campanas
26M: todo aberto nas cidades galegas
Eleccións municipais

26M: todo aberto nas cidades galegas

Da cita coas urnas do vindeiro 26 de maio sairán os novos gobernos locais. Todo fica aberto nas cidades galegas, cun PP moi á baixa e cun PSdeG que aspira a beneficiarse do tirón de Sánchez. O BNG amósase forte, con presenza en case todos os concellos galegos e após duplicar os seus votos nas xerais. As mareas están confiadas na Coruña, Santiago e Vigo, as únicas cidades onde acoden sen fragmentarse. No resto de urbes, un abano de candidaturas nadas da chamada confluencia competirán polos restos.

A Xunta gastará 3.800.000 euros en tres campañas publicitarias

A Xunta vai contratar unha campaña publicitaria da Consellaría de Sanidade de protección e promoción da saúde e informacións ao cidadán por 1.944.470 euros. Súmase ás novas contratacións   da campaña de Industria de 1.400.000 e a de promoción da natalidade de 331.656,00 euros. 

OPINIÓN

"As campanas tocan lonxe"

A obra de Rosalía de Castro aparece inzada de símbolos potentísimos, que percorren o tempo e parecen gañar vitalidade e significado á medida que as perspectivas que se suceden poñen a súa propia evolución na lectura daqueles extraordinarios textos literarios. A auga nas súas distintas formas, os paxaros, os cómaros, os prados, o aire, a luz, o lar, a terra, etc. deixan decontado o seu valor paisaxístico ou o seu toque de escena á acuarela para se meter nas raíces profundas da emoción atemporal, e para reflectir sentimentos colectivos moi antigos, para tomaren forma a través da palabra e converterse en cargas de consciencia.

A CTNL demanda que a Xunta paralice as campañas que descoidan o galego

A CTNL demanda que a Xunta paralice as campañas que descoidan o galego

“Pesca-de-rías”, “Cómete o mar”, “As mulleres, pilares de Galicia”, “Leite galega 100%”. A CTNL responde ao “desleixo” da Xunta no uso da lingua nas campañas publicitarias, solicita a paralización e reclama o coidado na calidade do idioma desde as administracións públicas.