro e tapouse quén...

David Miranda

Os hilillos do terrorismo

Querida Ánxeles: Teño que recoñecer que hai quince anos, cando remataba a miña etapa na secundaria, xa imaxinaba que algún día acabaría dándoche as grazas polo teu labor como mestra. Non sabía moi ben nin como nin cando. Xa sabes, no barrio medrabamos coa máxima de que dar grazas a un profesor por algo era de niños pijos del centro de Vigo. Nós aspirabamos a ser malotes dun barrio que...

Xesús Veiga

O fracaso de dous modelos de unidade

A recente oficialización da creba operada no Grupo Parlamentar de En Marea, constitúe o certificado do punto final da experiencia unitaria iniciada no mes de Xullo de 2016 e supón o segundo gran proceso de división rexistrado, durante a presente década, no seo do universo do nacionalismo e da esquerda. No ano 2012, os resultados da Asemblea de Amio do BNG abriron unha secuencia de...

Cristina Fernández Barros

Capítulo IV. Logopedia en atención temperá en 4- 6 anos

“O neno que todo o mundo parece coñecer, que ata os 4 anos non falou e despois falou ben, NON EXISTE” (Gerardo Aguado- psicólogo e logopeda).  Todo o mundo escoitou eso de que “non sei quen” tardou moito en falar e despois falou “como unha cotorra” e sen que lle fixera falta ir a “ningunha logopeda”.  Pois ben, eso é, cando menos cuestionable, posto que a pesares de que a linguaxe...

Carlos Barros

Por unha síntese celto-castrexa da Gallaecia antiga

Na Gallaecia antiga o celtismo é fito, mito e factor diferencial. Na orixe do celtismo está José Verea y Aguiar, historiador ilustrado que quere defender os galegos e a Galicia por “hallarse muy maltratada esta en los historiadores” españois, que se servían de estereotipos connotados negativamente. A súa é a primeira historia xeral de Galicia (ata Roma), dedicada na súa maior parte á...

Xosé Ríos

Os ianquis no Irán

Trala derrota do fascismo, a Unión Soviética reforza a súa autoridade internacional, e a súa influencia a nível mundial. A maiores, creáronse condicións favorabeis para o avance da democracia popular en moitos Estados, así como dos Movimento de Liberación Nacional que remataría co sistema colonial. Nese momento histórico, o imperialismo ianqui troca as formas e métodos para restablecer o...

Editorial

Editorial Sermos 353: Salvar vidas

A Dirección Xeral de Tráfico vén de emitir un informe en que salienta que as mortes na estrada acadaron o seu mínimo histórico no primeiro semestre do ano. Mais non é o que acontece na Galiza onde, fronte á tónica xeral do conxunto do Estado, aumentaron un 5% as vítimas mortais en sinistros nas estradas. Na Galiza, ademais, prodúcese case 10% da mortandade en accidentes de tráfico cando as...

Xosé Lois García

Ricardo Carvalho Calero e a superación do silencio

Pode que os silencios teñan esa apoteótica sorpresa, mesmo para quen os cultiva e os converte en algo inhabitual, fronte a múltiples demandas dunha mesta cidadanía integrada en asociacións culturais e cívicas que viñeron demandado o Día das Letras Galegas para D. Ricardo Carvalho Calero, sen que a Real Academia Galega significara algunha resposta ás múltiples demandas de colocar a un persoeiro...

Carlos Garrido

Qualidade do galego e compromisso com o país

«Houvo umha forma histórica de ultrajar a língua, que consistia em nom escrevê-la. O futuro registará outra, consistente em escrevê-la sem possuí-la. Sem querer possuí-la.» (Ricardo Carvalho Calero, «O galego desenfreado» [1976], em Problemas da Língua Galega [1981]: 70)   Há justamente dez anos, o Professor Xosé Ramón Freixeiro Mato dava a lume umha obra especialmente importante...

Ramón Varela Puñal

Carvalho Calero, adail do reintegracionismo

Alguns vínhamos denunciando cada ano uma situação que considerávamos anômala, como é o feito de que o insigne proefessor Ricardo Carvalho Calero vinha sendo postergado indevidamente como a personagem elegida para ser homenageado o Dia das Letras Galega, que podia dever-se a uma espécie de censura tácita cara ao escritor ferrolão por ter sido o maior estandarte da posição normativa ortográfica...