censura
Pintadas pola liberdade nun baño público
Liberdade de expresión

Pintadas pola liberdade nun baño público

Esculca reivindica a liberdade de expresión, agora si. O acto convocado para o 21 de setembro, suspendido polas malas condicións meteorolóxicas, celebrarase finalmente o día 12 de outubro en Compostela, na praza do Toural, ás 12 horas.

Educación censura unha exposición de poesía escolar en Cedeira
Segundo as organizadoras da mostra

Educación censura unha exposición de poesía escolar en Cedeira

A raíz dunha “delación anónima”, sinalan desde a Coordinadora da Biblioteca Escolar Punta Candieira, de Cedeira, que defende a “liberdade de expresión” e a libre “creatividade” do alumnado. O verso "Odio España" nun dos poemas podería ser o que motivou a decisión, recoñecen desde a organización.

OPINIÓN

A prohibición da sátira no entroido como delito contra o patrimonio

Cada vez que chega o Entroido hai problemas co tema da sátira pero, ultimamente, estes ataques ás licenzas do Entroido estanse radicalizando e levando a xente, incluso, aos tribunais. O debate está na rúa, ou nos medios, que non sempre é o mesmo. Mais penso que se erra na...

"Se España non é unha ditadura paréceselle bastante"
Santiago Sierra, autor da obra censurada en ARCO

"Se España non é unha ditadura paréceselle bastante"

O público non pode ver xa nos corredores do recinto IFEMA a obra "Presos políticos na España contemporánea", censurada na Feira Internacional de Arte de Madrid. Entre os rostos que aparecían fotografados está o do independentista galego Carlos Calvo.

A Xerencia do Hospital de Vigo censura os cartaces que critican a asistencia

A Xerencia do Hospital de Vigo censura os cartaces que critican a asistencia

A Xerencia da Área Sanitaria de Vigo vén de enviarlles unha circular a todos os xefes e xefas de servizo e de unidade e aos supervisores e supervisoras na que se lles advirte que expedientará os traballadores e traballadoras, e os seus superiores, que colguen cartaces que cuestionan a asistencia no novo hospital.

O goberno de Boimorto responsabiliza ao PP da moción de censura
VOTARASE O VINDEIRO DíA 14

O goberno de Boimorto responsabiliza ao PP da moción de censura

A vindeiro día 14 votarase a moción de censura apoiada polos concelleiros do PP xunto cun tránsfuga que se presentara polo PSOE que botará abaixo o goberno presidido por Xosé Luís Rivas, Mini (BNG). O alcalde responsabiliza ao PP da que será a primeira moción despois do 24M, a menos de cen días das eleccións. 

Críticos de Anova denuncian seren albo de "censura" nas primarias para Europa

Críticos de Anova denuncian seren albo de "censura" nas primarias para Europa

A tensión non decrece en Anova. Dous candidatos nas primarias para as europeas afirman que a súa comunicación á militancia foi submetida a "censura". Luís Eyré Palleiro denuncia a amputación parcial do documento en que formaliza a súa candidatura por parte do aparato da organización. Anova-Irmandade Nacionalista mudou o documento de candidatura de Xosé Miguel B. Rodríguez após facerse eco Sermos Galiza da denuncia de censura. 

“Nin o Papa se libra da censura na TVG”

O blog 'Eu non manipulo' pon a escasa cobertura das declaracións de Francisco I nas que afirmaba que “nunca fun de dereitas” como exemplo da tesoura que se aplica na canle galega.

'La Voz' censura que o poema inédito de Rosalía viu a luz nas páxinas de 'Sermos Galiza'

'La Voz' censura que o poema inédito de Rosalía viu a luz nas páxinas de 'Sermos Galiza'

Foron moitos os xornais que na internet se fixeron eco da publicación en exclusiva dun poema de Rosalía de Castro no nº44 do noso semanario. Todos citaron a fonte orixinal da información e ningún reproduciu os versos. O diario fixo á inversa: copiou liña a liña o poema e non explicou nin onde foi publicado, en Sermos Galiza, nin quen é Francisco Rodríguez, autor da descuberta.

O alcalde de Ponteareas négase a dimitir e insta á moción de censura

O alcalde de Ponteareas négase a dimitir e insta á moción de censura

A reprobación do rexedor (PP) saíu adiante nun pleno extraordinario celebrado esta quinta feira. González Solla seguirá a gobernar en minoría, agora sen ningún apoio, entrementres o PSOE e independentes están de acordo nun novo goberno con rexedor nacionalista, ao ser o BNG o partido máis votado
Dous anos de cadea para tres das Pussy Riot

Dous anos de cadea para tres das Pussy Riot

A revolta e o punk son perigosos para as autoridades. Cando o grupo feminista Pussy Riot cantou na catedral ortodoxa de Cristo Redentor, en Moscova "Nai de Deus, líbranos de Putin", o pasado 21 de febreiro, activaron os mecanismos represores do goberno ruso. Hoxe coñeceuse a sentenza.

PCP anuncia moção de censura ao Governo

PCP anuncia moção de censura ao Governo

O Secretário-Geral do Partido Comunista Português anuncia na Assembleia da República que o PCP vai avançar com uma moção de censura ao Governo “contra o desastre económico do país”
AGROCIDIO

As mensaxes contra as fumigacións 'evapóranse' do Facebook da Xunta

O Goberno galego estende a pouta da censura á súa páxina oficial na rede social e elimina boa parte das 'recomendacións' que a cidadanía lle fixo chegar, exixindo a retirada da autorización para fumigar 350.000 hectáreas, moitas delas protexidas pola Rede Natura. A plataforma Fumigacións non! vén de deseñar un mapa no que se ve o alcance da acción. Son en total 69 áreas de 8 quilómetros de diámetro cada unha, distribuídas en terras da Coruña --40 localizacións--, Pontevedra --28 localizacións-- e Lugo --1 localización--