concentracions
Convocadas concentracións contra o feminicidio de Pontesampaio
ESTA SEGUNDA FEIRA

Convocadas concentracións contra o feminicidio de Pontesampaio

O movemento feminista convocou concentracións de protesta contra o crime machista que tivo lugar o sábado na parroquia pontevedresa de Pontesampaio e tamén o de Fuengirola. Esta mañá tivo lugar unha mobilización convocada pola veciñanza.

Moi concorridas as concentracións da Iniciativa Galega pola Sanidade Pública

Moi concorridas as concentracións da Iniciativa Galega pola Sanidade Pública

Algunhas pola mañá e outras á noitiña, as portas dos principais hospitais do país foron os lugares de concentración da Iniciativa Galega pola Gratuidade da Sanidade Pública. Milleiros de persoas participaron nestas mobilizacións para reclamar unha sanidade pública, universal e gratuita e mostrar o rexeitamento do repagamento dos medicamentos. 

Faixas por toda Galiza reclaman soberanía

Faixas por toda Galiza reclaman soberanía

Concentracións nas sete cidades e en numerosas vilas reclamaron independencia nunha acción sorpresa de "Galiza pola soberanía". Neste 12 de outubro, faixas inmensas penduráronse en lugares emblemáticos para facer pública a vontade de construción dun Estado galego, nunha xornada na que o Estado español conmemora o histórico imperialismo español. Na rede publicouse o vídeo "Desperta do teu sono", elaborado de maneira colectiva. Vídeo no interior.