cos
Maduro acusa a Capriles de estar a preparar o ambiente propicio para un golpe

Maduro acusa a Capriles de estar a preparar o ambiente propicio para un golpe

Máxima tensión en Venezuela: o candidato da oposición pide aos seus siareiros que se concentren ante os organismos electorais, que fagan unha 'cacerolada', aliás de afirmar que hai militares presos “por defender a constitución”. O Exército chamou a respeitar a vontade democrática expresada polo pobo. O Parlamento de Venezuela pedirá investigación penal a Capriles para determinar a responsabilidade nos actos de violencia destas horas

"O teatro galego sempre estivo cos que buscabamos que a Galiza fose outra cousa"

"O teatro galego sempre estivo cos que buscabamos que a Galiza fose outra cousa"

Cesáreo Sánchez foi elixido pola Asociación de Actores e Actrices Galegos (AAAG) para asinar o Manifesto Galego do día do Teatro no marco da XVII edición dos Premios María Casares, que se entregaron esta cuarta feira no 27 de marzo no Teatro Rosalía da Coruña. O poeta orixinario do Irixo, tamén presidente da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega, falou con Sermos Galiza do futuro das artes escénicas galegas.

OPINIÓN

Mudando, cos pés na terra

Nos momentos de mudanza dous riscos teñen que ser vencidos: o medo ao cambio e os preconceitos. O medo ao cambio pode levar ao enroque e a tentación de meterse na cova e agardar que escampe. Por outro lado, os preconceitos tenden a facer crer que só un mesmo quere mudar e todos os demais seguen ancorados nas rotinas do pasado. Os dous son riscos paralizantes e disgregadores.
Urkullu eleito lehendakari cos votos do PNV

Urkullu eleito lehendakari cos votos do PNV

Após o debate de investidura desenvolvido a pasada cuarta feira, o candidato do PNV, Íñigo Urkullu vén de ser eleito lehendakeri tan só co apoio da súa formación. Laura Mintegi, presentou a súa candidatura pola coalición EH Bildu mais só contou cos 22 escanos da forza abertzale. PSE, PP e UPyD abstivéronse.
A ONU comprobará se o Goberno español 'fai os deberes' cos crimes do franquismo

A ONU comprobará se o Goberno español 'fai os deberes' cos crimes do franquismo

O grupo de traballo sobre desaparicións forzadas e involuntarias do Consello de dereitos humanos visitará o ano que vén o Estado para verificar se está a poñer todo da súa parte para facilitar o acceso das vítimas "á verdade e ao reparo". Reclaman de Nacións Unidas que os crimes de lesa humanidade non prescriban e que se derrogue a Lei de amnistía do 77

Sermos Galiza inicia unha colaboración cos xornais vascos Naiz e Gara

Os medios galego e vascos veñen de establecer un acordo de intercambio informativo da cobertura dos procesos electorais nas súas respectivas nacións. Con este acordo Sermos Galiza e Naiz/Gara apostan por establecer canles de comunicación directas, que permitan ofrecer unha cobertura informativa sen intermediarios.
O PP arranca a campaña en Ferrol a paus cos operarios do Naval

O PP arranca a campaña en Ferrol a paus cos operarios do Naval

Xesús A. López Pintos pasou a noite na Comisaría e a primeira hora da mañá pasa a disposición xudicial. Máis de 300 traballadores do Naval protestaron no acto de incio de campaña do PP en Ferrol pola responsabilidade deste partido na situación do sector.
NGB precisaría 4.500 millóns de euros para cumprir cos decretos do Goberno

NGB precisaría 4.500 millóns de euros para cumprir cos decretos do Goberno

Javier Aríztegui, subgobernador do Banco de España, anunciou que Novagalicia Banco precisará uns de 4.500 millóns de euros de recapitalización e apuntou á posibilidade de que a entidade sexa subastada en outono. Perante estes datos, o portavoz nacional do BNG, Guillerme Vázquez, afirma que “a única alternativa é avanzarmos cara a unha Banca Pública Galega”.