asasinada
A muller que “caeu” dun terceiro piso en Vigo foi asasinada
SEXTO ASASINATO MACHISTA NA GALIZA NO QUE VAI DE ANO

A muller que “caeu” dun terceiro piso en Vigo foi asasinada

A policía local de Vigo detivo Alberto José V.G, veciño do Calvario de 62 anos, como sospeitoso de empurrar pola fiestra dun terceiro piso a súa esposa, María Rodrigues Fernández, de 71 anos. A muller asasinada é a sexta vítima mortal da violencia machista no que vai de ano.

Máis unha muller asasinada na Galiza

Máis unha muller asasinada na Galiza

A policía considerou a desaparición de María Jiménez como "de alto risco" porque tiñan constancia "por terceiras persoas" de que no ano pasado sufriu un episodio de maus tratos. Ninguén denunciou. O home xa confesou que a asasinou após levala á forza da casa familiar e que o corpo podería estar nas inmediacións de Teixeiro. 

Máis dúas mulleres asasinadas pola violencia machista

Na localidade española de Écija un home degolou a súa compañeira cunha machada; en 2007, ela presentara unha denuncia por insultos e ameazas que foi arquivada no xulgado. En Reus outro home apuñalou a súa ex-parella

Asasinada unha muller en Narón pola violencia machista

Marisol L. foi achada semicalcinada na vivenda en que residía no lugar da Revolta. No alpendre do mesmo inmóbel apareceu colgado o home, con quen xa non convivía e do cal estaba en trámites de separación. Testemuñas veciñais dan conta de que a muller recibía malos tratos. As investigacións apuntan tamén cara ao terrorismo machista. Sería a cuarta muller galega asasinada en 2012