cs
Ciudadanos impulsará a unidade “dos partidos europeístas”
Reclaman conexións ferroviarias

Ciudadanos impulsará a unidade “dos partidos europeístas”

O eurodeputado Javier Nart e candidato de Ciudadanos á eurocámara viaxou a Galiza con motivo da campaña do 26M para alertar do “antieuropeísmo” e para avogar pola unidade dos partidos que avalan a UE (nos que englobou os referentes europeos do PSOE; PP e Cs).  

Feixoo continúa a ver o PP "no centro político"

Feixoo continúa a ver o PP "no centro político"

O presidente da Xunta de Galiza, Alberto Núñez Feixoo, foi entrevistado está mañá en Onda Cero dada a súa condición de coordinador da Convención Nacional de “rearme ideolóxico” do Partido Popular que vai ter lugar esta fin de semana en Madrid.

 

Unha mostra moi pequena do CIS coloca o PSdeG como primeira forza nunhas eleccións ao Congreso

Unha mostra moi pequena do CIS coloca o PSdeG como primeira forza nunhas eleccións ao Congreso

Con apenas 196 entrevistas realizadas no conxunto do país, o propio instituto demoscópico alerta de que a marxe de erro é moi considerábel, arredor de 7,1 por cento. Os datos son por tanto relativamente pouco indicativos. Mostran, iso si, certas tendencias: o ascenso claro do PSdeG, a división no campo da dereita e a caída de En Marea. O BNG non aparece no estudo por ser neste momento, e no ámbito estatal, forza extraparlamentar.

O CIS coloca Cs por diante dun PP en caída libre

Un PP por debaixo do 20 por cento do voto. Un PP terceira forza e lonxe da segunda. Un PP que perde de vez o monopolio do espazo da dereita. Ese é o panorama que deita o barómetro de outubro do CIS. Tomba o partido de Pablo Casado e racha o seu teito o PSOE de Pedro Sánchez, con 31,6 por cento. En Marea volta a caer, após a recuperación de setembro.

PP e Cs pelexan por ver quen tira máis réditos políticos ao himno de Marta Sánchez

PP e Cs pelexan por ver quen tira máis réditos políticos ao himno de Marta Sánchez

"A inmensa maioría dos españois sentímonos representados". A frase é de Mariano Rajoy. "Somos un partido que sempre defendeu sen complexos o uso e respeito dos símbolos", contraatacaba Inés Arrimadas. Albert Rivera gababa a "valentía" de Marta Sánchez, a cantante madrileña de orixe galega que este domingo puxo letra ao himno de España. Mais ninguén foi tan lonxe como o aínda líder do PP de Catalunya, García Albiol, quen directamente pediu a oficialización do texto escrita pola vocalista.

Pontón pide que Galiza estea presente no debate da reforma eleitoral
"O país padece un déficit de representación"

Pontón pide que Galiza estea presente no debate da reforma eleitoral

A líder do BNG fala de "idilio rechamante" entre Podemos e Cs, polas súas conversas bilaterais para reformar a LOREX. Coa actual lei Galiza ten un "déficit de representación". O pacto de Podemos e Cs non melloraría as cousas ao non variar a atribución de escanos por territorios, entende o BNG. Galiza, con 2,7 millóns de habitantes, ten 23 representantes no Congreso. Castela-León, con 2,4 millóns, envía 31 parlamentares á cámara baixa do Parlamento español.

A reacción unionista coloca a suma de PP e CS no Estado perto do 50 por cento do voto
Intensifícase o apoio de Prisa a Ciudadanos

A reacción unionista coloca a suma de PP e CS no Estado perto do 50 por cento do voto

A suma do PP e de Ciudadanos -48,5 por cento- aproximaríase ao teito histórico do centro-direita e da direita no Estado español de se confirmaren as tendencias dos últimos inquéritos publicados. Por separado obterían unha folgada maioría absoluta no Congreso. Coa fórmula dun PP hexemónico no espazo da direita e UPyD como complemento, as forzas conservadoras alcanzaron en 2012 49,33 por cento dos sufraxios (44,63 PP, 4,70 o virtualmente desaparecido partido de Rosa Díez). Un récord agora ao alcance da man para o unionismo conservador.