as-conchas
“Aquel drama do encoro parou o tempo”
Manuel Rivero, investigador

“Aquel drama do encoro parou o tempo”

Manuel Rivero (Vilela, Bande, 1953) é licenciado en Antropoloxía, Ciencias Políticas, Psicoloxía e Socioloxía. Traballou na banca comercial como especialista en recursos humanos. Desde sempre mantivo a curiosidade pola memoria e a historia daquel val asolagado que miraba desde a aldea, a cola do encoro. Onte sábado, en Muíños, ofreceu unha charla sobre As Conchas no setenta aniversario da inauguración (por Franco) do pantano. Mais a historia das Conchas empeza antes, conta, e cando menos, ten cen anos.

O Val da Limia reflexiona sobre As Conchas

O Val da Limia reflexiona sobre As Conchas

O Comité pola Memoria Histórica do Val da Limia organiza, con motivo do 70 aniversario da inauguración do embalse das Conchas, unha xornadas para analizar a súa problemática, que terán lugar ás 18 horas de hoxe no Pub Gallaecia, en Mugeimes.