crianzas
Entre libros e crianzas: propostas literarias
Literatura

Entre libros e crianzas: propostas literarias

Eis un popurrí de lecturas recomendadas por diferentes persoas que se manteñen vinculadas ao mundo da Literatura Infantil e Xuvenil. Conversamos con María Couceiro, libreira na Libraría Couceiro en Compostela; Verónica Pousada, investigadora en Literatura Infantil e Xuvenil galega; e Laura Amigo, especialista en Psicoloxía Infantil. Deixamos un extracto da información publicada no Sermos Galiza 270.

Non é país para crianzas
APOIO Á NATALIDADE

Non é país para crianzas

Falta de asesoramento e apoio durante o embarazo, parto, postparto e aleitamento. Imposición dun modelo de crianza estandarizado e invisibilización doutras perspectivas, así como a laminación do idioma propio na escolarización. Estes son, canda as dificultades derivadas dun contexto de crise, marcado polo desemprego e a precariedade, os factores que inciden no continuado descenso da natalidade e nas dificultades na crianza que enfrontan as nais e pais no noso país. Eis un extracto da reportaxe que publicamos no Sermos Galiza 248.

Atopan numerosos restos de crianzas nun convento irlandés

Atopan numerosos restos de crianzas nun convento irlandés

Numerosos esqueletos de crianzas de até tres anos de vida foron localizados en cámaras subterráneas dun centro de monxas situado na localidade de Tuam (Galway), en Irlanda. Trátase dun convento que funcionou como casa de acollida para nais solteiras entre 1925 e 1961.

As editoriais apostan polo agasallo duplo para crianzas: libro + cd

As editoriais apostan polo agasallo duplo para crianzas: libro + cd

O agasallo é duplo mais nun produto único. Libro máis cd. O formato imponse na oferta editorial para estas festas dedicada á cativada. Desde sons tradicionais até propostas innovadoras. Pablo Díaz, Xurxo Souto e Lalo Carnota, Uxía, Xiana e Xosé Lastra, Mamá Cabra, Luís Prego, Suevia Sobral  ou Migallas teñen novidades para ler, escoitar, xogar e bailar. 

As crianzas soas toman as rúas en Pontevedra e Carballo para iren á escola

As crianzas soas toman as rúas en Pontevedra e Carballo para iren á escola

Hora de entrada no colexio e arredor de cincocentos nenos e nenas de Pontevedra saen da casa só con mochilas. Que falta? Algún adulto que vaia á súa beira. O concello implantou hai dous cursos e medio o programa Camiños Escolares que fai que cada mañá centos de nenos tomen as rúas con autonomía e seguridade. O Concello de Carballo comezou este curso a aplicar o programa con sorprendentes resultados. 

Deputada do PP nas Illes ameaza a nais e pais con lles quitar a custodia das crianzas se seguen coa greve do ensino

Deputada do PP nas Illes ameaza a nais e pais con lles quitar a custodia das crianzas se seguen coa greve do ensino

Publicou un chío no Twitter coa advertenza dando por certo o que conta un columnista de 'El Mundo' que define a greve como unha ''tropa soberanista nutrida de descerebrados'. O protesto iniciouse hai máis dunha semana após a aprobación do decreto do 'Tratamento integral das linguas', que reserva para o catalán nas aulas a mesma porcentaxe, o 33%, que para español e inglés. 

As crianzas tamén van de festival

As crianzas tamén van de festival

Que tempo é bo para comezar a ir aos festivais? Na Coruña e en San Xoán non hai idade e para comezar ben cedo, o 24 de xuño a cidade prepárase para a invasión de cativada na primeira edición do “San Xoán Pequeniño”. Un novo festival musical para público de cero en diante

OPINIÓN

Crianzas presas

Nos últimos 11 anos, segundo a organización Defence for Children International, pasaron polos cárceres de Israel uns 7.500 menores palestinos.  Segundo os propios testemuños e o que constantan os seus pais, ONGs e médicos serias secuelas da sua estadia en prisión,  ao saíren a maioria deles padecen serias secuelas físicas e psicolóxicas.

Novo curso para crianzas "folquis" en Pontevedra

Novo curso para crianzas "folquis" en Pontevedra

Con xa dez anos de existencia, a Aula Folque Infantil abre de novo matrícula para contribuír á formación musical de pequenas e pequenos de entre 5 e 12 anos en Pontevedra. O proxecto de aCentral Folque conta cunha equipa docente de relevantes profesionais da música á cal este ano se incorpora a cantane Mónica de Nut como mestra de canto.

Pagar por asentar o nacemento das crianzas?

Pagar por asentar o nacemento das crianzas?

O goberno español recoñece nun comunicado de imprensa que está a preparar a reforma dos Rexistros civís pola cal este servizo público pasará a mans de [email protected] da propiedade, área á cal pertence Mariano Rajoy. A denuncia partiu do colectivo de profesionais Jueces para la Democracia, que alertan de máis un "ataque contra a administración de xustiza como servizo público, prexudicando a maioría da poboación e beneficiando rexistradores e notarios"
A falta de acceso aos alimentos mata dúas crianzas cada minuto na África subsahariana

A falta de acceso aos alimentos mata dúas crianzas cada minuto na África subsahariana

Unicef vén de facer públicas as cifras da desnutrición que afecta @s [email protected] menores de cinco anos neste continente, cifras que atribúe ''á sequía e á falta de comida''. Porén, as políticas de austeridade impostas desde o FMI e o Banco Mundial para cobraren a débeda externa, tiveron tamén moito a ver á hora de botar embaixo a economía local e afiar a dependencia de alimentos importados, obviando a soberanía alimentar do pobo somalí
Milleiros de crianzas vítimas da ocupación israelí

Milleiros de crianzas vítimas da ocupación israelí

Malia violaren o dereito internacional e o propio ordenamento xurídico interno, as forzas armadas israelís deteñen e torturan unha media de dúas crianzas ao día nos territorios palestinos ocupados, moitas delas contan con tan só doce anos de idade.
OPINIÓN

Impacto da crise nas crianzas. Nacer sen futuro.

Hai moito tempo que nenas e nenos non veñen de París. Nin traen pan debaixo do brazo. Hoxe cada nena e cada neno que nace no estado chega cunha “débeda pública” duns 15.570 euros, cantidade que nun contexto de notábel redución da capacidade de aforro das familias, xunto cunha porcentaxe de desemprego xuvenil inamisíbel, os enfronta cunha paisaxe vital ben pouco grata, desértica.