cos
Os emigrantes retornados, "moi satisfeitos" logo da reunión co fiscal superior
EXIXEN "IGUALDADE" E "XUSTIZA"

Os emigrantes retornados, "moi satisfeitos" logo da reunión co fiscal superior

“Moi satisfeitos”. Así se declaran os representantes da Coordinadora Nacional de Emigrantes Retornados tras a reunión que mantiveron recentemente co Fiscal Superior de Xustiza de Galiza, que se comprometeu a abrir dilixencias informativas sobre a actuación da Axencia Tributaria cos afectados.

Cos pés ben asentes no chan

Cos pés ben asentes no chan

Moi guerreira se mostra esta capa do Sermos 154. Gandeiros en pé de guerra. Milicias galegas en guerra contra o fascismo. Guerra (ou acordo de paz?) contra as agresións ao noso idioma. A verdade é que Sermos está a dar moita guerra.

"Vou a Gaza ver a realidade cos meus ollos"
ÓSCAR PINAL, FOTOXORNALISTA

"Vou a Gaza ver a realidade cos meus ollos"

Di que é "un encargo persoal". Tras del non hai ningún medio de comunicación, nen liña editorial. Só os obxectivos da súa cámara de fotos coa que tentará inmortalizar o que acontece na Faixa de Gaza.

Maniac: ver a realidade cos ollos do protagonista

Maniac: ver a realidade cos ollos do protagonista

Filme de xénero e exercicio de estilo técnico notábel, cunha lección de como encadear planos secuencia e facer un emprego do plano subxectivo (vemos polos ollos do protagonista). Todo iso está en Maniac, a escolla desta fin de semana do noso crítico Andrés Castro.

OPINIÓN

Dépor: coidado cos fuciños!

Vaia por diante que penso que o Dépor vai ascender. Xa non sei se como campión, pero estou convencido de que ascenderá.

A AELG homenaxea o teatro galego cos seus premios

A AELG homenaxea o teatro galego cos seus premios

Será protagonista privilexiado nas actividades deste ano. A Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega acordou na súa asemblea xeral homenaxear ao teatro galego cos seus premios, en recoñecemento ao esforzo dos seus protagonistas en tempos tan difíciles para o sector. Xabier P. DoCampo será homenaxeado coa letra E. 

"Combateremos as ideas dominantes cos nosos medios e a través do debate social"

"Combateremos as ideas dominantes cos nosos medios e a través do debate social"

Guillerme Vázquez vai ser eleito este sábado 18 de Xaneiro novo presidente da Fundación Galiza Sempre. O BNG recupera así, para a primeira liña da actividade pública, a figura do que foi o seu portavoz nacional durante catro anos. Con ilusión mais tamén coa humildade que o caracteriza, Guillerme Vázquez avalía este novo período para Sermos Galiza

Tatán R. Cuña: "Raúl sorría cos ollos..."

Foi como se saíse da casa cara a argallar algún novo proxecto musical, algunha nova programación nun lugar distinto. Foi, como sempre, non sei onde porque ao Raúl víao de cando en vez e sempre me falaba das súas cousas como se...

OPINIÓN

TLC cos Estados Unidos ¿ulo as vantaxes?

Co gallo da pasada reunión do G-8 en Londres, os Estados Unidos e a Unión Europea decidiron seguir as negociacións do Tratado de Libre Comercio (TLC), agora de modo oficial, despois de eliminar dos acordos a industria audiovisual, como quería Francia. Na práctica é o último paso para que a UE forme parte dun xeito definitivo da área de control de Washington; aínda que en realidade hai tempo que falar dun proxecto propio europeo é pura fantasía. Non é casual que malia a espionaxe masiva dos Estados Unidos aos seus aliados na OTAN, para alén dalgún anoxo nos medios, co obxectivo de manter a dignidade, a cousa non fose a máis. As complicidades son cada vez máis evidentes, sen que houbese ningún debate serio ao respecto (como exemplos temos Libia e a retención do presidente Evo Morales).