ciudadanos
O PPdeG exterioriza a súa preocupación polo ascenso de Cs
Primeiros ataques directos

O PPdeG exterioriza a súa preocupación polo ascenso de Cs

Se atacas unha forza política é que lle concedes status de rival, é que a ves con opcións de facerte dano. Até agora a táctica do PPdeG con Cs era a do ninguneo. Mais entramos noutra fase, caracterizada polo avanzo demoscópico da escadra de Albert Rivera. Miguel Tellado desenfundou esta sexta feira contra a formación laranxa: "É populismo de direitas".

OPINIÓN

Plurinacionalide? A importancia de ser exemplo...

O taboleiro político no estado ten virado considerablemente nos últimos anos. Pouca xente pensaría que estariamos a día de hoxe con catro partidos de ámbito estatal cunha penetración como a que teñen, nunha sociedade...

PP, PSOE e Ciudadanos impiden a investigación sobre o accidente de Angrois
Vetan o debate

PP, PSOE e Ciudadanos impiden a investigación sobre o accidente de Angrois

A comisión de investigación sobre o accidente ferroviario que tivo lugar en Angrois o 24 de xullo de 2013 segue a ser unha entelequia. Desta vez, PP, PSOE e Ciudadanos impediron na Mesa do Congreso que a Xunta de Portavoces poida poñer data ao debate plenario dunha comisión que investigue os feitos.

OPINIÓN

A abstención como síntoma

É certo que as enquisas perderon moito prestixio despois do seu fracaso nos prognósticos das eleccións nos Estados Unidos e nos referendos no Reino Unido, en Colombia e Italia. Mais non se debería esquecer que marcan tendencias. Algunhas son de...

Ciudadanos xa di estar disposto a negociar con Feijóo
Eleccións galegas

Ciudadanos xa di estar disposto a negociar con Feijóo

O portavoz de Ciudadanos na Galiza, Javier Sánchez Agustino, amosouse xa a estas alturas partidario de negociar con Alberto Núñez Feijóo após as eleccións galegas do outono. A formación liderada por Albert Rivera elixirá, nas próximas semanas, o seu candidato ou candidata.

Amplo rexeitamento no seo de En Marea a apoiar un Goberno PSOE-Ciudadanos
Votaron dúas mil persoas

Amplo rexeitamento no seo de En Marea a apoiar un Goberno PSOE-Ciudadanos

En Marea deu a coñecer na mañá do sábado os resultados da consulta telemática para definir a súa posición dentro do grupo parlamentar de Podemos a respeito do acordo PSOE-Ciudadanos. Máis do 95% das persoas votantes rexeitaron apoiar un Goberno presidido por Pedro Sánchez e baseado no pacto con Ciudadanos.

ESTA SEGUNDA FEIRA áS 12H NA NAVE DE VIDáN

Ciudadanos declina ir ao debate de Sermos após admitir que non ten propostas para Galiza

Após recoñeceren nunha entrevista que carecen de propostas electorais para Galiza, Ciudadanos informou a Sermos Galiza de que non participará no debate. O PP, pola súa banda, comunicou a ausencia de Marta González, a candidata confirmada pola formación política a pasada. Á hora de edición desta noticia non comunicaron quen vai asistir no seu lugar.

O bipartidismo duplicado: PP/Ciudadanos e PSOE/Podemos

O bipartidismo duplicado: PP/Ciudadanos e PSOE/Podemos

España tiña un Rei (Juan Carlos I) e agora ten dous (Juan Carlos I e Felipe VI). Analogamente, podemos dicer que España tiña un sistema político bipartidista e agora vai ter un sistema político bipartidista duplicado. Transitoriamente, claro. Ben, na historia todo é transitorio. Menos mal: iso nos dá esperanzas de que, con efeito, algún día podamos producir algunha transformación real, val dicer, revolucionaria.

OPINIÓN

A vella política de “Ciudadanos”

O proceso de selección de candidatos levado adiante polo novo partido “Ciudadanos”(C´s) en Galicia demostrounos de vez como se repiten os vicios e esquemas da vella política nunha nova alternativa.

MUNICIPAIS 2015

Aspirante a candidata de Ciudadanos suxire unha fichaxe ao PP

A nova política dialoga coa vella, prefigurando talvez xa un pacto post-eleitoral. Na Coruña, Lola Prieto, aspirante a liderar a lista de Ciudadanos, propuxo ao PP a fichaxe dunha independente para a súa lista, segundo revela esta terza feira Público.Es. "Sería un puntazo".