24h
OPINIÓN

24h, 365 días, normalidade

En Ávila, ás 5h da mañá, érguese, despois de parar o espertador, un home chamado Pedro. Aséase, vístese, almorza e marcha ao traballo nunha factoría industrial. Regresa á casa ás 15h, despois de ter pasado polo supermercado, para mercar pan e algúns produtos básicos. Despois de xantar vendo as noticias na televisión, séntase un anaco para ler o xornal.