autor
A Eurocámara rexeita a reforma da lei de dereitos de autor

A Eurocámara rexeita a reforma da lei de dereitos de autor

O pleno do Parlamento europeo rexeitou iniciar as negociacións da reforma da lei europea de copyright, albo de numerosas críticas desde diferentes plataformas dixitais e tamén de xigantes como Google. Estas criticaban tanto a ‘aprobación express’ que se quería facer da...

"A incompatibilidade dos dereitos de autor coas pensións é unha agresión á cultura"
ENTREVISTAMOS CESáREO SáNCHEZ, PRESIDENTE DA AELG

"A incompatibilidade dos dereitos de autor coas pensións é unha agresión á cultura"

Nos últimos meses, autores e autoras veñen recibindo cartas da Seguridade Social nas que lles pide que devolvan as pensións que cobraron á vez que cobraban dereitos de autor. Para Cesáreo Sánchez, presidente da AELG, trátase dun “chanzo máis no proceso de agresión á cultura e aos creadores en xeral”.

O autor de novelas longas que escribe postais pequenas

O autor de novelas longas que escribe postais pequenas

“Ingravidez”, é o título da “micropostal” número 47 que o escritor Antón Riveiro Coello publica a través da rede social facebook. O escritor conta ter nas librarías de cara a fin de ano unha nova novela que terá por volta das 500 páxinas, na antítese destes textos de pequena dimensión que escribe sobre imaxes. 

Un outono de premios con nome de autor cae sobre a literatura

Un outono de premios con nome de autor cae sobre a literatura

Gustavo Pernas co Álvaro Cunqueiro, Raul Dans co Barriga Verde e o Premi Born, Juan Tallón co Lueiro Rei, Alberto Ramos co Vicente Risco e Lorenzo Moroño, Elena Sherevera e Camiño Noia no Plácido Castro de Tradución compoñen o ronsel de nomes que gañaron a manchea de premios con denominación de autor deste outono. A todos eles, premiados por obra, compre engadir o de Basilio Losada premiado pola súa traxectoria co Otero Pedrayo. Mentres, dous finalistas agardan a decisión final do Blanco Amor que, nesta edición, organiza o concello de Fene.