aelg
"Os galegos ollan para Portugal e os portugueses están a ollar para Europa"
HÉLIA CORREIA, ESCRITORA PORTUGUESA

"Os galegos ollan para Portugal e os portugueses están a ollar para Europa"

Hélia Correia recibiu o premio Escritora Galega Universal da AELG na Gala do Libro que se celebrou onte sábado en Compostela. Afastada por decisión propia das luces de platós e palcos, a autora portuguesa -gañadora do Premio Camôes, o máis prestixiado na súa lingua- fala con Sermos da súa escrita, das relacións galego-portuguesas, de política e tamén de Narf. De case todo agás das dúas cousas que máis lle interesan: os gatos e Grecia.

PALABRAS CON MEMORIA

Cun par delas vaise a calquera sitio

Aparrear.- Fatigar. 

Exemplo: “O avó dixo que ía aparrear a perna se andaba moito sobre ela”.

Lugar de escoita.- Cee (A Coruña).

Fonte.- María Canosa.

...
PALABRAS CON MEMORIA

Cada cousa no seu tempo, se o ídem o permite

Amizar.- (Ademais do uso máis coñecido) Conxúgase ao falar do tempo cando este vai de mal para ben. 


Exemplo: “Semella que o tempo amizou un pouco”.

Lugar de escoita.- A zona de Boimorto.

...
Palabras con memoria

En porrancho ou vestidos, cinco xuntos repetidos

Agulleteiro.- (Ademais de significados xa rexistrados) Zona do zapato onde están os amallós.
Lugar de escoita.- O Courel
Fonte.- Dun vocabulario courelao.

Calzupos.- (Ademais doutros significados xa...

Quen facer tenta, necesita ferramenta
PALABRAS CON MEMORIA

Quen facer tenta, necesita ferramenta

Azoso/a.- Cómodo/a, referido a calquera útil ou instrumento que serve axeitadamente para o seu cometido. 

Exemplo: “Este raño non me é azoso; dáme esoutro do mango máis longo”. Tamén...

A AELG prepara para 2017 un Congreso de Poesía Galega
SERÁ NO VINDEIRO OUTONO

A AELG prepara para 2017 un Congreso de Poesía Galega

A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) acordou na súa última xuntanza a realización dun Congreso de Poesía Galega no inicio do outono do vindeiro ano 2017, que terá lugar na cidade de Pontevedra. “É importante que os poetas e as poetas reivindiquemos o peso social da poesía no noso país”, afirma Cesáreo Sánchez. 

Helena Villar: “Agora xa teño o título de escritora”
Homenaxe á Escritora na súa Terra

Helena Villar: “Agora xa teño o título de escritora”

Rianxo foi o epicentro en que tivo lugar a homenaxe da Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG) a Helena Villar, que foi recoñecida co premio Escritora na súa Terra. Conversamos con ela nada máis recibir a Letra E e após plantaren o loureiro elixido por ela propia.

Helena Villar recibe o sábado en Rianxo unha homenaxe da AELG

Helena Villar recibe o sábado en Rianxo unha homenaxe da AELG

A escritora recebe o 25 de xuño en Rianxo, onde vive, a vixésimo segunda edición da Homenaxe A Escritora na súa Terra-Letra E, impulsada pola Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega (AELG), o que a convirte en socia de honra deste colectivo. 

Xa hai finalistas para os Premios da Gala do Libro Galego
SERMOS OPTA AO DE XORNALISMO CULTURAL

Xa hai finalistas para os Premios da Gala do Libro Galego

Manuel Rivas opta a dous premios por dous libros distintos, ao igual que María Solar en literatura infantil e xuvenil. En canto ás editoriais, Xerais opta a 11 premios, tendo moi por detrás a Alvarellos (4), Kalandraka (3), Tambre (3) e Galaxia (2). Sermos Galiza aspira a un dos galardóns, o de Xornalismo Cultural. 

O Día de Rosalía está aquí para ficar
CENTOS DE ACTOS POR TODO O PAÍS

O Día de Rosalía está aquí para ficar

Un ano máis as redes sociais ferveron co #MobilizaRosalía e co #DíadeRosalía. Asociacións, centros escolares e desta vez tamén algunhas institucións implicáronse a fondo nunha xornada que medra cada ano desde abaixo. 

"A incompatibilidade dos dereitos de autor coas pensións é unha agresión á cultura"
ENTREVISTAMOS CESáREO SáNCHEZ, PRESIDENTE DA AELG

"A incompatibilidade dos dereitos de autor coas pensións é unha agresión á cultura"

Nos últimos meses, autores e autoras veñen recibindo cartas da Seguridade Social nas que lles pide que devolvan as pensións que cobraron á vez que cobraban dereitos de autor. Para Cesáreo Sánchez, presidente da AELG, trátase dun “chanzo máis no proceso de agresión á cultura e aos creadores en xeral”.

Xornada da AELG sobre literatura e cinema

Este sábado 28 celébrase no Ágora da Coruña unha xornada da AELG e da AS-PG arredor de literatura e cinema na que participarán Manolo González, Margarita Ledo, Eva Veiga, Antía Otero, Celia Parra e Martin Pawley. 

Novo Congreso da AELG: unha paradiña para pensar 

Novo Congreso da AELG: unha paradiña para pensar 

A Asociación de Escritoras/es en Lingua Galega realiza o vindeiro sábado 26 de setembro o VI Congreso de Escritoras/es no Pazo da Cultura de Pontevedra que leva por título "Para que(n) escribimos o futuro?".

A literatura oral colle forza na AELG

A literatura oral colle forza na AELG

A asociación é de escritores e escritoras mais a oralidade está a coller forza na AELG. Un grupo de traballo, coordinado por Antonio Reigosa, dará continuidade a Polafías, Xornadas de Literatura de Tradición Oral ou a iniciativa de Mestras e Mestres da Memoria. 

A AELG homenaxea a Xela Arias

A AELG homenaxea a Xela Arias

“A procura dos trazos que nos describan” é o título da homenaxe que a Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega lle tributará á poeta e tradutora Xela Arias o próximo 11 de marzo en Vigo. 

A AELG organiza un recital de coplas de entroido

A AELG organiza un recital de coplas de entroido

A Sección de Literatura e Tradición Oral da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) organiza o I Recital de Coplas do Entroido en Lugo. Será esta sexta feira e o entroido de Salcedo, parroquia de Pobra de Brollón, o protagonista. 

A AELG homenaxea o teatro galego cos seus premios

A AELG homenaxea o teatro galego cos seus premios

Será protagonista privilexiado nas actividades deste ano. A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega acordou na súa asemblea xeral homenaxear ao teatro galego cos seus premios, en recoñecemento ao esforzo dos seus protagonistas en tempos tan difíciles para o sector. Xabier P. DoCampo será homenaxeado coa letra E. 

A AELG nomea Escritor Galego Universal a Bernardo Atxaga

A AELG nomea Escritor Galego Universal a Bernardo Atxaga

A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) vén de nomear ao autor vasco Bernardo Atxaga como Escritor Galego Universal. Atxaga recibirá o premio na Gala das Letras que terá lugar en Pontevedra o primeiro sábado do mes de maio de 2014. 

A AELG xa prepara o Día de Rosalía

A AELG xa prepara o Día de Rosalía

Agasallar cun libro e unha flor no Día de Rosalía. A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega comeza xa a preparar a conmemoración do 24 de febreiro, data do nacemento da poeta, e quere que asociacións, concellos e demais entidades se impliquen nunha xornada de festa para as nosas letras. 

A AELG homenaxea ao poeta palestino Mahmud Darwich na celebración da Nakba

A AELG homenaxea ao poeta palestino Mahmud Darwich na celebración da Nakba

No día 15 de maio no que se fan 65 anos da Nakba palestina, a AELG homenaxea ao poeta Mahmud Darwich cun acto no que se lle porá o seu nome a unha aula da Escola Oficial de Idiomas da Coruña. Darwich estivo na Galiza en 2006 para ser recoñecido co premio internacional da asociación da literatura galega. 

A Consellaría de Cultura auséntase da entrega dos premios da AELG

A Consellaría de Cultura auséntase da entrega dos premios da AELG

Ningún representante da Consellaría de Cultura e Educación asistiu o sábado á Gala das Letras, o acto central anual da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG). Por vez primeira, o departamento da Xunta responsábel de temas culturais ausentábase da celebración na que, entre outros premios, se recoñecía a Lidia Jorge como Escritora Galega Universal. 

A AELG entrega os seus premios na Gala das Letras que terá lugar no Ágora da Coruña

A AELG entrega os seus premios na Gala das Letras que terá lugar no Ágora da Coruña

O sábado ás 20 horas coñeceranse as persoas e obras gañadoras dos premios da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega nunha gala que terá lugar no Centro Ágora da Coruña. A narradora portuguesa Lídia Jorge será recoñecida como Escritora Galega Universal.  A gala, aberta ao público,contará coas actuacións musicais de César Morán e Uxía.

Marica Campo recibirá homenaxe da AELG no seu Incio natal

Marica Campo recibirá homenaxe da AELG no seu Incio natal

“Nacín no Val do Mao, no concello do Incio, ao Sur de Lugo, e alí pasei os meus primeiros anos”. Así comeza un texto autobiográfico da escritora Marica Campo que será homenaxeada na súa terra do Incio pola AELG, ao lle conceder a súa letra E.

Lídia Jorge, Escritora galega universal para a AELG

Lídia Jorge, Escritora galega universal para a AELG

A AELG vén de escoller a escritora portuguesa Lídia Jorge como “Escritora galega universal”. Por segunda vez, despois do angolano Pepetela, a asociación escolle unha autora de escrita lusófona para outorgarlle o seu galardón. A “altísima calidade literaria e o insubornábel compromiso ético da autora” valéronlle o recoñecemento á narradora e autora de A Costa dos Murmúrios.
A AELG revisa a “maridaxe” entre literatura e ensino

A AELG revisa a “maridaxe” entre literatura e ensino

Arredor de 20 participantes darán corpo ás II Xornadas de Literatura e Ensino que a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega celebra en Compostela na tarde do día 9 e ao longo de todo o sábado día 10 de novembro.