antes
A vida antes do asolagamento

A vida antes do asolagamento

En 1992 catro aldeas de Lobios desapareceron baixo a auga dun encoro. Pero alguén conservou en imaxes a vida daqueles últimos anos e agora convértense nun documental que se estrea este sábado en Cineuropa. 

''Nas enquisas do Govern balear antes de impor o decreto, o 87% pediu ensino en catalán''

''Nas enquisas do Govern balear antes de impor o decreto, o 87% pediu ensino en catalán''

A oposición que nas Illes Balears agromou en contra da política lingüística do Executivo de José Ramón Bauzá cóntase en milleiros de persoas. Foron milleiros (70.000) @s que rexeitaron a reforma da Lei de función pública, acompañ[email protected] por dúas persoas en folga de fame. E milleiros (120.000) foron @s que fixeron parte da 'maré verde' contra a imposición do español no ensino. Das agresións do PP ao catalán falamos con Tomeu Martín, activista da Obra Social Balear.

Acordo CiU-ERC-CUP-ICV: haberá data e pregunta antes de final de ano

Acordo CiU-ERC-CUP-ICV: haberá data e pregunta antes de final de ano

Deron o paso adiante após garantir que será o Parlament quen levará a proposta ao Congreso español e que se acrecenta no texto que o pobo catalán expresou nas eleccións a súa vontade de escoller o futuro e a Cámara ''debe actuar con lealdade completa e coherente a este mandato do pobo''. 

Angrois existía antes do 24-X

Angrois existía antes do 24-X

A partir da noite do 24 de xullo, o nivel de coñecemento de Angrois medrou até o infinito. A actuación da veciñanza durante a traxedia fixo que todos os ollos repararan neste pequeno barrio do rural de Compostela, a só tres quilómetros da Catedral. Mais Angrois existía xa antes, aínda que case ninguén o soubera. 

O condutor do comboio premeu o botón de alerta antes de entrar na curva de Angrois

O condutor do comboio premeu o botón de alerta antes de entrar na curva de Angrois

Na primeira reconstrución dos feitos, o maquinista dixo que se lle activou a luz de alerta no seu cadro de mandos e que ao momento comunicou que recibira a advertencia de que circulaba por riba da velocidade permitida. Mais o certo é que o tren non freou a tempo. Haberá que determinar agora se existiu algún tipo de fallo mecánico que impidese a redución de velocidade.

Pescanova, sen liquidez, opta polo xuíz antes que polos bancos

Pescanova, sen liquidez, opta polo xuíz antes que polos bancos

A multinacional de Chapela presentará o concurso de acredores en dez días. A súa liquidez para facer fronte a provedores e impostos é dunha semana, segundo fontes do consello. Hai preocupación por se o paso de Pescanova implica unha fervenza de preconcursos nas súas filiais

 

Bruxelas exixe que a quita das preferentes se efectivice antes de rematar marzo

Bruxelas exixe que a quita das preferentes se efectivice antes de rematar marzo

As institucións comunitarias apertan a gorxa [email protected] [email protected] polo calote das preferentes. Exixen que as entidades financeiras fixen as perdas de maneira inmediata e que a quita se leve a cabo este mesmo mes. As plataformas comarcais de [email protected], que anunciaran guerra, continúan a súa ofensiva en distintos concellos do país perante unhas perdas que poderían ser maiores do anunciado. 

O BNG remozarase nunha asemblea extraordinaria antes do verán

O BNG remozarase nunha asemblea extraordinaria antes do verán

O Consello Nacional do BNG trasladará a toda a militancia unha serie de conclusións de conxunto da súa reunión deste sábado. Esta semana terán lugar asembleas en todas as comarcas en que a afiliación trasladará á dirección as súas valoracións e propostas. No Bloque apostan por enfrontar o debate interno de xeito demorado, marcando os tempos por si propios.
Ferrín presenta a nova obra de Rivas tres días antes de que "Todo é silencio" inaugure a Seminci

Ferrín presenta a nova obra de Rivas tres días antes de que "Todo é silencio" inaugure a Seminci

Por vez primeira Xosé Luís Méndez Ferrín presentará unha obra de Manuel Rivas. Sentarán á mesa o día 17 na Coruña dous dos máis destacados nomes da literatura galega para dar a coñecer As horas baixas, o que se intúe como un dos títulos máis persoais e íntimos do escritor. Será apenas tres días antes de que o filme de José Luís Cuerda Todo é silencio, baseado na novela de Rivas, inaugure a Seminci.

 

Apuntan a unha posíbel segunda operación xudicial antes do 21-O

Segundo puido saber Sermos Galiza, desde xullo era de "dominio público" que se estaban a preparar dúas grandes operacións. Jorquera manifesta reservas sobre o "procedemento xudicial" do caso "Pokemon" e reclama respecto á presunción de inocencia mentres a xustiza aclara os feitos.