banca
Galiza perdeu nesta década 40% da súa rede bancaria

Galiza perdeu nesta década 40% da súa rede bancaria

 

Ourense figura entre os territorios do Estado con maior fechamento de oficinas desde 2008. No conxunto do país fecháronse máis de mil sucursais, un proceso que acompaña unha exclusión financeira que cada vez afecta máis persoas na Galiza. 

Asinar un contrato en galego cun banco aínda é case unha utopía

Asinar un contrato en galego cun banco aínda é case unha utopía

“Durante la duración del contrato nos comunicaremos con usted en castellano”. Así reza o “régimen lingüístico” dunha cláusula dun contrato tipo de Abanca, denunciado pola Mesa e polo que pide explicacións a Xunta. En declaracións a Sermos, a filial de Banesco defende o “seu compromiso coa normalización” pero admite que, por exemplo, non é posíbel abrir unha conta corrente en galego. Analizamos se a aposta no idioma propio neste e outros bancos vai máis alá da publicidade, ou é pura mercadotecnia. Eis un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 263.

A CNMV non valida titulacións das universidades galegas

A CNMV non valida titulacións das universidades galegas

A CNMV publicou unha lista das titulacións que considera válidas para poder traballar nunha entidade financeira vendendo produtos, función que, segundo a CIG-Banca, realiza o 90% do persoal. As titulacións validadas pola Comisión, malia carecer de capacidade e competencias en materia educativa, “pertencen na súa maior parte a asociacións privadas" e non esán as universidades galegas

CIG insta a unha actuación “inmediata” da Xunta perante unha decisión que “invade as competencias educativas” galegas.

O prezo da imaxe de ‘bo xestor’ de Feijóo
Déficit

O prezo da imaxe de ‘bo xestor’ de Feijóo

O goberno de Alberto Núñez Feijóo optou por se financiar a través de bancos e fondos de investimento, con tipos de interese máis altos, e non mediante os mecanismos públicos. As preguntas, tamén en sede parlamentar, sobre cal é o sobrecusto desta decisión baten co silencio da Xunta. Outros cálculos cifran ese ‘custo de máis’ en 1.670 millóns de euros. Deixamos un extracto da reportaxe publicada no Sermos Galiza 260.

Como estafar os estafadores?
CRíTICA DE CINEMA DAS SEXTAS FEIRAS

Como estafar os estafadores?

O noso crítico de cabeceira debrúzase esta sexta feira sobre un filme que aborda o estourido do crack financeiro no corazón do mundo capitalista, A grande aposta.

A gran banca: o lucro que non cesa

Beneficios do 67% neste trimestre que se suman a un 2014 no que aumentaron un 35%. Gaños obtidos pola banca nun terreo de xogo no que estados e institucións dérono todo para que así fose. A costa de quen e o como contámoscho aquí.

#sermos144: a banca sempre gaña

#sermos144: a banca sempre gaña

Xa saíu do prelo o novo semanario. A gran banca e o lucro que non cesa, a maternidade na literatura, entrevistamos Agustín Fernández Paz, botamos un ollo a unha campaña electoral que arranca xa... todo isto e máis neste nº144, que podes adquirir na nosa loxa.

O diñeiro ruso será quen pague o resgate á banca internacional acordado por Bruxelas e Nicosia

O diñeiro ruso será quen pague o resgate á banca internacional acordado por Bruxelas e Nicosia

Acordo de última hora e de madrugada en Bruxelas entre a UE e Chipre. Os depósitos de menos de 100.000 euros ficarán indemnes, grazas á presión popular e ao voto contrario do Parlamento de Nicosia ás condicións do resgate. O acordado onte supón que o resgate a Chipre  -10.000 millóns de euros- será financiado basicamente polos depósitos superiores aos 100 mil euros. Na práctica, o que se resgatan son os bancos chipriotas e quen asumirá a parte do león da factura será o capital ruso investido na illa mediterránea.

A banca bota da casa 50 persoas ao día

A banca bota da casa 50 persoas ao día

O Consello xeral do poder xudicial contabiliza ao día 17 desafiuzamentos na Galiza, o que suporía unhas 50 persoas. Estímase que cada un afecta, de media, tres persoas. Entrementres os datos do goberno español din que no país hai 38 mil vivendas sen estrear