Sermos313
Pensións galegas, 146 euros ao mes por debaixo da media estatal
Sermos313

Pensións galegas, 146 euros ao mes por debaixo da media estatal

Un dos problemas crónicos do modelo socioeconómico de Galiza son as pensións. Desde que existen rexistros estatísticos, este tipo de prestacións —principalmente as de xubilación, por seren as máis numerosas sitúanse, invariabelmente, no comboio de cola do Estado: un pensionista galego cobra, de media, 809,90 euros, segundo os últimos datos dispoñíbeis, correspondentes a agosto, o que supón 146 euros menos que a media estatal. A comparativa é aínda máis desfavorábel no caso vasco. Alí, un pensionista cobra perto de 1.190 euros ao mes.

 

Eros nos xardíns de Allariz 
A mostra, que recibiu xa a visita de máis de 30 mil persoas, continúa aberta até 31 de outubro

Eros nos xardíns de Allariz 

Allariz acolle desde maio pasado a novena edición do seu Festival Internacional de Xardíns, que acumula xa máis de 33.000 visitas. A erótica é o tema principal deste ano, e un labirinto de sedas, cores e texturas enche os 20.000 metros cadrados á beira do río Arnoia. As instalacións artísticas dos 11 paisaxistas abren as cancelas para explorar doce parcelas que son, ao tempo, xardíns e refuxios de intimidade nos que o orgánico e os sentidos rozan os dedos. Para as máis atrasadas aínda fica tempo, a mostra pechará o 31 de outubro.

“Como presidente, Feixóo ten a obriga de coidar a TVG”
Raimundo Méndez, presidente do comité intercentros da CRTVG

“Como presidente, Feixóo ten a obriga de coidar a TVG”

O pasado sábado, unha manifestación percorreu a distancia que afasta San Marcos -onde a CRTVG e mais a RTVE en Galiza teñen sede- da Praza de Praterías, en Compostela. Os comités de empresa das compañías públicas de comunicación convocaron traballadoras e traballadores e cidadanía co lema “Pola dignidade dos medios públicos”. “A protesta foi histórica”, valora Raimundo Méndez, presidente do comité intercentros da CRTVG -posto rotatorio entre os cinco sindicatos con representación-, “mais os cambios dun día para outro é complicado velos”. Iso si, interpreta a presenza na marcha dos tres líderes dos partidos da oposición como un compromiso coa “independencia política” do ente.

Redescubrir Bautista Álvarez
Primeiro cabodano dunha figura fulcral na conformación do movimento nacionalista galego

Redescubrir Bautista Álvarez

O 16 de setembro de 2017 deixábanos fisicamente Bautista Álvarez. Porén, legábanos o exemplo dunha militancia a proba de lume e o capital ideolóxico dunha persoa que participou na construción da proposta teórica do nacionalismo nos últimos sesenta anos. Estamos, ao fin, diante dunha persoa por coñecer.

Editorial Sermos313: Un novo curso sen lei galega de educación

Editorial Sermos313: Un novo curso sen lei galega de educación

Inauguramos curso e continuamos cos mesmos recortes e coa comunidade educativa disposta, mais unha vez, a se mobilizar en defensa dun servizo público esencial para garantir non só a formación das novas xeracións, mais tamén a igualdade de oportunidades. Continuamos tamén...

x