alfonso-barreiro
“Case non hai cómic infantil que teña como protagonista unha rapaza”
Alfonso Barreiro

“Case non hai cómic infantil que teña como protagonista unha rapaza”

Alfonso Barreiro vén de publicar Curuxa, a voz de Azazel, o seu primeiro cómic. Retranca editora foi a responsábel da edición do libro, despois de que gañara, no 2015, o Premio de Fin de Curso da Primeira Promoción do Curso Profesional de Banda Deseñada de O Garaxe Hermético. O cómic está cheo de cores, espíritos, animais, maxia, amizade e referencias á Galiza, aos seus contornos e tradicións.