arquivos
A orixe de 'De Barrio'
Novo filme de Xurxo Chirro

A orixe de 'De Barrio'

O Festival Internacional de Cinema de Xixón anunciaba a pasada terza feira, día 2 de outubro, que De Barrio, o novo filme de Xurxo Chirro, se atopa entre as obras escollidas da sección Llendes. O cineasta relata a Sermos Galiza a vinculación do filme co desenvolvemento e o espírito do proxecto Socheo, unha viaxe de ida e volta do cinema á participación cidadá que pon de relevo a importancia dos arquivos.

O Parlamento aproba elaborar un plan de arquivos con perspectiva de xénero
Igualdade

O Parlamento aproba elaborar un plan de arquivos con perspectiva de xénero

O Parlamento reclama á Xunta a elaboración na presente lexislatura dun plan de arquivos con perspectiva de xénero. A proposición non de lei foi presentada polo BNG logrou o apoio unánime dos grupos da cámara galega. Preténdese rematar así “co desleixo da Xunta” en materia de arquivos e documentos e incorporar a perspectiva feminista na xestión e difusión da memoria arquivística galega.

As mulleres están invisibilizadas nos arquivos públicos
Estudo do Consello da Cultura Galego

As mulleres están invisibilizadas nos arquivos públicos

Un informe do Consello da Cultura Galega presentado esta quinta feira vén de concluír que as mulleres, como categoría documental, atópanse “invisibilizadas”. “A presenza das mulleres nos criterios de ordenación, clasificación e difusión é inexistente e incúmprense as leis de igualdade, de arquivos e de transparencia”, conclúe o documento.
 
“Sen este tipo de arquivos moitos documentos estarían destruídos”
XURXO GONZÁLEZ, COORDENADOR DO A FONDO

“Sen este tipo de arquivos moitos documentos estarían destruídos”

Nos últimos tempos, varias iniciativas xurdidas da base social están a recuperar as imaxes da nosa memoria. Son arquivos tan voluntarios como necesarios. Abordámolo no A Fondo que, conxuntamente co semanario Sermos Galiza, verá a luz esta quinta feira 9 de abril.

Avoas e nais piden abrir os arquivos e o fin da impunidade despois da morte de Videla

Avoas e nais piden abrir os arquivos e o fin da impunidade despois da morte de Videla

Avoas e Nais da Praza de Maio, os colectivos de mulleres que saíron na busca de [email protected] e [email protected] que a ditadura militar roubou ou fixo desaparecer non dan por finalizada a súa loita coa morte de Videla. Reclaman abrir arquivos e poñer fin á impunidade e lamentan que o ditador morrera sen se arrepentir e sen confesar onde están os seus seres queridos. Valoran, pola contra, que atopase o seu fin no cárcere, onde cumpría condena perpétua. 