catedral
Roubos e sexo na Catedral de Compostela

Roubos e sexo na Catedral de Compostela

Fernández Castiñeiras, o autor confeso do roubo do Códice Calixtino da Catedral, presentou unha declaración de quince páxinas no Xulgado nº 2 de Compostela na que denuncia relacións sexuais e roubos. O xuíz restou credibilidade ao documento e o Cabido pensa presentar denuncia.
Catedral de Santiago S.A.

Catedral de Santiago S.A.

Levantado o segredo do sumario na investigación ao redor do roubo do Códice calixtino, coñeceuse a declaración de M.F., único detido por estes feitos. Segundo dixo, o roubo foi pactado co deán co obxectivo de lle dar publicidade ao manuscrito, que pasou un ano enteiro en paradoiro descoñecido até dar con el nun garaxe do Milladoiro e lucido despois nunha exposición aberta ao público en que recibiu, en oito días, máis de 12 mil visitas. Para alén das responsabilidades do ex traballador M.F., o acontecido co Calixtino pide a berros unha investigación económica en profundidade, pois a catedral conta con ingresos millonarios que non declara.
Feministas 'okupan' a Catedral de Santiago pola liberdade das Pussy Riot

Feministas 'okupan' a Catedral de Santiago pola liberdade das Pussy Riot

Seis mulleres da Rede feminista galega colocan unha faixa en apoio ás tres integrantes da banda punk condenadas a dous anos de cadea após cantaren Nai de deus, líbranos de Putin na principal catedral ortodoxa de Moscova. Din as activistas que a sentenza responde a ''motivos políticos'' e exixen a liberdade das músicas
Catedral, demagogo de pedra

Catedral, demagogo de pedra

A Catedral de Santiago conta con ingresos millonarios que non declara. O roubo do Códice Calixtino abre a porta ao que debería ser unha investigación económica en profundidade por parte das autoridades.
x