antroponimia
21.100 apelidos únicos en Galiza

21.100 apelidos únicos en Galiza

Hai no noso país 21.100 apelidos que teñen un único portador. No outro extremo, Rodríguez, o máis común en Galiza, que levan 237.000 persoas. Láncara, Sanfíns, Miñor, Santradán ou Manselle son algúns dos antropónimos en perigo de extinción. Estas son algunhas das cuestións que se debullan no estudo '‘Antroponimia e lexicografía’, que edita Consello da Cultura Galega e Instituto da Lingua Galega.

O topónimo si, mais o apelido non mo toque

O topónimo si, mais o apelido non mo toque

A onomástica é un dos campos do léxico que máis se resiste á restauración lingüística. Este ámbito aínda resulta máis conservador cando nos referimos aos apelidos. Dado o seu carácter hereditario, os apelidos son menos dados aos cambios. Aquí dáse un paradoxo: mentres hai formas restituídas na toponimia, os apelidos coincidentes (de orixe toponímica) continúan castelanizados.

"Eu restituín os meus apelidos"

"Eu restituín os meus apelidos"

Manuel, Ana, Horacio, Andrea, Suso, Xosé Antón, Saleta, Xosé Lois e Rocío son unha pequena mostra dos milleiros de persoas que decidiron restituír os seus apelidos (algúns tamén o nome) á súa forma orixinal. Uns fixérono antes de 1999, coas dificultades que implicaba a galeguización, e outras máis recentemente.