biografias
"Facer de Castelao unha estatua é un fracaso, había que baixalo á terra"
MIGUEL ANXO SEIXAS, BIÓGRAFO

"Facer de Castelao unha estatua é un fracaso, había que baixalo á terra"

Biografía dun construtor da nación é o título da máis extensa e profunda tentativa sistemática de pescudar na vida e na obra de Alfonso Daniel Manuel Rodríguez Castelao (Rianxo, 1886-Buenos Aires, 1950). O historiador Miguel Anxo Seixas (Arzúa, 1960) vén de depositala na Universidade de Santiago de Compostela como tese de doutoramento aínda pendente de lectura.

x