bandeira
De cando a bandeira soviética pisou a Lúa

De cando a bandeira soviética pisou a Lúa

20 de xullo de 1969. Non chegaban ás 22 horas (hora local) cando as televisións de todo o mundo retransmitían un feito histórico: o ser humano pisaba a Lúa. Mais a bandeira dos EUA non era a única que visitaba o satélite da Terra. Tamén o fixera a bandeira da URSS.

Novas denuncias a embarcacións galegas por non levar a bandeira española

Novas denuncias a embarcacións galegas por non levar a bandeira española

Baséase nun decreto de hai catro décadas polo que a enseña española ten que lucir nos barcos amarrados en porto nos festivos oficiais. Unha actuación que se une ás sancións impostas nestes anos a embacacións pesqueiras galegas por traballar dentro das rías sen levar en lugar ben visíbel a bandeira do Reino de España. 

 

O día en que a Nación de Breogán retornou aos estadios
Hai 40 anos, en Balaídos

O día en que a Nación de Breogán retornou aos estadios

O 4 de decembro de 1977, aínda aberta a coitelada de catro décadas de ditadura, os xogadores do Celta saltaban ao campo de Balaídos portando unha gran bandeira galega confeccionada para a ocasión nunha factoría de pantalóns. Ao tempo, soaba por megafonía Os Pinos, descoñecido para gran parte dos presentes. A primeira vez desde a II República que a simboloxía nacional regresaba a un estadio de fútbol. E facíao pola porta grande.

 

May axita a bandeira antiinmigración

May axita a bandeira antiinmigración

O discurso reaccionario que foi derrotado na segunda volta das eleccións presidenciais francesas apunta a triunfar, e por ampla marxe, nos comicios lexislativos do Reino Unido. O Partido Conservador, que defende restrinxir de maneira severa a inmigración, case duplica a intención de voto do Partido Laborista, aproximándose a un apoio popular do 50%. Escribimos sobre isto no Sermos Galiza 245. Eis un extracto.

Caxade coa Banda da Bandeira e Guadi Galego xuntos e ao vivo en Lugo 

Caxade coa Banda da Bandeira e Guadi Galego xuntos e ao vivo en Lugo 

Son dúas das propostas máis agardadas do verán. A xira de Guadi Galego presentando o seu novo traballo “Lúas de outubro e agosto” e o potente concerto de Caxade coa Banda da Bandeira que sube máis de sesenta músicos sobre o escenario. As dúas, en concerto esta quinta feira nos Xardíns da Deputación de Lugo. 

Caxade: “Tocar coa Banda de Bandeira é un soño cumprido”

Caxade: “Tocar coa Banda de Bandeira é un soño cumprido”

O sábado 6 no Culturgal a banda de Caxade subirá ao escenario cos sesenta músicos e músicas da Banda de Música da Bandeira Os temas de A Dança dos Moscas (Discos da Máquina) sentiranse doutra maneira, cunha sorprendente orquestración ao vivo que promove un dos artistas máis recoñecidos do actual panorama galego. Alonso Caxade fala da “grandiosidade” do encontro. 

OPINIÓN

A bandeira ergueita

Vilar Ponte sitúa como un elemento estratéxico para o nacionalismo nacente a necesidade de contar con medios de comunicación escritos en galego, centrados na Galiza e para a Galiza. Considera este feito tan transcendental como dotar o país de escolas e fai un chamamento a colaborar economicamente no mantemento do medio, aínda nacente.

1 de decembro: a bandeira azul e negra volve ás rúas, agora contra a impunidade

1 de decembro: a bandeira azul e negra volve ás rúas, agora contra a impunidade

O 1 de decembro fanse once anos da histórica manifestación que colapsou Compostela. A prensa internacional deu a cifra de 300.000 persoas. Unha maré humana (e de paraugas) exixiu a demisión dos responsábeis políticos do 'Prestige' e a declaración da Galiza como zona catastrófica. 1 de decembro é este domingo. Nunca Máis convoca protestos outravolta. Desta, para berrar contra a impunidade.

As estreleiras alentan a vitoria do Deportivo, que sae do descenso

As estreleiras alentan a vitoria do Deportivo, que sae do descenso

O segundo gol marcado por Nélson fixo estoupar Riazor. No partido das bandeiras, o trunfo do Deportivo convertiu o encontro nunha xornada memorábel. A cinco minutos de estar extendida a inmensa bandeira do tamaño dunha praza chegou tamén o agardado primeiro gol do Deportivo a Riazor. O trunfo dos branco-azuis, combinado coa derrota do Zaragoza perante o Athletic (1-2), deixa a equipa de Fernando Vázquez fóra do descenso.

"A Riazor, coa bandeira galega"

"A Riazor, coa bandeira galega"

A expectación do partido do Deportivo contra o Espanyol non estará só no campo. As miradas dirixiranse cara ás bancadas onde se agarda que luzan estreleiras en resposta ao veto que @s [email protected] padeceron en diversos campos, o máis recente en Valladolid. “A Riazor, coa bandeira galega” é o lema da convocatoria que apoian, entre outros, o BNG e Galiza Nova.