banco-santander
O Santander borra a identidade do Banco Pastor na Galiza
EXCLUSIÓN FINANCEIRA

O Santander borra a identidade do Banco Pastor na Galiza

O feche de oficinas que leva a cabo o Santander na Galiza e o cambio de denominación das sucursais eliminan as pegadas da que no seu día fora a segunda entidade bancaria galega, ao tempo que agrava o problema da concentración e exclusión financeira en moitos concellos. Eis un estrato da peza publicada no número 372 do semanario en papel Sermos Galiza 373.
“O goberno galego debe responder pola desaparición do Pastor”
Rosa Conde

“O goberno galego debe responder pola desaparición do Pastor”

A que foi segunda entidade en Galiza desaparece após case 250 anos de existencia, engulida polo Banco Santander. O Banco Pastor fica sen ficha bancaria propia nin sede social no país, reducido a unha simple marca comercial que tamén desaparecerá. Rosa Conde, delegada da CIG, advirte das consecuencias laborais, económicas e sociais desta desaparición.

OPINIÓN

Os bonos trampa do Santander

O Santander vén de lles ofrecer aos consumidores e pemes que mercaron na ampliación de capital do Popular da primavera do 2016 unha compensación a medio da entrega de bonos perpetuos pola mesma cantidade investida para os que investiron 100.000...