concello-de-redondela
A segunda vida de 'Estirpe'
O Concello de Redondela reedita o fundamental libro de Ferrín

A segunda vida de 'Estirpe'

Era 1994 e Europa entraba en fase histórica descoñecida. O esboroamento do bloque do leste modificábao todo. O poeta, en todo caso, decide contradicir o curso dos acontecementos e homenaxea Fidel Castro. Escribe unha pregaria polos labregos desposuídos de terra e casa -si, en 1994-. Lembra mods e rockers na súa mocidade. O poeta chámase Xosé Luís Méndez Ferrín e o libro, Estirpe. O Concello de Redondela reedítao 25 anos despois.