alvarez
OPINIÓN

Sergio Álvarez, o gato do Celta que rabuña

Sacar un punto do Calderón, do xeito como se conseguiu, co equipo sufrindo até o final e amosando a madurez que lle faltou nos dous partidos anteriores, é un gran motivo de ledicia futbolística.

OPINIÓN

Retallos de Bautista Álvarez

A obra narrativa Retallos daquela infancia (2013), de Bautista Álvarez, sorprende gratamente por varias razóns.

En primeiro lugar por ter acceso ao testemuño vivencial, verquido en perspectiva creativa, dunha figura insobornábel do nacionalismo galego, que posúe unha longa bagaxe política e cultural ás súas costas.

Begoña Caamaño e Alvarez Torneiro coinciden de novo nos Premios da Crítica española

Begoña Caamaño e Alvarez Torneiro coinciden de novo nos Premios da Crítica española

Que Os ángulos da brasa de Álvarez Torneiro e Morgana en Esmelle de Begoña Caamaño son dous  dos títulos mellor recibidos no pasado ano abonda con revisar a crítica e os premios. Despois de seren os mellor valorados nos galardóns da Asociación Galega de Editores, veñen de coincidir novamente nos Premios da Crítica Española, na sección lingua galega. 

A dupla Alonso Montero-Rosario Álvarez, candidatura probábel do sector crítico a Ferrín na RAG

A dupla Alonso Montero-Rosario Álvarez, candidatura probábel do sector crítico a Ferrín na RAG

Como xa adiantou o semanario Sermos Galiza no seu número 39, sectores críticos con Ferrín preparan unha candidatura á presidencia da Real Academia Galega que encabezaría o profesor Alonso Montero (1928) e na que tería un papel moi relevante a directora do Instituto da Lingua Galega, Rosario Álvarez (1952). En frente terían unha listaxe que lideraría o actual tesoureiro da entidade e home próximo a Ferrín, Manuel González (1951).

Álvarez Cascos declara hoxe como testemuña no xuízo do Prestige

O movemento social que se ergueu despois do atentado do Prestige pediu sempre a súa imputación mais é como testemuña que declara hoxe no xuízo da Coruña Francisco Álvarez Cascos, ministro de Fomento cando a catástrofe e autor político da decisión de afastar o barco e da xestión do desastre.