corrupcion
O PSdeG acusa Feixoo de estar afeito a un PP “anegado de corrupción”
O presidente da Xunta defendera Aguirre e Cifuentes

O PSdeG acusa Feixoo de estar afeito a un PP “anegado de corrupción”

“Non creo que esta persoas levasen un euro á súa casa. Estou convencido de que non é así”. Estas persoas son para Feixoo, autor das dúas frases anteriores, Esperanza Aguirre e Cristina Cifuentes, imputadas pola xuíz que investiga o financiamento ilegal do PP de Madrid. Para o PSdeG, as declaracións do presidente da Xunta amosan que “está afeito a vivir nun PP anegado de corrupción”.
Aguirre e Cifuentes, acusadas do financiamento ilegal do PP de Madrid
Caso Púnica

Aguirre e Cifuentes, acusadas do financiamento ilegal do PP de Madrid

O titular do xulgado de instrución 6 da Audiencia Nacional, Manuel García Castellón, imputou esta segunda feira os ex-presidentes da Comunidade de Madrid Esperanza Aguirre e Cristina Cifuentes polo suposto financiamento irregular do PP na rexión. O xuíz citounas para declarar o 1 e o 18 de outubro no marco da investigación do caso Púnica e quere coñecer o papel das ex-dirixentes no financiamento da formación entre os anos 2003 e 2011, segundo informa Nació digital.
Os compromisos de cada candidatura contra a corrupción
Espimos os programas electorais

Os compromisos de cada candidatura contra a corrupción

Após o inagotábel volume de casos de corrupción, tráfico de influencias e financiación ilegal que rodeou os gobernos do Estado e máis as estruturas do PP, todas as formacións, incluída a de Casado, presentan unha pormenorizada epígrafe de loita contra a corrupción nos seus programas electorais. Vexamos que formula cada quen.

OPINIÓN

Notas ao vivo: Putrefacción (11)

“Hai algo que está podre en Dinamarca/ e fede que alcatrea dende sempre”, din os versos de Celso Emilio Ferreiro, que son espello xusto da frase pronunciada —“Algo está podre en Dinamarca”— por un dos gardas de Elsinor, Marcelo, na traxedia das traxedias...

OPINIÓN

Temos unha monarquía corrupta, protexida por PP, PSOE e Cs

O 11 de xullo de 2018 produciuse un auténtico terremoto político, que tivo varías réplicas nos días seguintes. O hipocentro deste terremoto estaba situado nunha conversa gravada en Londres na primavera de 2015 polo comisario José Manuel Villarejo —que...

O Tribunal de Contratos intervén nas adxudicacións do Sergas
En Marea relaciónaas coa corrupción

O Tribunal de Contratos intervén nas adxudicacións do Sergas

O Tribunal administrativo de Contratación Pública de Galiza vén de intervir en varias adxudicacións do Sergas de terapias respiratorias e radioloxía. “Son totalmente irregulares”, afirmou a deputada de En Marea Eva Solla, que denunciara publicamente os feitos.
 

Mundiais de corrupción

Mundiais de corrupción

O balón roda en Rusia, que acapara os focos internacionais coa disputa do Mundial de Fútbol 2018. A cita chega nun momento oportuno para mover a un segundo plano os escándalos que, durante os últimos tres anos, veñen sacudindo a cúpula do fútbol mundial. Cultura do silencio, subornos, branqueo de capitais, asociación ilícita... a lista de acusacións que acumulan exaltos mandatarios da FIFA parecen máis propias dunha causa contra o crime organizado que contra un organismo deportivo. Eis un extracto da reportaxe, publicada no número 301 de Sermos Galiza.

Urdangarín ingresa na prisión de mulleres de Brieva, en Ávila

Urdangarín ingresa na prisión de mulleres de Brieva, en Ávila

A primeira hora da mañá desta segunda feira, o xenro do rei Juan Carlos I e cuñado do rei Felipe VI ingresou na prisión de Brieva, en Ávila. Iñaki Urdangarín disponse a cumprir condena de cinco anos e dez meses derivada do caso Nóos. A sentenza considera probados os delitos de malversación, prevaricación e fraude á Administración.
 

OPINIÓN

Con aquela fariña fixeron esta triste empanada

O primeiro capítulo da serie “Fariña” non defrauda o que promete. Trátase dunha serie para o público máis amplo nunha canle comercial aberta e ofrece un relato resumido e claro da transformación dun sector...

OPINIÓN

Desculpen, mais a merda xa reborda

TVE é a televisión do estado e non é “pública”, pois iso supón que serve e pertence ao conxunto da sociedade e iso implicaría profesionalidade e decencia moral, cousa que esa non ten, pois só está ao...

"Eu axudo o partido en xeral para que el me axude en xeral"
Un empresario relata como financiaba ilegalmente o PP

"Eu axudo o partido en xeral para que el me axude en xeral"

A gravación dunha conversa entre o empresario Rafael Palencia e o ex director xeral do Canal Isabel II de Madrid Ildefonso de Miguel vén de revelar os métodos cos que o Partido Popular xeraba a súa caixa B. A Cadena Ser difundiu esta mañá os fragmentos de audio en que Palencia explica como entregaba periodicamente 35.000 euros na sede da organización. Recollíannos Álvaro Lapuerta ou Luis Bárcenas.
 

OPINIÓN

A calidade democrática do PP

O arquivo provisorio da investigación xudicial aberta a Xosé Manuel Baltar por presuntos comportamentos delitivos (abuso sexual e suborno) abre, mais unha vez, a polémica a respecto das responsabilidades xudiciais e políticas dos...

OPINIÓN

O insoportábel bafo do lameiro español

Calvo Sotelo prefería unha España vermella a unha rota, pero os seus epígonos prefírena podre, quizais porque ese estado, viscoso e decadente, é consubstancial coa súa natureza  depredadora e lamacenta. Resulta...

A xustiza, ao servizo do Goberno e dos poderosos
ANÁLISE

A xustiza, ao servizo do Goberno e dos poderosos

O 10 de abril de 2015 publicaba neste diario dixital o artigo A xustiza non é inocente, e lembraba que “o aparato xudicial forma parte da superestrutura e está ao servizo das clases dominantes”. Os últimos acontecementos –podemos falar de semana negra para a credibilidade da xustiza– confirman esta tese e estou moi identificado con Pepe Mújica, ex-presidente de Uruguai, cando dicía “Quiero saber la verdad, pero en la justicia no creo un carajo”. 

Ministros, ministras e a corrupción do PP (II)

Ministros, ministras e a corrupción do PP (II)

Continuamos co serial do noso colaborador Manuel Monge sobre os millentos casos de corrupción que salfiren o Partido Popular, xulgado estes días como institución na Audiencia Nacional por se ter lucrado mediante o uso de prácticas de financiamento irregular.

OPINIÓN

Patriotismo e corrupción

Un descoidado amigo preguntoume se sabía o que era un paraíso fiscal, e cazoume. Non souben responderlle adecuadamente, como el merecía e a situación demanda. Quedamos en silencio e ollándonos, respondinlle en plural e pola tanxente: os...

OPINIÓN

Remuda xudicial contra a corrupción

O Fiscal Superior de Galicia, Carlos Varela, ven de propór no Parlamento unha nova estratexia xudicial para loitarmos eficazmente contra a corrupción institucionalizada que afoga o noso país.

OPINIÓN

A lacra da corrupción como escusa reaccionaria

Non hai mes que non se descubra un novo caso de corrupción que, normalmente, abrangue a unha morea de cargos públicos e empresarios, polo que é razoábel que sexa un dos principais problemas de preocupación da poboación. 

OPINIÓN

Corrupción bananeira na Europa civilizada

Tanto falar de repúblicas bananeiras latinoamericanas, sociedades desequilibradas polas herdanzas colonialistas españolas e polo neocolonialismo do veciño do Norte, coas súas mordidas como expresión dunha corrupción universal entre todos os niveis de supostos servidores públicos, coas súas desigualdades clamorosas e os seus sucesivos períodos de tiranías varias que empezan a ser superados, e resulta que na moi civilizada, democrática e desenvolvida Europa a corrupción campa polos seus respectos. 

Levantado o segredo do sumario sobre a maior trama de corrupción política da Galiza

Levantado o segredo do sumario sobre a maior trama de corrupción política da Galiza

Na operación Pokemon están implicados máis de cen cargos públicos, entre eles os dous últimos alcaldes de Santiago (Gerardo Conde Roa e Ángel Currás, do PP); dous dos últimos alcaldes da Coruña (Carlos Negreira do PP e Francisco Vázquez do PSdG-PSOE); o ex-rexedor de Ourense (Francisco Rodríguez, do PSdG-PSOE) e o alcalde de Lugo (Xosé López Orozco, do PSdG-PSOE).