angrois
“Ao Estado interesáballe protexer a marca Alta Velocidade e non as vítimas"
Jesús Domínguez, Plataforma Vítimas Alvia 04155

“Ao Estado interesáballe protexer a marca Alta Velocidade e non as vítimas"

Jesús Domínguez é o presidente da plataforma de vítimas Alvia 04155, o tren que descarrilou o 24 de xullo de 2013 na Curva da Grandeira, en Angrois (Compostela), provocando a morte de 81 persoas e máis de 140 feridas. El, que daquela tiña 41 anos, ía nun dos vagóns coa súa familia e resultou con importantes feridas nunha perna. Mais considérase dos afortunados porque “grazas a Deus, non perdín ninguén”. Conversamos con el cando se produce o sexto aniversario do fatal sinistro.

Ana Miranda: “Cando escoitas as vítimas do Alvia muda todo”
Angrois

Ana Miranda: “Cando escoitas as vítimas do Alvia muda todo”

O BNG reivindica a través dun vídeo o traballo realizado pola súa eurodeputada Ana Miranda en favor das vítimas do accidente de Angrois. No audiovisual que circula nas redes sociais a candidata á eurocámara denuncia que o Estado español “tapou” e negouse a investigar.

Blanco e Pastor negan calquera responsabilidade no accidente do Alvia en Angrois
Comisión polo sinistro de Angrois

Blanco e Pastor negan calquera responsabilidade no accidente do Alvia en Angrois

Os exministros de Fomento compareceron no Congreso mentres ás portas da Cámara protestaban vitimas do sinistro que o 24 de xullo de 2013 deixou 81 persoas mortas e 144 feridas. José Blanco negou un "pacto de silencio" co PP e recoñece "arrepentirse" de non ter aceptado a comisión de investigación nun primeiro momento.

O Congreso avalía as responsabilidades políticas de Blanco e Pastor na traxedia do Alvia

O Congreso avalía as responsabilidades políticas de Blanco e Pastor na traxedia do Alvia

24 de xullo de 2013. A maior catástrofe terrestre da historia moderna da Galiza. 80 mortos e 144 feridos ao descarrilar un tren Alvia na curva de A Grandeira, na entrada de Compostela. As responsabilidades políticas continúan sen se depurar. Esta segunda feira comparecen perante a comisión de investigación as dúas persoas ao mando de Fomento involucradas no asunto,

As vítimas de Angrois esixen cesamentos cinco anos despois do accidente

As vítimas de Angrois esixen cesamentos cinco anos despois do accidente

Unha manifestación con centos de persoas percorreu esta mañá as rúas de Santiago de Compostela. Encabezábana vítimas e familiares de vítimas do accidente ferroviario de Angrois. “É hora de que comece a haber dimisións e cesamentos”, esixiu o portavoz da plataforma, Jesús Domínguez.
 

Vítimas de Angrois no Congreso: “Saben o que é perder un fillo por unha neglixencia?”

Vítimas de Angrois no Congreso: “Saben o que é perder un fillo por unha neglixencia?”

Cinco anos despois do accidente ferroviario en que morreron 80 persoas e houbo 144 feridos, as vítimas de Angrois falaron esta terza feira no Congreso. A comisión de investigación serviu para que o presidente da plataforma, Jesús Domínguez, denunciase as “mentiras” políticas no caso. E a vocal Cristina Liras inquirise: “Saben vostedes o que é perder un fillo por unha neglixencia?”.
 

O PSdeG retira a blindaxe a José Blanco e vota a favor da investigación de Angrois
A maioría do PP mantén o veto

O PSdeG retira a blindaxe a José Blanco e vota a favor da investigación de Angrois

Primeira secuela na política galega do triunfo de Pedro Sánchez nas primarias. Por vez primeira no Pazo do Hórreo, o PSdeG votou esta cuarta feira a favor dunha iniciativa parlamentar a prol da constitución dunha comisión de investigación sobre a traxedia de Angrois. Até o de agora, o grupo socialista optaba por blindar o ex ministro de Fomento, José Blanco, e evitaba apoiar as pesquisas sobre a súa xestión.

PP, PSOE e Ciudadanos impiden a investigación sobre o accidente de Angrois
Vetan o debate

PP, PSOE e Ciudadanos impiden a investigación sobre o accidente de Angrois

A comisión de investigación sobre o accidente ferroviario que tivo lugar en Angrois o 24 de xullo de 2013 segue a ser unha entelequia. Desta vez, PP, PSOE e Ciudadanos impediron na Mesa do Congreso que a Xunta de Portavoces poida poñer data ao debate plenario dunha comisión que investigue os feitos.

Pontón ve vergoñento que na Galiza PP e PSOE bloqueen a comisión sobre Angrois
A diferenza do que fixeron en Castela e Léon

Pontón ve vergoñento que na Galiza PP e PSOE bloqueen a comisión sobre Angrois

En Castela e León o PP, cunha abstención medida, acaba de permitir que se aprobase unha iniciativa a prol da constitución dunha comisión de investigación sobre a traxedia de Angrois. Na Galiza, en troca, o partido de Feijóo continúa a bloquear a conformación dun órgao no Pazo do Hórreo que pesquise as responsabilidades políticas do sinistro. O BNG -por boca de Ana Pontón- demandou esta quinta feira a PP e PSOE que levanten o seu veto á comisión.

Sendelle, un século antes de Angrois
Catástrofe ferroviaria

Sendelle, un século antes de Angrois

Era o 10 de marzo de 1915. O tren correo que partira de Madrid nunca chegaría ao seu destino, Vigo. Foi ese o día en que a vida de 19 pasaxeiras e pasaxeiros rematou en Crecente, entre as estacións de Filgueira e Freira, cando no lugar de Grobas, un corremento de terras atrapou os comboios. Escribimos sobre este sinistro no Sermos Galiza 241.

OPINIÓN

#Sermos235: Impresentábeis

PP e PSdeG volveron camiñar da man ao tombar a creación dunha comisión de investigación sobre o accidente do Alvia en Angrois, en que morreron 81 persoas e que deixou máis de cen feridas. A reforma da normativa parlamentar...

OPINIÓN

Ana Pastor como síntoma

Podería ser Ana Pastor presidenta do Congreso se o accidente de Angrois non tivese sido na Galiza, senón nos accesos por camiños de ferro a Madrid? Podería ser Ana Pastor presidenta do Congreso após a UE indicar a súa...

O sinistro do Alvia, de Angrois a Bruxelas

O sinistro do Alvia, de Angrois a Bruxelas

Repasamos os principais acontecementos arredor desta traxedia da que se fan tres anos o vindeiro 24 de xullo. Esta terza feira (19 de xullo) o BNG denunciará o Estado español perante a Comisión europea por non garantir a independencia na investigación da CIAF. 

OPINIÓN

Feijóo, doente por ir a Madrid

A ministra de Fomento afirma, con argumentacións legais vaporosas, que o Goberno español non pode encarregar un novo informe técnico sobre a traxedia de Angrois -após ser duramente amoestado por Bruxelas- e o presidente da Xunta se limita a...

OPINIÓN

Angrois ou a desvergoña

A operación político-administrativa para agachar as responsabilidades políticas dos Gobernos de Zapatero (do que era ministro de Fomento Pepe Blanco) e  Rajoy (do que é ministra de Fomento Ana Pastor) comezou, en realidade, cando a ministra...

OPINIÓN

Os responsábeis do caso Angrois

A Sección da Audiencia con sede en Compostela vén de reabrir a investigación do accidente do Alvia (xullo 2013), anulando a resolución  que pechara a mesma e ordenara abrir xuizo oral só contra o maquinista. O Xulgado agora...