aborto
O feminismo galego reivindica o acceso ao aborto legal e seguro
28-S

O feminismo galego reivindica o acceso ao aborto legal e seguro

O 28 de setembro é o Día de Acción Global polo Acceso ao Aborto Legal e Seguro e, con este motivo, a Coordinadora Galega da Marcha Mundial das Mulleres reivindica a necesidade de facer efectivo o dereito conquistado coa Lei de interrupción voluntaria do embarazo.

O Estado mexicano de Oaxaca despenaliza o aborto

O Estado mexicano de Oaxaca despenaliza o aborto

Oaxaca converteuse esta cuarta feira 25 de setembro na segunda entidade de México, 12 anos despois da capital, en despenalizar o aborto. O Estado, de case catro millóns de habitantes e situado no sur do país, permitirá a interrupción voluntaria do embarazo durante as 12 primeiras semanas de xestación.
OPINIÓN

Picaresca disfarzada de política

O que a xente quer é política democrática. O que non quer é politiqueo e que os que se apresentan como políticos prediquen moral hipócrita e patriotismo trampulleiro, e compitan entre eles para ver quen apaña o mando, os cartos e a vida de luxo que tanto cobizan....

OPINIÓN

Fillas de nais de pano branco, nais de fillas de pano verde

A historia das loitas das mulleres polo control do seu propio corpo vén de antigo. En todas partes. Malia iso, a cartografía visíbel é aquela que denota que moito máis da metade do mundo aínda está ben lonxe de acadar os seus dereitos. Aquí aínda temos a...

Arxentina dá un paso decisivo na despenalización do aborto

Arxentina dá un paso decisivo na despenalización do aborto

A Cámara de Deputados da Arxentina deu esta mañá un decisivo paso cara ao dereito ao aborto. Por unha estreita marxe -129 votos a prol contra 125 e unha abstención-, aprobou o proxecto de lei de Interrupción Voluntaria do Embarazo. “Histórico avance nos dereitos das mulleres acadado logo de anos de loita feminista”, definiuno o xornal arxentino de esquerda Página 12.

A Plataforma polo Dereito ao Aborto carga contra a Xunta

A Plataforma polo Dereito ao Aborto carga contra a Xunta

O recurso presentado pola aseguradora do Sergas contra a sentenza que o condena a pagar 273.139,82 euros logo de derivar un aborto a Madrid que rematou con graves danos á paciente segue a espertar reaccións. A Plataforma polo Dereito ao Aborto pon a súa ollada na Xunta de Galiza, “quen ten a competencia de parar isto  non ten a máis mínima intención de facelo”.

Alertan de millares de mortes por aborto inseguro no mundo
No Día de Acción Global

Alertan de millares de mortes por aborto inseguro no mundo

Un grupo de relatores especiais da ONU de Dereitos Humanos alertou que métodos inseguros usados na práctica do aborto continúan sendo a causa de millares de mortes de mulleres no mundo.

O aborto, un dereito?

O aborto, un dereito?

Revisamos o ordenamento xurídico español en relación coa interrupción voluntaria do embarazo.

A oposición celebra a renuncia do PP a lexislar sobre o aborto

A oposición celebra a renuncia do PP a lexislar sobre o aborto

Se nas primeiras declaracións os partidos da oposición parlamentar se apuraban a celebrar a retirada da lei e reclamar a dimisión de Gallardón, en pouco, a súa demanda converteríase en realidade. Os partidos da oposición destacaron o papel da presión do feminismo na decisión do Goberno. 

Rajoy retira a reforma da lei do aborto e Gallardón vaise

Rajoy retira a reforma da lei do aborto e Gallardón vaise

O presidente do goberno español desiste de reformar a lei nos termos anunciados por Gallardón, mais si que, na actual lei de prazos, se fará obrigatorio o consentimento familiar no caso das menores de idade. Gallardón dimite como ministro e anuncia que deixará o escano, as responsabilidades no PP e di adeus á política. 

Os beneficios de Desaramar para a defensa do dereito ao aborto

A cantora Sés doou a recadación do seu proxecto musical á Plataforma galega en defensa do dereito ao aborto a quen agradeceu o seu traballo "militante" e "desinteresado" na defensa, dixo, "dun fin común: exercer o noso dereito a decidir sobre os nosos corpos".

OPINIÓN

Sobre faixas a prol do dereito ao aborto e esvásticas. A “Lei do deporte" como excusa

Como saberán as e os lectores do Sermos Galiza, debido á polémica que suscitou, o pasado domingo no Estadio Municipal de Riazor a seguridade privada contratada polo Real Clube Deportivo da Coruña retiraba unha faixa de varios metros que tiña sido pendurada, en reivindicación do Dereito ao Aborto público e gratuíto, pola Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto da Coruña.