callon
Callón: “É necesario movérmonos porque Galiza esmorece como nación”
CANDIDATO áS PRIMARIAS DE IPU

Callón: “É necesario movérmonos porque Galiza esmorece como nación”

Se algo teñen en común Suso Díaz, Suso Seixo, Antón Lopo, Antón Losada, Narf, Valentim Fagim, Xosé Manuel Pereiro, Belén Tajes, Pilar Estévez ou Quico Cadaval é o seu apoio público á candidatura presentada por Carlos Callón ás eleccións primarias de Iniciativa pola Unión. Callón concorre a este proceso “porque Galiza esmorece como nación”.

Análise: sete frontes abertas na nova etapa da Mesa pola Normalización

Análise: sete frontes abertas na nova etapa da Mesa pola Normalización

A semana que comeza será histórica para A Mesa, xa que significará a derradeira de Carlos Callón na presidencia. Será substituído por Marcos Maceira, no que dalgún xeito significa unha nova etapa para unha asociación cun traballo máis que recoñecido pero tamén cuestións que encarar nos próximos anos.

Carlos Callón pon ponto final á súa etapa ao fronte da MNL

Carlos Callón pon ponto final á súa etapa ao fronte da MNL

O lingüísta e escritor Carlos Callón comunica mediante unha carta publicada nas redes sociais a súa despedida da presidencia da Mesa pola Normalización Lingüística despois de doce anos no cargo. O relevo producirase na asemblea do 26 de abril e a nova directiva será, segundo Callón, “de continuidade”. 

A TVG non informou da absolución de Callón até o día seguinte porque ''a noticia era a denuncia, non o veredicto''

A TVG non informou da absolución de Callón até o día seguinte porque ''a noticia era a denuncia, non o veredicto''

Di o director xeral da CRTVG que a televisión pública dedicou máis tempo a informar sobre a denuncia interposta polo xuíz Fraga Mandián contra Carlos Callón "porque iso o verdadeiramente interesante" e que non segue o blogue en que @s [email protected] do ente denuncian a manipulación "porque non teño por costume prestar atención a nada que sexa anónimo". Vídeos no interior.

Carlos Callón: “Que o día da lingua galega o PP dea o visto bo á lei da vergoña é repulsivo”

Carlos Callón: “Que o día da lingua galega o PP dea o visto bo á lei da vergoña é repulsivo”

A poucas horas de se ter celebrado a manifestación que o Día das Letras Galegas encheu a Praza da Quintana reclamando o dereito a vivir na nosa lingua, o presidente da Mesa pola Normalización Lingüística e voceiro de Queremos Galego, Carlos Callón, valora o éxito dunha convocatoria que pon á vista a vontade de defender o galego nun momento no que se está a cuestionar mesmo a súa oficialidade. 

Callón volve a xuízo e convida a Alonso Montero "para que coñeza a verdadeira situación do galego"

Callón volve a xuízo e convida a Alonso Montero "para que coñeza a verdadeira situación do galego"

Após ser absolto en virtude dunha sentenza definitiva, o presidente da Mesa sentará de novo no banco [email protected] [email protected] por terlle recriminado ao que foi xuíz decano da Coruña o seu incumprimento da Lei de Normalización lingüística ao declarar que "no tengo ningún rubor en usar la ilegalidad del topónimo La Coruña". O demandante recorreu a primeira resolución

Carlos Callón irá de maneira excepcional de novo a xuízo o próximo 10 de maio após ter sido absolto

Carlos Callón irá de maneira excepcional de novo a xuízo o próximo 10 de maio após ter sido absolto

Unha semana antes da manifestación do 17 de maio, o presidente da MNL terá que declarar de novo na Audiencia da Coruña pola súa defensa da Lei de Normalización Lingüística. Fora absolto da acusación presentada polo ex-xuíz decano da Coruña, Antonio Fraga Mandión por lle chamar a atención perante a súa afirmación de que utilizaba a “ilegalidad del topónimo La Coruña” sen rubor

A acusación pide 15.300 euros de multa para Callón por emendar un xuíz que utilizou La Coruña

A acusación pide 15.300 euros de multa para Callón por emendar un xuíz que utilizou La Coruña

Esta sexta tivo lugar na Coruña o xuízo contra o presidente da Mesa pola Normalización por lle reclamar ao que foi xuíz decano da cidade, Fraga Mandián, o incumprimento deliberado da Lei de normalización lingüística. A acusación pediu para Callón unha multa de 15.300 euros máis o custo do xuízo. O presidente da MNL cualifica o xuízo de "entre kafkiano e unha comedia de situación"
A Mesa reclama ao Parlamento o cesamento do Valedor
SÚMASE Á PETICIÓN DOS GRUPOS DA OPOSICIÓN

A Mesa reclama ao Parlamento o cesamento do Valedor

A Mesa pola Normalización Lingüística reclama ao Parlamento o cesamento inmediato de Benigno López, Valedor do Pobo xa que, ao seu ver “carece de rigor e credibilidade para continuar no cargo”.