carolina-bescansa
Bescansa presenta a súa candidatura sen apenas referencias a Galiza
“Garantía de que non haberá bloqueo”

Bescansa presenta a súa candidatura sen apenas referencias a Galiza

A ex deputada de Podemos Carolina Bescansa, candidata pola Coruña do proxecto político de Íñigo Errejón, presentou este 12 de outubro a súa candidatura na Illa de Arousa. Mais a mensaxe principal que transmitiu apenas se referiu a Galiza e dedicouna a enxalzar Más País “como a única ferramenta capaz de garantir que non haxa bloqueo logo das eleccións”.
"Grazas a todos": Carolina Bescansa deixa o Congreso

"Grazas a todos": Carolina Bescansa deixa o Congreso

Carolina Bescansa anunciou esta sexta feira que deixará seu escano no Congreso no primeiro trimestre de 2019, cando conclúan os traballos das comisións parlamentares das que fai parte. Unha decisión que anuncia apenas un días despois da súa derrota nas primarias para...

OPINIÓN

Gaña Pablo Iglesias en Podemos Galicia

Votar Carolina Bescana nas primarias de Podemos Galicia era tanto como votar contra o secretario xeral do partido no estado e, retórica da Nova Política á marxe, Podemos ten un funcionamento bastante próximo á cultura tradicional da esquerda. Un...

Gómez Reino imponse nas primarias de Podemos Galicia
Vitoria do candidato de Pablo Iglesias fronte a Carolina Bescansa

Gómez Reino imponse nas primarias de Podemos Galicia

NOTICIA ACTUALIZADA. A pesar de que a organización aínda non o comunicou oficialmente, Antón Gómez-Reino é o claro gañador das eleccións primarias en Podemos Galicia, ao derrotar a Carolina Bescansa. Tone obtivo 54,98 por cento do voto face 45,02 por cento da politóloga compostelá, de acordo con datos filtrados por unha fonte do partido morado á axencia Efe. Gaña Gómez Reino e gaña tamén Pablo Iglesias, que deste xeito volta a inflixir unha derrota ao sector crítico, desta volta representado pola súa antiga aliada e cofundadora da organización.

“Non é posíbel afrontar os retos de Galiza desde Madrid”
Carolina Bescansa, aspirante á Secretaria Xeral de Podemos na Galiza

“Non é posíbel afrontar os retos de Galiza desde Madrid”

Despois de renunciar a ocupar a Secretaría Xeral de Podemos Galicia após ser proposta por Pablo Iglesias para o cargo, Carolina Bescansa (Compostela, 1971) deu o paso adiante e aspira a liderar na Galiza a formación política da que é fundadora. A tamén deputada de Podemos no Congreso admite sentirse ilusionada e convida as persoas inscritas a participar das votacións. Eis un extracto da entrevista publicada no número 319 de Sermos Galiza.

"Carolina estivo desde o minuto un implicada coa organización na Galiza"
Carmen Santos, secretaria xeral de Podemos

"Carolina estivo desde o minuto un implicada coa organización na Galiza"

Carmen Santos (Porto do Son, 1981) é secretaria xeral de Podemos na Galiza desde 2016, cargo ao que renuncia no proceso asemblear en que está sumido o partido. A principal valedora de Carolina Bescansa, que pugna con Antón Gómez-Reino por dirixir a formación morada, afirma que deixa a Secretaría Xeral, que require de moito traballo interno, para se centrar no ámbito institucional.

Bescansa pide decidir entre vender leite ou apostar en "elaborar produtos que podan competir por calidade"
Primarias Podemos Galicia

Bescansa pide decidir entre vender leite ou apostar en "elaborar produtos que podan competir por calidade"

"Temos que decidir se queremos resignarnos a seguir vendendo leite; ou se apostamos por elaborar produtos que podan competir por calidade mais alá dás nosas fronteiras”, dixo Carolina Bescansa este sábado na Coruña no acto que serviu de pórtico á súa campaña nas primarias de Podemos Galicia. O seu rival é Antón Gómez-Reino, o congresista que dispón do apoio de Pablo Iglesias.

OPINIÓN

Podemos, sempre en crise

Non acredito que sexa un rasgo da nova política (se é que tal artefacto existe), mais eis os temos outravolta, a conspiraren contra si propios nunha escuridade relativa (rachada por un efémero e sospeitoso desliz en Telegram, a rede de comunicación favorita...