ccoo
A folga en Renfe acada o 70% de seguimento cuns servizos mínimos que cualifican de “abusivos”
Denuncian incumprimento do convenio

A folga en Renfe acada o 70% de seguimento cuns servizos mínimos que cualifican de “abusivos”

Cifran en máis dun 70% o seguimento da folga en Renfe convocada por Comisións Obreiras para esta segunda feira 15 de xullo co obxectivo de denunciar os incumprimentos da empresa sobre o convenio. Segundo informa a sección ferroviaria de CCOO na Galiza, o paro foi secundado de maneira maioritaria polo persoal “con posibilidade de facer folga”, e denuncian o estabelecemento duns servizos mínimos “abusivos”.

CCOO reduce a súa maioría en Navantia e a CXT irrompe con 3 representantes
Eleccións sindicais

CCOO reduce a súa maioría en Navantia e a CXT irrompe con 3 representantes

As eleccións sindicais en Navantia deixan, atendendo o cómputo xeral entre o corpo técnico e especialista dos centros de Ferrol e Fene, un resultado en que CCOO fica como sindicato maioritario a pesar de retroceder no seu liderado, perdendo 2 representantes. A CIG déixase 2 tamén e a CXT dá a sorpresa pasando de 0 a 3.

“As traballadoras e traballadores de Citroën non podemos soportar máis esta situación”
Manuel Domínguez, sindicalista da CIG

“As traballadoras e traballadores de Citroën non podemos soportar máis esta situación”

Representantes da CIG, CCOO e UXT iniciaron esta segunda feira un feche indefinido nas oficinas da dirección da factoría PSA en Vigo. Os sindicatos levan tempo denunciando a sobrecarga de traballo e ritmos na liña de montaxe na planta viguesa sen que desde a dirección se dea unha resposta ou comprometan a estudar solucións. Falamos con Manuel Domínguez, da CIG, unha das persoas que toman parte no feche. “A dirección ten que asumir que o que pasa en Citroën non é broma”

Os sindicatos chaman a clase traballadora a se mobilizar co voto
As eleccións a ollos dos secretarios xerais de CIG, CCOO e UXT

Os sindicatos chaman a clase traballadora a se mobilizar co voto

A precariedade laboral, o desemprego, a perda de poder adquisitivo e o retroceso en dereitos sociolaborais son problemáticas que afectan de maneira crucial a maioría social galega no seu día a día. Falamos sobre a importancia das eleccións para a clase traballadora galega cos secretarios xerais dos tres principais sindicatos na Galiza: CIG, CCOO e UXT.

Un 10 de marzo para avanzar
DÍA DA CLASE OBREIRA GALEGA

Un 10 de marzo para avanzar

Como un cordón umbilical, o 10 de marzo deste 2019 conecta con aquel 10 de marzo de 1972 que forxou o Día da Clase Obreira Galega. Case medio século no que a clase traballadora se reclama como un suxeito protagonista na historia deste país.

CIG insta a camiñar cara a unha folga xeral en defensa das pensións públicas
Manifestacións en toda Galiza

CIG insta a camiñar cara a unha folga xeral en defensa das pensións públicas

Contáronse por milleiros as persoas que este domingo, 15 de abril, saíron á rúa en toda Galiza para reclamaren unhas “pensións dignas para hoxe e mañá” nas perto de 40 mobilizacións convocadas, por unha banda pola CIG, e pola outra por UXT e CCOO, sindicatos que aprobaran en 2011 a reforma que implicou o atraso na idade de xubilación ou a restrición ás xubilacións anticipadas.

O trienio dun conselleiro vale duplo

O trienio dun conselleiro vale duplo

O sector da Administración autonómica de CCOO critica que os trienios dos conselleiros sexan o duplo dos correspondentes aos grupos funcionariais de referencia. Un funcionario ou funcionaria do grupo A1 precisaría vinte...

1 DE MAIO

CCOO e UGT cargan contra as políticas antisociais do PP

CCOO e UGT congregaron milleiros de persoas nas mobilizacións que convocaron nas cidades do país. Á principal, que tivo lugar en Vigo, asistiron os responsábeis de ambos os sindicatos na Galiza, Xosé Manuel Sánchez Aguión e José Antonio Gómez, respectivamente.

UGT e CCOO esixen nas rúas “emprego de calidade”

UGT e CCOO esixen nas rúas “emprego de calidade”

Cos datos da EPA como pano de fondo e as case trescentas mil persoas desempregadas na Galiza, UGT e CCOO saíron ás rúas nestes primeiro de maio co lema “sen emprego de calidade non hai recuperación”. Milleiros de persoas xuntáronse nas nove manifestacións convocadas polas dúas centras sindicais estatais na Galiza. 

O sector crítico pide a Toxo que cese o representante de CCOO que votou a reforma de pensións ou que demita

O sector crítico pide a Toxo que cese o representante de CCOO que votou a reforma de pensións ou que demita

Miguel A. García Díaz, responsábel do gabinete de economía do sindicato, avalou a proposta de reforma pois entende que cómpre garantir unha “forte solidariedade” entre xeracións. A decisión xerou un gran malestar dentro mesmo de Comisións Obreiras, onde Agustín Moreno, un dos rostros máis coñecidos [email protected] crí[email protected], exixiu o cese do experto

Ferrol irá o 12 de xuño a unha folga xeral convocada por CIG, CCOO, UGT e USTG

Ferrol irá o 12 de xuño a unha folga xeral convocada por CIG, CCOO, UGT e USTG

Os sindicatos CIG,CCOO, UGT e USTG convocan á comarca de Ferrolterra a unha folga xeral o próximo día 12 de xuño en resposta á situación “de emerxencia total” que están a padecer e na procura dun futuro digno para a comarca.”Ferrol esixe solucións” é o lema da manifestación que sairá ás 12 desde o Inferniño. 

CIG, CCOO e UGT consideran a folga unha xornada histórica

CIG, CCOO e UGT consideran a folga unha xornada histórica

Sermos Galiza fala cos secretarios xerais das tres centrais sindicais maioritarias para valorar o seguimento que está a ter a Folga Xeral en Galiza. Os tres coinciden en sinalar a resposta social como "histórica" e maior que noutras convocatorias. Aliás, instan ao goberno galego e español a recuar nas súas políticas pois din, "senón continuaremos a nos mobilizar"