catro
O que queda tras catro anos de Rajoy
A FONDO

O que queda tras catro anos de Rajoy

Repasamos a fondo o que deron de si os catro anos de Mariano Rajoy á fronte do Goberno español, coa incerteza de se haberá continuidade ou cambio após os resultados do 20D. Xa á venda na nosa loxa.

O Pontevedra remonta e volve a 2ªB

Venceu en Pasarón o partido de volta da eliminatoria de ascenso contra o Haro (3-0) e retorna á categoría de bronce, que contará esta tempada con seis equipos galegos.

Catro citas para sentir “vertixe sonora”

Catro citas para sentir “vertixe sonora”

O ciclo de música contemporánea Do Audible, dirixido por Vertixe Sonora Ensemble, bota a andar na Coruña cun programa sobre as cidades invisibles. Lugo, Pontevedra e Lalín acollerán as outras citas nas que a música dialoga co pensamento, a arte e a ciencia. 

OPINIÓN

Catro cantigas a Euskal Herria

Un xa entrou na melancolía da “vellice”, como dicía Guerra da Cal, e cada vez pasan o adral da temporalidade para ingresar no reino da eternidade máis amigos e amigos e amigas da república das letras e da soberanía do idioma, Cesáreo ben dixit. 

Rianxo homenaxea a Manuel Antonio en catro singraduras

Rianxo homenaxea a Manuel Antonio en catro singraduras

“De catro a catro: catro singraduras en honra de Manuel Antonio” é o título do programa co que o Concello de Rianxo homenaxea neste mes de marzo ao seu poeta, ao se cumpriren oitenta anos da homenaxe popular que se proxectou en 1935. 

Cincuenta e catro finalistas optan aos Premios da Música

Cincuenta e catro finalistas optan aos Premios da Música

O vindeiro 17 de decembro entregaranse en Pontevedra as estatuiñas da segunda convocatoria dos Premios Martín Códax da Música aos que optan 54 finalistas que se deron a coñecer nunha festa en Cambados. O único garantido é o Premio Honorífico á banda de rock progresivo N.H.U. 

Catro días para se atopar coa historia propia en Foz

A Asociación A Pomba do Arco rencóntrase co pasado de Foz e a Mariña na XIX edición das xornadas que cada ano revisa o seu propio pasado. Teatro, conferencias e documentais os días 28, 29, 30 e 31 de xullo ás 20.30 horas.

OPINIÓN

Protestan "catro tolos que van tirar pedras"

As afirmacións da señora conselleira de Medio Rural e Mar, tratando ás mobilizacións dos mariñeiros do cerco de “catro tolos”, reflicte claramente o control absoluto e a soberbia que ten o PP sobre o sector.

Catro persoas do entorno de Martiño Noriega dimiten da Permanente de Anova

Catro persoas do entorno de Martiño Noriega dimiten da Permanente de Anova

Antón Dobao, Mar Blanco, Xiana López e Xurxo Martínez González son as novas dimisións que rexistra a Comisión Permanente de Anova-Irmandade Nacionalista, despois de que onte se dera a coñecer a baixa de Martiño Noriega. As catro persoas que asinan a carta remitida ao responsábel de organización de Anova forman parte do entorno do alcalde de Teo. 

A Xunta dá 'un portazo' a catro das alcaldías que exixen a revogación do re-pagamento

A Xunta dá 'un portazo' a catro das alcaldías que exixen a revogación do re-pagamento

Os alcaldes de San Sadurniño, Allariz, Riotorto e Ribadeo -todos eles do BNG- acudiron esta cuarta feira aos edificios administrativos da Xunta para se reunir con Alberto Núñez Feijóo. As forzas de seguridade impedíronlles o acceso por orde da Presidencia alegando que non solicitaran a xuntanza. Os alcaldes anunciaron que visitarán semanalmente o presidente até que a Xunta decida non aplicar o decreto en Galiza e chaman a cidadanía a se mobilizar contra esta medida.

Otegi: catro anos preso, cero motivos

Otegi: catro anos preso, cero motivos

Arnaldo Otegi cumpre este mes de outubro catro anos preso. Este sábado unha manifestación en Elgoibar, a súa vila natal, pedirá a súa liberdade. Unha petición que roza a unanimidade nunha sociedade tan heteroxénea politicamente como a vasca.

Fernández de Sousa tentou evadir catro millóns a unha conta de China

Fernández de Sousa tentou evadir catro millóns a unha conta de China

A través dunha conta en Portugal, Fernández de Sousa e a súa muller querían transferir catro millóns de euros a un banco da China. Ao coñecer o intento de evasión, o xuíz Eloy Velasco bloqueou todas as contas a nome do ex-presidente de Pescanova e a súa muller. A operación, que se ía desenvolver seis días despois de admitirse a primeira denuncia contra de Sousa, foi abortada polas autoridades lusas.