accidente
O xulgado cita como investigados a técnicos do Porto e do Concello polo accidente do Marisquiño

O xulgado cita como investigados a técnicos do Porto e do Concello polo accidente do Marisquiño

O Xulgado de Instrución número 3 de Vigo, encargado de investigar o derrubamento do peirao das Avenidas o 12 de agosto de 2018, durante a celebración do festival O Marisquiño, pide ao Porto que informe sobre a identidade do director técnico ou do técnico encargado do control e supervisión do estado das infraestruturas da súa titularidade en agosto de 2018 para, unha vez identificado, tomarlle declaración como investigado. Cita, ademais, en calidade de investigado o enxeñeiro xefe de Vías e Obras do Concello, así como o xefe de Urbanización e Infraestruturas
PP, PSOE e Ciudadanos impiden a investigación sobre o accidente de Angrois
Vetan o debate

PP, PSOE e Ciudadanos impiden a investigación sobre o accidente de Angrois

A comisión de investigación sobre o accidente ferroviario que tivo lugar en Angrois o 24 de xullo de 2013 segue a ser unha entelequia. Desta vez, PP, PSOE e Ciudadanos impediron na Mesa do Congreso que a Xunta de Portavoces poida poñer data ao debate plenario dunha comisión que investigue os feitos.

Sendelle, un século antes de Angrois
Catástrofe ferroviaria

Sendelle, un século antes de Angrois

Era o 10 de marzo de 1915. O tren correo que partira de Madrid nunca chegaría ao seu destino, Vigo. Foi ese o día en que a vida de 19 pasaxeiras e pasaxeiros rematou en Crecente, entre as estacións de Filgueira e Freira, cando no lugar de Grobas, un corremento de terras atrapou os comboios. Escribimos sobre este sinistro no Sermos Galiza 241.

Catro mortos e 49 feridos no descarrilamento dun tren no Porriño
SUSPENDIDA A CAMPAÑA ELECTORAL EN SINAL DE Dó

Catro mortos e 49 feridos no descarrilamento dun tren no Porriño

O comboio, operado pola compañía lusa CP, saíu da vía pouco antes de entrar na estación ferroviaria. Unha das persoas falecidas sería o maquinista e outra o revisor, M.V, que era de Vigo. Un terceiro é un turista norteamericano e o cuarto un mozo vigués. 

Cuestión de Estado: Angrois non pode ser accidente de AVE

Cuestión de Estado: Angrois non pode ser accidente de AVE

PP e PSOE queren que a traxedia de Angrois non salpique a alta velocidade. En xogo, substanciosos contratos a nível mundial. Un exemplo, Brasil, cuxo megacontrato de 13.000 millóns de euros para construír a súa alta velocidade ten unha cláusula para aspirantes: Non puideron ter un accidente fatal nos últimos 5 anos

O hospital público de Conxo non recibiu [email protected] do accidente de Angrois, malia que houbo translados á privada

[email protected] do CHUS denuncian a falta de coordinación e de medios no hospital clínico, namentres o de Conxo mantivo pechados 4 dos 8 quirófanos e varias plantas como traumatoloxía, cirurxía ou medicina interna. É o máis próximo ao lugar do sinistro e alí presentáronse profesionais cualificados para atender @s [email protected] Non chegaron. O Sergas preferiu [email protected] a un centro privado

OPINIÓN

Un accidente por culpa do galego (a realidade supera a ficción, e non vos riades)

Hai anos, cando o tan criticado bipartito de Touriño e Quintana gobernaba Galicia e se dera inicio desde medios xornalísticos madrileños á campaña contra “la imposición del gallego” que, logo, dunha maneira tan seguidista fora secundada por certos comentaristas dos nosos xornais, quen subscribe publicara un artigo irónico titulado (en castelán) “Un accidente por culpa del gallego”. Parodiando o castelán de Galicia –o auténtico castrapo- contaba que un meu familiar tivera un accidente por culpa dos sinais inintelixibles que algúns concellos empezaban a poñer en galego, e dicía: “Iba mi hijiño con su bicicleta a todo dar por una carretera secundaria y, al llegar al cruce con la principal, no dio entendido una señal  de tráfico que estaba rotulada en gallego ‘Ceda o paso’ –en vez del castellano ‘Ceda el paso’-, el pobriño no se detuvo y se fue esnafrar contra un coche que por allí pasaba. Mi filliño hubo de morir del golpe, pero afortunadamente no pasó nada e se dio recuperado rapidiño, rapidiño, pues solo tenía un croque en la cabeza. Pero bueno, ahí queda la denuncia: por la manía esa del gallego tuvo ese lamentable accidente”.

Oposición urxe a Xunta a explicar o accidente laboral en que morreu unha mariscadora

Oposición urxe a Xunta a explicar o accidente laboral en que morreu unha mariscadora

As tres forzas con representación parlamentar --BNG, AGE e PSOE-- reclaman unha investigación que esclareza por que o helicóptero tardou 40 minutos en chegar ao lugar do sinistro se o contrato coa adxudicataria de salvamento marítimo fala dun máximo de 10. Tamén queren saber por que se mudaron as condicións laborais da tripulación do Pesca 1 para que as gardas presenciais pasen a ser localizadas até o 31 de decembro, aumentando os tempos de resposta. O BNG insiste en que a conselleira do Mar ten que demitir