Néstor Rego encabeza a candidatura do Bloque pola Coruña para o Congreso. Profesor de lingua galega e literatura, naceu no Vicedo en 1962 e participa do nacionalismo desde 1977, cando comezou o seu activismo en ERGA. Participou tamén da fundación dos CAF e do propio BNG, e foi tenente de alcalde e concelleiro de Cultura de Santiago (1995-2008). É portavoz dos 19 de Meirás, denunciados pola familia Franco por protestar contra o espolio do pazo.
Ana Seixas lidera a candidatura de En Marea ao Congreso, pola circunscrición da Coruña. É licenciada en Ciencias Políticas e especialista en estudos de opinión e mercado. Desenvolveu o seu labor profesional en consultoría política e social como investigadora sobre comportamento político electoral en Galiza. Coas mareas municipalistas implicouse na formación local Ames Novo e, actualmente, é vice voceira de En Marea.
Primeiro tráiler do documental de Lois Alcayde Dans (Guión), Paula Durán (Son) e Paula Quiroga (Imaxe e edición) 'Outra Coruña Posible: Domingos Merino'. Estrea setembro 2018.
As intensas chuvias caídas na Galiza este sábado 30X resultaron en inundacións como as que se mostran neste vídeo tomado no centro da cidade da Coruña.
Segundo fontes de Protección civil da Coruña, neste momento [18:55 horas] a situación comezaría...
O Proxecto Cárcere, unha plataforma cidadá nacida hai sete anos para recuperar o edificio da vella prisión provincial da Coruña, será o encargado de xestionar o cárcere durante un ano mediante un convenio co Concello da Coruña, despois de resolta a convocatoria pública segundo anunciou esta tarde en Radio Coruña o concelleiro de Rexeneración Urbana, que non especificou cantas propostas concorreron.
A Plataforma da Coruña polo Dereito ao Aborto e a Marcha Mundial das Mulleres manterán esta cuarta feira unha entrevista coa Fiscalía Provincial para lle expor a deficitaria atención que sofren as mulleres que teñen un aborto no segundo trimestre de xestación. Aliás, convocan un con motivo do Día de acción global por un aborto legal, seguro e gratuíto.
A cidade da Coruña fai parte da celebración do centenario do Levantamento de Pascua irlandés de 1916 – o Éirí Amach na Cásca- cunha xeira de actos organizados pola Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica que culminará coa retransmisión da estrea mundial da serie documental 1916 The Irish Rebellion.
Desde a quinta feira até o domingo celébrase no coruñés mercado de San Agostiño [email protected], o I Salón do Libro e da Lectura.