avante
Os colectivos LGTBI esixen ás administracións ir alén das mostras simbólicas
Orgullo LGTBI

Os colectivos LGTBI esixen ás administracións ir alén das mostras simbólicas

A Galiza acolle esta fin de semana múltiples actos e mobilizacións con motivo do Día do Orgullo LGTBI cadrando ademais co 50 aniversario da revolta de Stonewall. Os actos reivindicativos comezaron en Compostela onde colectivos LGTBI denunciaron as trabas que as persoas trans atravesan para obter o documento de identidade que reflicta, precisamente, a súa verdadeira identidade.

Activista galego denuncia agresión homófoba na Festa do Avante

Asegura ter sido golpeado e expulso do recinto por parte do servizo de apoio da festa após estar a bicar con outra persoa. O PCP nega unha "postura homófoba" e sinala nun comunicado de imprensa que a dirección do Avante intervirá de se confirmar "calquera acto individual" que se afaste dos principios que rexen a festa.

OPINIÓN

Avante a loita do estudantado galego

O pasado 20 de febreiro, as rúas das principais cidades e vilas da Galiza enchéronse de ilusións e berros nunha histórica xornada de loita para rexeitar a lei da wertgoña e os numerosos recortes que sofre o ensino público da man das políticas de Feijóo na Xunta de Galiza e do Partido Popular no goberno español.