Opinión

Xosé Lois García

“Nós Diario”, a realidade dun xornal en galego

Aproxímase a aparición do xornal: “Nós Diario”. Con el ábrese un xigantesco e preciso pórtico de información no idioma galego. As imprecisións son un vello síntoma que enarbora o xornalismo en español, tan mediatizado polos poderes oligárquicos e por administracións estatais e autonómicas en Galiza. As estimadas e case millonarias subvencións que reciben localizados xornais galegos...

Xosé Alfredo Pereira Martínez

Sobre os resultados electorais do 28A

Non cabe dúbida de que os resultados do nacionalismo (BNG) nas últimas eleccions ás Cortes Xerais do Estado foron insuficientes. Mesmo se se quere apurar, un fracaso. Mais estes son termos acaídos para comentar un resultado deportivo, non para facer unha analise política .   Os resultados insuficientes do nacionalismo non significan, como pretenden voceiros interesados da...

Laura Novelle

Dar o paso

Quen me coñece sabe que son unha muller de esquerdas, atea e combativa. Tiven que selo, nacendo nunha familia de clase traballadora cunha discapacidade importante que, en principio, me daba bastantes papeletas para quedar na beira do camiño, ou, cun chisco de sorte, na casiña. Porque os minusválidos (pobriños) son seres indefensos, menores, sen voz nin voto. Todo se fai pensando no seu...

Manuel Mera

As leccións dos chalecos amarelos

O pasado sábado os chalecos amarelos mobilizáronse de novo polas rúas das cidades francesas, foi a súa manifestación número vinte cinco, o que evidencia que non se trata dun movemento conxuntural. Aínda que na súa orixe, hai seis meses, tivese moitas das características propias da espontaneidade, e malia que o número de asistentes fose minguando co tempo, o movemento amosa unha resistencia que...

Miguel Anxo Fernán Vello

Notas ao vivo: Defende a Galega (50)

O colectivo de profesionais da comunicación Venres Negros (traballadoras e traballadores da CRTVG) que se define polo lema mobilizador Defende a Galega acaba de ser distinguido co Premio José Couso de Liberdade de Prensa na súa XV edición, un galardón creado polo Colexio Profesional de Xornalistas e o Club de Prensa de Ferrol para recoñecer a persoas ou organizacións que traballan e...

Carlos Alberto Sánchez

A fe move montañas

Do partido en Zaragoza só queda aledarse polo resultado. Nada máis. E que as dúas últimas vitorias, as duas fóra da casa, sirvan para que o equipo gañe algunha confianza para, primeiro, meterse en zona de promoción e seguir crendo e, segundo, para que o equipo recupere o creto perdido en Riazor.    O equipo de Marí estivo peleón, pero non vale só con ter unha cerca...

María Obelleiro

Construír a actualidade

Cando apareceu a televisión, prognosticábase que sería a fin da radio. Cando chegou a internet, dicíase que desaparecía a televisión. Cando irromperon os libros electrónicos, anunciábase a fin dos libros en papel. Mais nada disto aconteceu, como tampouco o xornalismo dixital matou o xornalismo en papel. A nosa profesión pasa por apostar na combinación de soportes, no chamado xornalismo...

Xoán Antón Pérez Lema

O mito da Galicia conservadora

Nas eleccións estatais de 1977 o centro-dereita de UCD e AP (precedente do PP) obtivo case un 67% dos votos, reducidos no 1979 ao 62,37% . No 1982 o PSOE obtivo un resultado histórico no Estado (202 sobre 350 deputados, con máis do 48% dos votos), mais na Galicia obtivo o 32,83%, semellante ao 32,17% do 28-A. Nesta conxuntura histórica Galicia marcou toda unha excepción, xa que UCD, AP e CDS...

Xoán Costa

Galiza a diario

En todo proceso hai datas significativas. En Nós Diario, tamén. A primeira, o 24 de novembro de 2017. Nese día Sermos Galiza fai pública a intención de ofrecer máis contidos a través dun diario en papel durante cinco días á semana. De terza feira a sábado. A decisión susténtase en dúas ideias base: un diario en papel é necesario e é posíbel . Son moitas as razóns que apontan para esa...

Xoán Carlos Domínguez Alberte

Tres pintores

Con  Tres pintores  retorna Xosé Cid Cabido á produción narrativa, logo de case unha década de silencio.   Trátase dunha obra que ten a viaxe como motivo desencadeante. Por veces fai traer á recordación aquela mítica  On the Road , de Jack Kerouac. Se ben aquí semella ser a filosofía taoísta o elemento que substitúe a procura da transcendencia do libro publicado en...

Olga Brañas

Querida Begoña Conde de VOX Orense (sin la U):

A verdade é que en Orense (sin la U) non sabemos a sorte que temos con vostede. É a tía de Santiago Abascal, pero non lle gusta que se lle recoñeza por iso. É doutorada en Ciencias Políticas, case nada! Ademais, todo o mundo sabe que a xente coma vostede, ben relacionada na política, saca as carreiras con moita suor e moita valía.   Di vostede que cando viña a Galicia pasaba por...

Ramón Varela Puñal

Fracasso do hibridismo

Já criticamos no seu momento as operações de mistura de projetos políticos que originariamente não compartiam o mesmo modelo de estado, ou seja, a maridagem de projetos nacionalistas galegos com projetos nacionalistas espanhóis. Este foi um erro persistente no nacionalismo e galeguismo do nosso país desde a transição de 1978 e praticada polos mesmos dirigentes que teoricamente manifestavam...

Editorial

#Sermos344: E Galiza?

O PSOE por vez primeira resultou o gañador das eleccións xerais na Galiza. Un triunfo que deixou fanado o PP. O aumento da participación, ante o medo a un goberno de dereitas, formado coas patas de PP, Ciudadanos e Vox, resultou chave nos resultados. Uns resultados que deixan Galiza sen voz autónoma en Madrid, ao impoñerse –alén da estratexia do temor– unha campaña claramente españolizada que...

Xesús Veiga

Cambios no escenario político galego

Até o ano 2015 a singularidade do sistema político galego radicaba na presenza dunha forza nacionalista -o BNG- que viña obtendo representación no Congreso dende 1996 e que relativizaba, dese xeito, a hexemonía bipartidista exhibida polo PP e o Partido Socialista dende os anos 80 do pasado século. A partir das xerais de 2015 -e da repetición electoral de Xuño de 2016- rexistráronse dúas...

Iolanda Teixeiro Rei

Por un Ferrol diferente

Parece que as persoas que están en política pensarán que sempre van estar na forza da vida porque sempre gobernan pensando nos fortes, para os que gozan de saúde, para os que posúen un nivel social que os fai privilexiados, para os que están no cumio das súas capacidades vitais. Parece que só pensaran e gobernaran, precisamente para aqueles que non os necesitan.   Que foi daquelas...

Manuel Veiga Taboada

O nacionalismo egoísta

Deixando á marxe o franquismo e os seus epígonos actuais, cómpre preguntarse en que momento o discurso nacionalista comezou a estar tan mal visto por gran parte da sociedade. Opino que o xermolo comezou a formarse durante o derradeiro goberno de Felipe González e o primeiro de Aznar. Ningún dos dous presidentes tiña maioría e ambos botaron man dos votos de CiU para gobernar. Pujol pasou a ser...

Millán Fernández

Algunhas notas de urxencia sobre o 28A

Remata o reconto electoral ao peche destas liñas. O 28 de abril presentouse coma unha confrontación electoral “decisiva”, mais hai que lela coma un capítulo máis incardinado na crise de Réxime que se prolonga desde a primavera do 2011 e todas as fiestras de oportunidade que se foron abrindo e pechando desde entón.   O sistema político español saído da ditadura -coma outros sistemas...

Manuel Mera

Unha primeira leitura do 28-A

En varios artigos (neste xornal), antes e despois da convocatoria electoral, daba por feito que esta se ía realizar antes do final do mandato, e que o PSOE tomaría medidas cun carácter simbólico e aproveitaría o temor á estrema dereita para gañar as eleccións, mais a incerteza sempre se mantén até que se coñecen os resultados. Máxime cando existe unha fragmentación nas institucións tan grande...

Miguel Anxo Fernán Vello

Notas ao vivo: Banalidade política (49)

O termo “banal”, que procede do francés, utilízase para cualificar todo aquilo que carece de substancia ou que resulta insignificante, aínda que a voz francesa orixinal nos remita ao concepto do común ou, en interpretación máis negativa, do que non posúe interese. Hannah Arendt, como é ben coñecido, falounos da “banalidade do mal”, un mal que é produto —como ben nos lembra o escritor Manuel...

Nemésio Barxa

Feijoo e o país das marabillas

Véspera de eleições trato de evadir-me da ansiedade e preocupação, escrevendo sobre algo alheio á apolítica e ao futuro de esta negada nação. Não se me ocorre nada divertido ou simplesmente entretido. Como recurso rememorizo sensações da minha longa viagem, de mais de dez dias, com motivo das férias de Páscoa, com ponto final e início de regresso em Donostia. Rememoro o caminho da primeira...

Xoán Antón Pérez Lema

Afundidos na irrelevancia

As eleccións xerais afundiron aínda máis ao País na irrelevancia política. A convocatoria anticipada de febreiro nun contexto de máxima polarización estatal esixía decisións moi difíciles e inmediatas nos dirixentes políticos de En Marea e BNG. Esixían a capacidade de visión estratéxica precisa para albiscar que isto ía de voto útil, de concentrar o voto no PSOE para frear á extrema dereita...

Suso De Toro

Dialogar, de seguido e con humildade

Escribo isto antes de se cerrar as votacións e penso que sexa cal sexa o resultado non muda o sentido do artigo.   O resultado, sexa cal for, é a consecuencia dos nosos esforzos e dos nosos méritos e tamén o resultado dos nosos erros. Este país segue a precisar unha gran forza política nacional e progresista que lle dea expresión cara fóra nos lugares onde se precisa e,...

María Obelleiro

Feixoo, un ‘walking dead’ na Galiza

Catalunya e Euskadi voltaron a dar unha lección de dignidade fronte ao discurso do medo que polarizou a campaña electoral e o nacionalismo conseguiu uns resultados extraordinarios que contribuíron a parar a dereita españolista. De feito, o independentismo acadou en Catalunya os mellores resultados da súa historia nuns comicios xerais e asinou unha anomalía da que cómpre sermos conscientes:...

Ramón Varela Díaz

ENCE ten a Xunta como amiga

Ence está utilizando toda a artillería, mesmo aos traballadores, na defensa de permanecer na localización actual. Vexamos so algúns exemplos recentes:   1. Carta aberta do Conselleiro Delegado de ENCE Ignacio de Colmenares. Carta publicada no “Faro de Vigo”, criticando á Presidenta da Deputación de Pontevedra por defender valores medioambientais e aplaudir a decisión do Goberno...

Denís Poupariña

O Lugo de Nerón e os cacarexos no incendio

Chegou o momento que ninguén quería. Logo de ver o lume achegándose moitas semanas, as lapas xa están de cheo en Lucus Augusti. O CD Lugo entrou a pasada semana con todas as da lei en postos de descenso a Segunda División B despois de perder pola mínima contra o Granada (1-2), un dos equipos da zona alta, condición que vale de ben pouco a estas alturas. Non errou o perseguidor, o Extremadura ó...

Editorial

#Sermos343: Con voz en Madrid

A campaña electoral, infelizmente, deixa unha vez máis Galiza fóra do foco. Así o buscan os mass media , que furtan a voz ás nacións sen Estado cando o modelo territorial é un dos elementos en xogo. Resulta cando menos paradoxal que nos principais debates televisados, en que tanto se demoniza o independentismo, non haxa voces das nacións sen Estado que defendan outras opcións que non sexan as...

Juan Carlos Piñeiro

#EuCxG

O 28 de abril temos o dereito, e eu coido que tamén o deber, de exercer o voto. Parto da máxima de que se un dereito non se exerce, pérdese, por iso o importante é que á noite as urnas estean cheas de nomes de homes e mulleres que se deciden a dar ese paso, sinalar e agradecer a todos aqueles que forman parte das listas, de todas as listas.   Mais é preciso un exercicio de...

Javier Alonso Seoane

Por Galicia, e por España “Vamos”

Asistimos nesta semana a dous importantes debates televisivos. Por primeira vez en España as posibilidades de debate estiveron abertas e puidéronse presentar distintas propostas, mais ao final, o resto que queda é o que importa.   Tres días despois do último debate, en Ciudadanos, queremos apelar non só ao exposto polo noso presidente, Albert Rivera, senón tamén ao exposto nos...

Luís Villares

Unha marea de motivos

Nestas eleccións 28A as galegas e galegos xogámonos moito máis do que queren facernos crer poderes do Estado, partidos de obediencia estatal ou medios de comunicación. Xogámonos, como as cidadanías das outras nacións do estado, acabar nunha involución democrática, un retroceso dos dereitos sociais, laborais e do medioambiente e a consolidación do empobrecemento da maioría social que padeceu de...

Antón Gómez-Reino Varela

Galicia ao Goberno

O réxime de dous partidos únicos deseñado polas elites políticas e económicas durante a Transición española xa é historia. Porque a ninguén se lle escapa que a partir do 28 de abril, e a pesar das  distorsións coas que o sistema electoral beneficia ás dúas grandes formacións tradicionais, ningunha  forza política poderá gobernar o Estado en solitario durante os próximos catro anos. A...