crise
A crise que vén
ANÁLISE

A crise que vén

Estamos nunha nova fase da Gran Recesión. A decisión de manter as políticas que provocaron o estoupido de 2007 co fin de garantir os beneficios dos núcleos de poder capitalista volven colocar a economía mundial nunha situación semellante á de hai unha década. Os dados adiantados polos diversos gobernos e organismos internacionais non deixan dúbida de que enfrontamos outra aceleración da crise en curso. Eis un extracto da análise publicada ao respeito no número 361 do semanario en papel Sermos Galiza.
OPINIÓN

Unha nova crise ou un sistema en crise

Todos os dados indican que estamos diante dunha nova crise. A pregunta é: até que punto implicará un retroceso do PIB, do emprego, do medre da desigualdade, e se vai a atinxir na mesma medida a todos os estados do mundo? Dise que esta nova crise ven empurrada pola débeda...

OPINIÓN

A crise que está por vir

Para alén do debate –un tanto estéril– de se nos atopamos ás portas dunha nova crise ou é que anterior non chegou a marchar, o certo é que o cambio de ciclo económico a nivel mundial semella irreversíbel cando, en moitos ámbitos, aínda perduran os efectos da crise de...

OPINIÓN

Lehman Brothers: o comezo do pesadelo

O 15 de Setembro de 2008, Lehman Brothers —unha emblemática empresa financeira creada na metade do século XIX— desaparecía formalmente, afundida pola crise que comezara un ano antes no interior do universo económico dos USA.

A peor herdanza  da crise
Paro de longa duración

A peor herdanza da crise

A metade das persoas rexistradas como desempregadas na Galiza levan máis dun ano nesta situación. Son as paradas e parados de longa duración, un colectivo que no noso país anda nas 90.000 persoas, máis que toda a poboación que habita en cidades como Ferrol ou Pontevedra.  Ao tempo, a Xunta recorta en programas e fondos para formar persoas no desemprego.

OPINIÓN

A década do malestar

Hai agora dez anos, os medios de comunicación rachaban a tradicional seca informativa do mes de Agosto anunciando un episodio que para moita xente resultou enigmático: o estoupido das chamadas “hipotecas subprime” nos mercados financeiros dos USA....

OPINIÓN

Está superada a crise?

A Unión Europea dá por superada a crise logo dunha década, tendo exclusivamente en consideración a macroeconomía, e ignorando as moitas incertezas do momento e para o futuro. Ou sexa, Bruxelas está satisfeita porque o PIB é...

OPINIÓN

Forza de traballo sen forza

Hai titulares ben ridículos. Alguén chamou a atención sobre este da semana pasada: “A recuperación económica non se nota en 70% dos fogares”. E preguntábase si se pode nomear como “recuperación” o...

"A solución de verdade para a crise sería destruír o capitalismo"
MIREN ETXEZARRETA

"A solución de verdade para a crise sería destruír o capitalismo"

Doutora en economía pola Universidade Autónoma de Barcelona e a London School of Economics, Miren Etxezarreta é unha das voces da economía alternativa de maior prestixio a nivel estatal e internacional. Conciliou o seu labor docente cun activismo centrado en divulgar unha visión crítica da economía, contraria ao paradigma neoliberal. Autora de diversas publicacións e artigos, é unha das referencias do seminario de economía crítica "Taifa" catalán. Visita Galiza para participar como relatora nas xornadas internacionais de economía Comprendermos a crise e os seus efectos no benestar social” que esta fin de semana terán lugar en lugo organizadas por Fesga coa colaboración da Vicepresidencia Primeira da Deputación de Lugo.

Máis de 57.000 persoas seguen bloqueadas nas fronteiras gregas
Crise das refuxiadas

Máis de 57.000 persoas seguen bloqueadas nas fronteiras gregas

Os últimos dados da ACNUR cifra en 57.000 o número de vidas bloqueadas en territorio grego. Estas persoas moran nos campos creados polo Goberno grego para as atender. As queixas sobre as condicións destes campos multiplícanse nos últimos días.

Cunícola, máis un sector en crise

Cunícola, máis un sector en crise

Embora Galiza representar o 15% da produción de coello do Estado español, por baixo tan só de Catalunya, este sector é un dos grandes descoñecidos. Desde as explotacións encetan mobilizacións contra a crise de prezos e o esquecemento da administración.

O Celtic conmemora a gran crise da fame de Irlanda
EQUIPO DE FúTBOL ESCOCéS

O Celtic conmemora a gran crise da fame de Irlanda

O equipo de fútbol de Glasgow salta esta tarde ao campo cunha elástica coa insignia que conmemora a gran fame que padeceu Irlanda, unha crise que deixou a súa pegada non só na emigración, senón tamén na perda da cultura e na decadencia do gaélico.

"Os 300 euros por vaca, unha esmola que non atallará a grave crise do sector"
SEGUNDO A FRUGA

"Os 300 euros por vaca, unha esmola que non atallará a grave crise do sector"

Conversamos con Elías Somoza, coordinador do sector gandeiro da Fruga, para coñecer a impresión do sector ao redor dos 300 euros por vaca anunciados pola ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina. “Con esmola non funciona este país”, sinala o responsábel da organización, que insiste na necesidade de fixar un prezo de referencia para o leite.

O BNG exixe a comparecencia da ministra de Agricultura pola crise do leite
RECLAMA A CONVOCATORIA DUNHA SESIóN EXTRAORDINARIA

O BNG exixe a comparecencia da ministra de Agricultura pola crise do leite

As deputadas do Bloque no Congreso, Olaia Fernández Davila e Rosana Pérez, veñen de presentar unha solicitude de convocatoria da Deputación Permanente para que compareza de maneira urxente a ministra de Agricultura, Isabel García Tejerina, pola grave situación do sector lácteo.

OPINIÓN

Mesmo com toda a crise, prefiro viver na Galicia

Ainda que eu já tenha percebido há algum tempo as inúmeras vantagens de viver aqui, venho, desde que cheguei a primeira vez de mala e cuia do Rio de Janeiro observando, com olhar crítico, minhas duas realidades: Galicia e Brasil.

OPINIÓN

Crise enerxética mundial e nacionalismo galego

Ferve Escocia e ferve Catalunya mais parece que Galiza, unha vez máis, quixera deixar de existir. O referendo escocés e o o catalá están poñendo no epicentro da U.E. a aplicación do dereito de autodeterminación dos pobos recoñecido pola ONU. Dereito  non regulado internacionalmente e negado no Estado Español onde moitos  partidos e organizacións de ámbito estatal se proclaman federalistas e recoñecedores deste  dereito, mais ao mesmo tempo non teñen nin modelo organizativo federal nin son capaces de aceitar o referendo catalá.

OPINIÓN

As virxes e a saída da crise

Hoxe toca falar de política de altura, é dicir, de política divina. O goberno do PP está a poñer todos os medios posíbeis para saír da crise, incluída a petición de axuda a deuses, santos, apóstolo Santiago ou Santa Teresa. E ultimamente está centrando o seu traballo en solicitar o auxilio de numerosas virxes.

OPINIÓN

Que hai de certo na saída da crise

En todos estados da Unión Europea a consigna para saír da crise e xerar emprego é a mesma: rebaixar salarios, prestacións, servizos públicos, reducir o aparello administrativo e os impostos e cotizacións das empresas. Segundo o FMI, o BCE, e a Comisión Europea esta é a receita que o resolve todo, xa que deste xeito aumentarían as exportacións e baixarían as importacións, algo fundamental para crear emprego nun escenario globalizado. 

Rusia e EUA reuniranse en Londres para abordar a crise ucraína

Rusia e EUA reuniranse en Londres para abordar a crise ucraína

A xuntanza terá lugar esta sexta feira e prodúcese após recibir Obama o primeiro-ministro ucraíno, Arseni Yatseniuk. A Casa Branca avanza que non recoñece a lexitimidade do referendo convocado en Crimea e advirte a Rusia de que lle farán "pagar un prezo polas súas violacións do dereito internacional e a súa invasión de Ucraína".