compostela-aberta
Martiño Noriega apraza até final de ano a súa retirada do concello
Compostela Aberta

Martiño Noriega apraza até final de ano a súa retirada do concello

O alcalde en funcións de Santiago, Martiño Noriega, vai pilotar un período de transición, até final deste ano, antes de abandonar o concello. Após poñer a súa acta a disposición, a asemblea de Compostela Aberta aceptou a súa dispoñibilidade a continuar no Pazo de Raxoi no que queda deste 2019. Os resultados foron valorados como “moito máis negativos” do agardado.

Bugallo gobernará en solitario sen descartar un futuro pacto
Cara ao 15 de xuño

Bugallo gobernará en solitario sen descartar un futuro pacto

O candidato máis votado nas municipais en Compostela, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo un primeiro encontro co alcalde en funcións, Martiño Noriega, para iniciar o proceso de traspaso de poderes. Bugallo pretende chegar a acordos puntuais con Compostela Aberta, mais desbotou pactar polo de agora asegurando que “a cidadanía non entendería a formación dun goberno de coalición” entre ambas forzas.

"A xente que combateu agora está intentando sobrevivir"
Martiño Noriega, alcalde de Compostela

"A xente que combateu agora está intentando sobrevivir"

É un dos indiscutíbeis protagonistas do último lustro da vida política do país e agora co-protagoniza -xunto co co-autor Daniel Salgado- o libro de conversas A contradición permanente. Conversa sobre cinco anos de política convulsa (2012-2017) (Ed. Xerais). O volume ten algo de relato dunha derrota -de ton elexíaco, de laio polo paraíso que non se puido conquistar-, aínda que Martiño Noriega (A Coruña, 1975) se esforza por non ficar atrapado pola melancolía e por indagar sobre os vieiros que poden levar ao futuro. A súa aposta polo mantra da unidade popular -a concertación de soberanistas e esquerda estatal- é inequívoca e estratéxica. 

“A ciencia tamén é cultura galega”
MARILAR ALEIXANDRE, ESCRITORA

“A ciencia tamén é cultura galega”

Marilar Aleixandre vén de ser elixida como coordinadora de Compostela Aberta e tamén proposta para entrar na RAG. Entrevistámola un 8 de marzo no que nos recorda que ese día “146 persoas (123 mulleres) morreron nun incencio nunha fábrica de Nova York” e no que chama a lembrar que “hai moitas rapazas que traballan no téxtil no terceiro mundo e deberiamos pensar niso ao mercar roupa”.