bancos
Abanca gañou 430 millóns de euros en 2018

Abanca gañou 430 millóns de euros en 2018

A entidade gañou desde 2014 máis de 2.600 millóns de euros. Novagalicia Banco fora vendida polo Goberno central por mil millóns de euros após destinar ao seu rescate máis de 9.000 millóns.

OPINIÓN

O desprestixio do cumio xudicial español

A recente decisión da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo (TS C-A) acordando por 15 maxistrados contra 13 voltaren á xurisprudencia anterior á súa sentenza do 16 de outubro e, xa que logo, atribuíndolle o pagamento do Imposto sobre as...

Exclusión financeira, a perda dun dereito básico

Exclusión financeira, a perda dun dereito básico

A propia Unión Europea advirte que é un dos problemas a facer fronte, a exclusión financeira. É dicir, a dificultade de persoas (e/ou territorios) no acceso a servizos e produtos financeiros no mercado xeral. Unha situación que xa afecta a milleiros de galegas e galegos nun mundo onde sen conta bancaria, non existes. Mesmo Wall Street Journal exemplificou o risco da exclusión financeira cunha reportaxe sobre o concello de Larouco. Eis un extracto da reportaxe publicada en Sermos Galiza 252.

“Os recortes nas pensións aumentarán a pobreza e beneficiarán os bancos”

“Os recortes nas pensións aumentarán a pobreza e beneficiarán os bancos”

Profesor, economista e sindicalista, Xabier Pérez Davila vén de publicar o libro A batalla polas pensións (1981-2013) (Estaleiro Editora), un volume  no que bota abaixo a falacia da crise do sistema de pensións que o PP converte en argumento para xustificar os recortes. Pérez Dávila sostén que o sistema é sólido e a reforma responde a intereses do capital financeiro. 

Pescanova, sen liquidez, opta polo xuíz antes que polos bancos

Pescanova, sen liquidez, opta polo xuíz antes que polos bancos

A multinacional de Chapela presentará o concurso de acredores en dez días. A súa liquidez para facer fronte a provedores e impostos é dunha semana, segundo fontes do consello. Hai preocupación por se o paso de Pescanova implica unha fervenza de preconcursos nas súas filiais

 

Continúa o corralito en Chipre: só 300€/día

Voltan a abrir hoxe os bancos chipriotas após 10 días de feche consecutivo. Mas o corralito non se levanta. As restricións para as retiradas de fondos mantéñense. Só se poderá tirar 300 euros en metálico ao día por persoa.

OPINIÓN

Bancos todos malos

Non deixa de ser simpático (por non dicir tráxico) a denominación esa, xa tan popular e asumida de "banco malo" para referirse ao resultado seica inevitable do proceso de metamorfose (ao máis literal xeito kafkiano) das antigas caixas (que dalgunha maneira eran de todos) nun banco malo (que vai ser duns poucos).