convenio
Do abandono á rehabilitación do castelo de Naraío

Do abandono á rehabilitación do castelo de Naraío

Consolidación de elementos en risco de desprendemento, acondicionamento dos accesos e a creación de itinerarios para a visita forman parte dunha nova actuación que se acometerá no castelo de Naraío, unha das fortalezas máis emblemáticas do país.

PARTICIPACIÓN MASIVA: 400 VOTOS A FAVOR E 318 EN CONTRA

O cadro de persoal aproba o novo convenio colectivo da CRTVG

O cadro de persoal da CRTVG -a radio e a televisión públicas da Galiza- votou favorabelmente o texto de convenio colectivo acordado polo comité de empresa e a dirección da compañía. A consulta, que tiña carácter vinculante, rexistou unha participación moi alta: o 80,9%.

Reclámanlle á Xunta que actúe ante a supresión de aulas de galego no Bierzo

Reclámanlle á Xunta que actúe ante a supresión de aulas de galego no Bierzo

A Junta de Castela e León está a suprimir aulas de galego no Bierzo, incumprindo o convenio asinado coa Xunta de Galiza para a promoción da lingua na comarca. Tanto a Academia Galega como o Consello Escolar do IES de Cacabelos -un dos afectados- diríxense ao goberno galego para que faga cumprir o acordo subscrito polas dúas institucións. 

5-O: greve no sector do lixo da Coruña

5-O: greve no sector do lixo da Coruña

CIG, CCOO e UGT convocan unha xornada de folga de 24h para denunciaren a "estafa social" que están a practicar as empresas de recollida do lixo da comarca, a desaparición do convenio colectivo e as consecuencias da reforma laboral.

 

Acordo ao fío das 24 horas: o Depor evita o descenso á Segunda B

Acordo ao fío das 24 horas. O Deportivo evita así o descenso á Segunda B e conxura o risco da súa eventual desaparición. Poucos minutos antes das 24 h, o acordo permitiu que o clube fixese efectivo o pagamento aos futbolistas da primeira equipa de parte dos salarios pendentes. "Non imos asinar a nosa sentenza de morte. Aquí non vai haber un golpe de Estado", dixo Lendoiro após ser apupado por un grupo de [email protected] dos que, dixo, non representan "a maioría" da afeizón.

Lendoiro, disposto a asinar o convenio de acreedores

Fontes próximas ao clube deportivista informan de que Lendoiro levanta o veto sobre o convenio de acreedores. Isto significaría a fin dun cuarto de século de lendoirismo no clube branquiazul. Agora só ficaría que os futbolistas cheguen a un acordo.

Un millar de seareiras e seareiros do Dépor presionan na rúa para que o clube non desapareza

Un millar de seareiras e seareiros do Dépor presionan na rúa para que o clube non desapareza

En apenas unhas horas, e através das redes sociais, as seareiras e os seareiros do Dépor deron organizado unha nutrida concentración, perante a sede do clube, na que tomaron parte arredor dun millar de persoas. Demandan solucións para que a entidade non descenda á Segunda B, o que, segundo algunhas voces, a condenaría á desaparición. "Depor" e "Lendoiro" foron esta noite trending topic.

A intrasixencia da patronal do téxtil en Ourense racha a negociación do convenio colectivo

A intrasixencia da patronal do téxtil en Ourense racha a negociación do convenio colectivo

O empresariado reitera a súa teimosía en eliminar unha paga extraordinaria e o dereito a cobrar o 100% do salario en caso de baixa por enfermidade, para alén de conxelas a antigüidade e conxelar o salario. Namentres, a representación sindical de CIG, CCOO e UGT advirten de que non se modificará ningún aspecto que supoña unha rebaixa de dereitos, e convocan mobilizacións