ciencia
Animais extraordinarios percorren o mundo
Álbum ilustrado sobre especies migrantes

Animais extraordinarios percorren o mundo

“A vida dos animais salvaxes non é fácil”, abre as súas páxinas Viaxeiros, o álbum ilustrado en que o biólogo Xulio Gutiérrez e o debuxante Nicolás Fernández investigan para divulgar “as especies que viaxan para sobrevivir”. Volume de gran formato, con detallistas debuxos e información contrastada, “reúne a experiencia migratoria” do lemming e da tartaruga boba, do salmón e das bolboretas monarcas.
 

"Se queremos entender o mundo en que vivimos, temos que saber de ciencia"
Iria Veiga, psiquiatra, estrea sección en Sermos Galiza

"Se queremos entender o mundo en que vivimos, temos que saber de ciencia"

Iria Veiga é médica psiquiatra no Hospital do Barbanza. Desde o blog O outro lado do espello, contribúe a divulgar a ciencia. Precisamente, con ese obxectivo nace "Po de estrelas", unha sección mensual coa que nos acompañará no semanario Sermos Galiza.

Da balea azul ao musaraño pigmeo de dentes brancos
Versión galega de 'Recordes dos Seres Vivos'

Da balea azul ao musaraño pigmeo de dentes brancos

É unha emblemática obra do chamado xénero do infotenimento: “Informaçom [rigorosa] + entretenimento [formativo]”. Nas súas páxinas habitan os máis prodixiosos seres vivos, da descomunal balea azul (30 metros de lonxitude) ao musaraño de dentes brancos pigmeo, 750 veces máis pequeno. Recordes dos Seres Vivos, por primeira vez en lingua galega, ofrece anécdotas, sorpresas e curiosidades sobre o mundo natural.
 

O físico Jorge Mira traduce ao galego o clásico de Stephen Hawking sobre o tempo
A USC publica 'Unha breve historia do tempo'

O físico Jorge Mira traduce ao galego o clásico de Stephen Hawking sobre o tempo

Hai un punto en que a física parece atoparse coa especulación case filosófica. É nese territorio híbrido onde o célebre científico Stephen Hawking (Oxford, 1942 – Cambridge, 2018) escribiu o seu libro máis popular, Unha breve historia do tempo. Jorge Mira (Baio, 1968), físico, comunicador científico e catedrático da Universidade de Santiago, ofrece agora a versión galega da obra.
 

“Por ser muller sempre tes que estar demostrando que vales e iso resulta esgotador”
Ana Xesús López/Sermos271

“Por ser muller sempre tes que estar demostrando que vales e iso resulta esgotador”

Doutora en Ciencias Físicas pola USC, Ana Xesús López é profesora da Área de Enxeñaría Mecánica da UDC e forma parte do Laboratorio de Aplicacións Industriais do Láser (LAIL). Desde 2012, é a directora da Oficina para a Igualdade de Xénero da UDC, que vén de aprobar un regulamento interno que recoñece o dereito á identidade de xénero, ao permitirlle ao estudantado empregar o nome que decida. Desde decembro de 2015, é a presidenta da Asociación de Mulleres Investigadoras e Tecnólogas (AMIT) de Galiza. Conversamos con ela sobre ciencia e xénero. Eis un extracto da entrevista publicada no Sermos Galiza 271.

A teoría da relatividade, en galego

A teoría da relatividade, en galego

Cen anos despois da publicación desta obra que revolucionou o mundo científico, publícase en galego grazas ao Consello da Cultura a 'Teoría da relatividade' de Albert Einstein

“A ciencia tamén é cultura galega”
MARILAR ALEIXANDRE, ESCRITORA

“A ciencia tamén é cultura galega”

Marilar Aleixandre vén de ser elixida como coordinadora de Compostela Aberta e tamén proposta para entrar na RAG. Entrevistámola un 8 de marzo no que nos recorda que ese día “146 persoas (123 mulleres) morreron nun incencio nunha fábrica de Nova York” e no que chama a lembrar que “hai moitas rapazas que traballan no téxtil no terceiro mundo e deberiamos pensar niso ao mercar roupa”. 

“A ciencia ten micromachismos e machismos non tan micro”
IOLANDA CASAL, COORDENADORA DO NOVO AFONDO

“A ciencia ten micromachismos e machismos non tan micro”

Din que a ciencia é obxectiva mais non o son os procedementos e prexuízos que marxinan as científicas na súa carreira investigadora. Ás científicas galegas vai dedicado a nova entrega do A Fondo, que volta esta quinta feira 3 de setembro após as ferias de verán.

A Rosalía da patria e a xustiza social festéxase en Bonaval

A Rosalía da patria e a xustiza social festéxase en Bonaval

Os versos e o pensamento de Rosalía baten forte para demandar dereitos sociais e nacionais. Os seus poemas convertéronse de novo na voz poderosa que se pon á beira de quen sofre e contra quen detén o poder. O Día de Rosalía festexouse con forza reivindicativa na homenaxe que a AELG lle dedicou no Panteón de [email protected] Ilustres.
Chega xa o Día de Rosalía máis colectivo

Chega xa o Día de Rosalía máis colectivo

Colectivos sociais, concellos e centros de ensino prepáranse para conmemorar o máis multitudinario Día de Rosalía. A Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) botou a andar unha convocatoria colectiva que terá o seu acto máis solemne o día 24 en Bonaval. A república das letras pídelle á cidadanía que se agasalle cun libro e unha flor no Día de Rosalía.
A asociación que promove “a rebelión lectora”

A asociación que promove “a rebelión lectora”

Desde clubs de lecturas a conta-contos, desde sentadas lectoras a cumprelibros, desde noites na bibliotecas a magostos literarios. Espazo Lectura fai esta semana cinco anos desde que se constituíu coa única idea de animar a ler.

Galiza, á cola de Europa en I+D

Galiza, á cola de Europa en I+D

Así o amosan os datos que o grupo de investigación en Análise Territorial vén de presentar en Dinamarca. Os indicadores, que comparan o investimento en I+D en diversas partes de Europa, amosan unha correlación clara entre máis esforzo en I+D  e mellor resistencia á crise.
A lei Sinde obriga a oito webs a retirar contidos

A lei Sinde obriga a oito webs a retirar contidos

Apenas medio mes despois de que o Tribunal Supremo rexeitara suspender a aplicación da Lei Sinde, o control e censura de contidos comeza aplicarse con toda a forza que lle dá a nova norma. Oito páxinas webs teñen 48 horas para eliminar as ligazóns consideradas ilícitas.

Comeza o Xuventude Galiza Net

Comeza o Xuventude Galiza Net

A maior ‘Lan-party’ da Galiza celébrase no Pazo de Congresos e Exposicións en Compostela até o domingo. Nesta edición farase énfase na formación, a creación de empresas, as oportunidades de traballo baseadas nas novas tecnoloxías e a procura activa de emprego.
x