ana
VIDEO

Ana Moura - Loucura (Ao Vivo)

Um fragmento dum concerto de Ana Moura, a grande fadista de Santarem que esta fim de semana 10 e 11 de Março atuará em Ferrol e em Pontevedra.
Ana Miranda foi posta en liberdade

Ana Miranda foi posta en liberdade

O Marianne chegou ao porto de Ashdod despois dun asalto do exército israelí no que se usaron pistolas “taser” contra un pasaxeiro, A voceira do BNG en Bruxelas foi liberada e deportada a Madrid ao igual que outros dous representantes políticos. 

Ana Estévez: “O cine está a rexistrar o proceso de volta á terra que vivimos”

Ana Estévez: “O cine está a rexistrar o proceso de volta á terra que vivimos”

Desde o Museo do Pobo Galego, Ana Estévez coordina a Mostra de Cine Etnográfico da que se desenvolve, do 2 a 6 de xuño, a súa décima edición. Os pioneiros do cinema como Xocas ou Carlos Velo déronse a man nesta mostra cos principais nomes do chamado Novo Cinema Galego nun tempo no que se experimentou un auxe do documentalismo de volta á terra do que nos fala a coordinadora do encontro.

Diego Ameixeiras e Ana Acuña, Premios Losada Diéguez

Diego Ameixeiras e Ana Acuña, Premios Losada Diéguez

Conduce rápido de Diego Ameixeiras e Conciencia política e literatura galega en Madrid, de Ana Acuña, os dous publicados por Xerais, son os títulos gañadores da 30 edición do Premio Antón Losada Diéguez que se fallou este sábado no Carballiño. 

OPINIÓN

Ana Botella non fixo o ridículo

Non vos trabuquedes, Ana Botella non fixo o ridículo en Bos Aires defendendo no seu inglés parralleiro a candidatura da cidade que a ten como alcaldesa, nin coa historia esa do relaxing non sei que. Non o fixo en absoluto porque os millóns de votantes do Partido Popular non teñen, polo xeral, o mesmo sentimento de todos os demais que non andamos por esa corda ideolóxica. Máis ben, o que sinten, cando ven os programas cómicos nos que se fai escarnio da súa intervención na lingua de Shakespeare, é desprezo por quen fai ese escarnio, ganas de mandarnos para o carallo, e sensación de que esaxeramos, que somos malos malísimos, e que non era para tanto.

Ana Ermida: "O de Barreiros é o modelo de urbanismo do PP”

Ana Ermida: "O de Barreiros é o modelo de urbanismo do PP”

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza vén de anular o Plano Sectorial polo que a Xunta tentaba legalizar máis de tres mil vivendas en Barreiros. Recoñece ademais a existencia de “desvío de poder” na súa actuación, o que, para a concelleira do BNG Ana Ermida, tería que ser motivo de dimisións no goberno de Feijóo. Con pouco máis de 3.000 habitantes, en Barreiros déronse licenzas para 6.000 vivendas. 

Ana Pontón non retira o termo corrupto en alusión a Feijóo porque "a mentira é corrupción"

Ana Pontón non retira o termo corrupto en alusión a Feijóo porque "a mentira é corrupción"

O clima da Cámara galega víciase por sesións. Após o veto á cidadanía do 29 de xaneiro e dos recén estreados "criterios de ordenación das visitas" a presidenta do Parlamento, Pilar Rojo, mantén unha actitude belixerante cos grupos da oposición e [email protected] [email protected] á tribuna. As expulsións sucédense e as amonestacións @s parlamentares convértense na tónica xeral das sesións plenarias.
Ana Miranda atribúe a perda de fondos europeus para Galiza ao "desleixo" da Xunta e do Estado

Ana Miranda atribúe a perda de fondos europeus para Galiza ao "desleixo" da Xunta e do Estado

Após a aprobación no Parlamento europeo da nova Política Pesqueira Común, falamos con Ana Miranda, eurodeputada do BNG en Bruxelas. Abordamos con ela algúns outros aspectos de actualidade como a negociación dos Orzamentos para 2014-2020 ou a súa participación en cimeiras internacionais onde amosou o apoio [email protected] nacionalistas [email protected] a outros pobos oprimidos do mundo.

Ana Miranda defende o mantemento do programa Erasmus

A deputada nacionalista no Parlamento Europeo defendeu o mantemento dos fondos destinados ao programa de mobilidade Erasmus. Neste sentido, o ministerio de Educación español vén de anunciar a redución de 21,5 millóns de euros destinados a financiaren as bolsas Erasmus de que son beneficiarias 1.490 estudantes [email protected]
Ana Pontón: "Rescatar a democracia en Galiza é defender a soberanía do noso país"

Ana Pontón: "Rescatar a democracia en Galiza é defender a soberanía do noso país"

Ana Pontón, foi voceira parlamentar do BNG durante esta lexislatura. Candidata número 2 pola Coruña, asegura que hai que recuperar a democracia en Galiza e reaxir as ofensivas centralistas e neoliberais practicadas polo Partido Popular. Porén, asevera que único xeito de "rescatar a democracia" pasa necesariamente por "defender a soberanía do noso país".