12-de-agosto
O MGS lembra a Reboiras apostando en romper co capitalismo “extractivista e colonial”

O MGS lembra a Reboiras apostando en romper co capitalismo “extractivista e colonial”

O Movemento Galego ao Socialismo (MGS) rendeu tamén homenaxe á figura de Moncho Reboiras como “militante exemplar da liberación nacional e social de Galiza”. O acto político realizado onte no cemiterio de Imo (Dodro) reuniu un cento de persoas, segundo a organización, e combinou a reivindicación, a celebración da memoria e a confraternización entre as asistentes.