carnota
“Non se pode presumir de lexislatura do rural e fechar unitarias”

“Non se pode presumir de lexislatura do rural e fechar unitarias”

A Xunta anunciou que para o vindeiro curso suprime 6 escolas unitarias e 67 unidades educativas. Dúas desas unitarias están en Carnota: Portocubelo e Viso. Os dous fillos de Iván Franco, veciño de Lira, estudaron na de Portocubelo: “Para o rural, cada vez menos servizos”, lamenta, en conversa con Sermos Galiza.

OPINIÓN

Onde está o límite da política?

Mañá confórmanse as corporacións municipais en toda Galiza. Este momento que debera ser memorábel por culminar a máxima expresión da vontade democrática, adoita ser cada vez máis polémico por pactos contra natura e sorpresas de última hora. Hoxe non vou falar diso, que ata...

A revolta de Carnota

A Asociación Monte Pindo Parque Natural lembra o acontecido no Castelo de San Xurxo, sito no Olimpo Celta, o único lugar do que se teña constancia que foi excomulgado pola igrexa católica. Aconteceu nos tempos de Xelmírez. 

Fiscalía pide ante o TSXG a imputación da deputada do PP Marisol Piñeiro

Fiscalía pide ante o TSXG a imputación da deputada do PP Marisol Piñeiro

Aprecia “indicios racionais de criminalidade” por contratar a dedo a unha traballadora durante a súa etapa no concello de Carnota, onde foi tenente de alcalde. O rexedor nesa etapa, José Oreiro, tamén podería ter que sentarse ante o xuíz após unha demanda que impulsou o actual goberno nacionalista da vila costeira.

Denuncian a desidia da Xunta no desastre agrícola do incendio de Carnota

Denuncian a desidia da Xunta no desastre agrícola do incendio de Carnota

Dez días despois de que o incendio arrasara o Pindo e varias aldeas de Carnota, diversas entidades de produción agrícola e de xestión comunal do monte esixen á Xunta que actúe con urxencia para paliar o desastre. A Cooperativa de Agricultura Rainha Lupa continúa sen teléfono, as comunidades de montes reclaman actuacións de contado e Adega a declaración de zona catastrófica. 

Patricia Carnota:“Aínda hai xente que está a descubrir que ten cartos en preferentes”

Patricia Carnota:“Aínda hai xente que está a descubrir que ten cartos en preferentes”

Unha boa parte da súa familia está afectada pola estafa. Sen ela o saber, os aforros de Patricia Carnota -mesmo a indemnización por despido- foron dar en preferentes e subordinadas e só soubo que estaba afectada cando no fin do 2011 precisou dos cartos e quixo recuperalos. Agora é unha das persoas máis activas da plataforma de persoas afectadas de Compostela.